5/25/2007

o canto dos pajaros...


troujerom de dispares sitios baijo o amparo de preservar a riqueza do planeta e amosala por todo o mundo, fermosos pajaros de lindas e rechamantes plumas…colocáronos en gaiolas pequerrechas e con doado acesso para que lhes fosse pouco complicado a os visitantes do zoo achegarse á beleza das súas plumas e deleitarse do chirriante soar do seu canto…mais os pajaros entristeceron, nom cantaban, e a vistosidade da plumagem foi perdendose…decidiron ponhelos en gaiolas máis grandes para que tivesen máis espazo, pero acurrunchábanse nun pequeno currunchinho e nom erguían a cachola da súa plumagem. Seguían sen cantar…seguían pusilánimes e sen cor…decidiron limitar as visitas e ponher altas as gaiolas, de geito que nom se lhes molestase na ardua tarefa da reproduçóm, pero nom se ajuntaban machos e femias, estudaron e estudaron, biólogos, zoólogos, físicos, veterinários e gemte de a pé, incluso… e nom sabían darlhe explicaçom…namentres esmagaban os miolos con pesadas, plomizas e recurrentes ideias sen utilidade, tres parelhas de exóticos pajaros conseguiron liberarse a través dos anchos barrotes da longa e, á súa vez, ancha gaiola…hoje en día, um dos maiores gozos é pasear por Barcelona baijo um imponente chirrío de libertarios cantos e deijarse abraiar pola fermosa plumagen dos milheiros de exóticos pajaros que libremente anegan os ceos da ciutadella, rodeando cos seus cantos á os poucos companheiros/as que numhas minúsculas gaiolas agardan que a algún “experto cerebro” se lhe ocurra descubrir como facer que um pajaro cante e se reproduza… fóra deijánlho bem claro: “em liberdade”

6 comentários:

TXARI disse...

eiqui o relato inter-cambiado pola foto do dente roto, agardo fosse bo intercambio!!!!

paideleo disse...

Eu teño visto en Vigo unha bandada de loros.

Anónimo disse...

moitas veces os cientificos pensam epensam deixando a resposta mais obvia e natural
terei que fixarme a segunte vez que pase polas barcelonas
saudos.

torredebabel disse...

por estas datas, a cidade na que vivo está poboada polos loros que enchen todo coa estridencia desas suas risas, tan bonitas, tan vivas, tan alegres...

Zerovacas disse...

Debe ser fermoso, si. Ademais, non sei por que sempre me gustou moito o parque da ciutadella

Anónimo disse...

Nen o ser humano nunha gaiola é capaz de cantar e de reproducirse, imaxina que lle ocurrirá a un animal que pode voar por si mesmo...