10/04/2005

livros, fotos e resaca´s


ultimamente dame por coleccionar livros e demáis obsequios (ainda que algúns os pajes, son cáseque um obsequio...) que venhem cos distintos jornais que hai no quiosco, livros que durante meses (algún lamento que anos) quedan tal como os merquei: plastificados e amontoados nun rincón, como especial aprecio colocoos nalguma estantería, mais plastificados...nonos leo (últimamente só me dá por ler revistas de política e economía mundial e algun prospecto de medicamento que anda polo piso (tamen fixem enmenda de ler o centoonce de kiko neves)) son cousas que temo nunca usarei ou lerei, por agardar un momento propicio...momento que non dá chejado. é como se eu estivese de paso pola vida e agardase "o momento" ese anaco de tempo sem nada que façer, ese tedioso instante onde o livro relocirá e dirame "léme" pero de seguro seguirei argandando, por que seguirei sentindome de paso por esta vida, como se nom quixese dar un movemento que me afincase num lugar ou esa acçom na minha intra-historia...pero sigo mercando livros cos jornais e agora dvd´s que nom tenho onde escuitar (quizais quedem para os retonhos que nunca terei, como dicía fromhell...)...avanço coa tecnología. omte tinha prefabricado um plan que iniciabase con ir a recolher umas fotos á tenda de revelado de fotos (of course), cando as recolhim vinnas e coa ilusióm que levaba ao entrar quedei desilusionado, como se a calidade das fotos nom me gustase. e din en pensar que antes dedisparar a próxima foto pensarei um pouco máis se está enfocada, se hai luz, se...farei un cursinho de fotografía milhor...pero hai tres ou catro que dende logo salvanse con creces, son eses pequenos detalhes que lhe suben a un o ánimo e lhe din nono deijes you !!... bueno que desfijem o plam e fun co gatin e acólitos ponteses ao centro comercial el puerto, que de sentrico ten pouco, de comersial menos e de bonito o de joder as vistas ao mar...as aberracióms sempre comenzan polo deterioro da fala, dos costumes e rematan en arquitecturas da aberracióm (que lho dijam a sir. vasquez), pois falando con eles que prejuntaronme polas últimas novedades alcólicas dinme de conta que a resaca é un estado fructífero, o único onde me dá por pensar, sacar conclusióms e reorganiçar a minha vida...é o instante onde tomo en serio o que fijem o día anterior e como o remediarei no incipiente futuro...benditas resacas se o que se pensa tense en conta nos futuros plans...

5 comentários:

Anónimo disse...

Motorola Signs Up Universal for iRadio
Motorola Signs Up Universal for iRadio : Yes, iRadio is still alive and is supposed to launch in Q1 next year...Motorola, which is launching the service, has signed up Universal Music Group...The label, which ...
Good blog. Cool as!! I'm definitely going to bookmark you!

I've got a fast money site/blog. U can find fast money related stuff.

satine disse...

Bendita consciencia de saber que pola vida estamos agardando só polo momento. De tódalas formas sempre chega o momento adecuado para cada cousa, non hai que desesperar, a eses libros tamén lles chegara. Calma. (Non puiden ver as fotos que o meu ordenador non está moi en forma hoxe, tentareino máis adiante)

From Hell disse...

Se queres xuntamos os libros que mercastes e non vas ler con todos os libros que merquei eu e tampouco vou ler e montamos unha nova biblioteca municipal en cee ou corcubión... mellores que as que hai seguro que son.

mariademallou disse...

sácaslle o plástico, abres o libro por un par de páxinas ao azar e márcallas cunhas orellas. miras o nome dun par de personaxes, quédate co que máis se repita. miras o título e les a contraportada. volvelo a un andel e inventas a historia.
é case coma lelos.

TXARI disse...

eu fajoo ás veses pero sen abrilos pola portada e a contraportada. asim cem anos de soedade son dúas historias distintas sejum me prejuntes por uma ediçiom ou a oitra...