12/05/2005

o porco-bravo...

caminhei por vales e montanhas/vin, na nuite pecha de sons/ao xabarín fitándome, cos olhos cravados en min/agardándome como única tarefa na vida/impasible, quedo, no centro da estrada/os escasos faros do coche reflexados nos seus olhos,/agardou a que me achegara máis preto/aguantoume a olhada aínda/e fuxíu entre eses vales que rematan en hipérboles perfetas/o frío ceivaba un cheiro aséptico, e a ausência de tempo cicundaba o espazo/non había sinais de vida/só a alembranza do olhar do porco-bravo, a olhada e os catro escasos segundos nos que agardou por min.../nunca ninguem agardara tanto por min.../a escuridade só me indicaba que me perdera/e as luces eran estrelas a centos de metros sobre o nivel do meu líquido existencial/cando os faros atoparon o que procurabam/ puiden divisar a catro parientes do xabarín/colgados da parede, coa olhada esquençida/suponho nos vales que agochan as frías soidades do bravo-porco...

3 comentários:

Mikas disse...

olá obrigada pela visita, vou linkar

Pifaro disse...

Amigo, obrigado por tu visita.

Vou te linkar na Teoria da Conspiração.

Um abraço do,

Dr. Pífaro

www.teoriasparanoicas.blogspot.com

Marinha de Allegue disse...

É unha historia moi próxima...
Xa te descubrín.
:)