3/21/2007

adeus a umha parte da música galega...


ás vezes o único que nos indica que avanzamos é que hai coisas que van quedando atrás, cando o que queda atrás é umha pessoa, irrecuperabel se nom é só pra a memória...pois doe. doe pouco, doe muito, doe ás vezes, doe a cotío, doe cando chove, doe pero nom doe.... pero doe...hoje ven na prensa que um home morreu, nom era excesivamente velho pero de seguro que levaba muito vivido ás súas costas....prudéncio romo foi un dos creadores d´Os Tamara, que levaron coa música a galizza máis alá do telón de grelos até o corazón de galegos alonxados e de alonxados de corazon galego, e brindo, brindo pq ao topar no máis alá co Pucho Boedo han de nos façer bailar de novo a ritmo de merengue galego...polo grande legado que deixou entre nós, pode descansar en paz.

7 comentários:

Anónimo disse...

Ainda que fose en Castelán, ainda que fose no franquismo, ainda que fose instintivamente... na época gloriosa dos Tamara a música galega chegaballe a toda a xente como propia, creando, sen querelo, unha subconsciente musical autóctono do que ninguén se podía escapar. Hoxe, por desjrasia, ata neso hai bandos.

leco disse...

Si, mais algo está a bulir. Teño, por vez primeira en anos, a sensación de que diversos aspectos da nosa cultura están a viver un momento de xuventude e que até o confronto entre bandos pode dar resultados positivos.

besbe disse...

Penso igual ca leco, de feito creo que o telón de grelos xa está a caer, gracias aos esforzos de moita xente e as conviccións que todos temos.

Sobre os bandos...seguro que hai tantos que ninguén ha de levar a razón.

Anónimo disse...

Moi bo Txari!
Sabes que eu son un fan dos Tamara. Que o Paisal é meu vecinho. Que un dos melhores recordos que tenho da infancia é escoitar cantar á minha nai mentras facía de comer o "A Santiago voy..."; ou cando lle pedía cartos ao meu pai e, de broma, me dicía que padecía de "sindineritis" coma o GRAN PUCHO...
Unha aperta dende a Canalleja
Gager

TXARI disse...

si,a situaçom hoje é milhor, caminhamos...pero hai que reconhecer gracias a quen comezou a se re-conhecer (e a conhecer) o noso idioma musical fóra, e sobre os grupos pois si, canta máis democrácia, máis opinióms, e de sejuro que habemos de ter un puntinho en comun...
e sí gager, sabía de sobra todo iso, que jâ o temos comentado muitasveçes...

grazas a todos/as...

llll disse...

qué ben que te lembraras de facerlle homenaxe...

(por certo, respecto ó do post aquel, os soños non se mercan. entran na cabeza así, de súpeto, e unha xa non pode dominalos. iso si, nao penses que sempre soño cousas lindas. por exemplo, varias veces ó mes, repito pesadelos onde o mundo está dominado polos zombies, e eu non podo facer nada por evitar que veñan cara min, a levarme con eles)

Laurindinha disse...

Unha noticia moi triste... Uns grandes da música!!