8/16/2007

de pátrias...


...hâ gente que sente simpatía polo lugar onde a bem lhe tocou naçer, hâ gente que gosta de sentirse de onde un bo día espertou dumha longa siesta (ou dun pesado pesadelo), hâ gente que materializa esse sentimento preocupandosse e trabalhando por esse lugar chamado pátria...hâ gente tambén que trabalha a reo e deija vitais importáncias por sentir-se participe da construcçom da pátria, hâ gente tambén que pasan os anos, os meses, os días e as horas meditando na pátria, hai quenes pensan nom tanto e actúan máis, hâ quem tras a súa pátria agocha sentimentos de xenreira e vinganza, e como tal sintense verdadeiro e único patriota, hâ quen tenhem varias pátrias e conjúganas de paritario geito, hâ quem, incluso, pode viver sem pátria, tambén é certo que hâ quen nascen, viven trabalhan e morren por pátrias inexistentes ou imaginárias (nom venhem a ser o mesmo), hâ quen pola pátria nom dá un caralho, nem media teta, hâ quem deijou a vida por defender á pátria ou o trapo que a representa, hâ quen da pátria fai un saio, hâ quen con só escuitar o nome pátria diluese en vermelhos rencores e altofalantes berros....


pero entre todos hâ quen naçe coa pátria tam metida no corpo, tan incrustadinha nos ósos e nas carnes (nos cartilagos e sangue tambén) que nom se pode desprender dela e vailhe pesando e pesando até que sem atopar máis espazo interior pra crescer, sae pola cara, naçe da boca, das pequenas comisuras dos beizos e espalhaselhe á pessoa por toda o rostro...poucos/as poden presumir de levar á tria na cara...


...adicado a o manoel co "o" máis claro e preciso que dei en conheçer...

8 comentários:

Marinha de Allegue disse...

Ten que haber de todo igual que hai distintas patrias hai distintos xeitos de sentilas...

Unha aperta compañeiro.
:)

Zerovacas disse...

Pois vai ser que as bandeiras quedan máis bonitas pintadas na cara ca nun farrapo

torredebabel disse...

Gustame moito unha definición de Afonso Vázquez Monxardin que dí que a súa patria son a sua dona e as fillas.

paideleo disse...

Expresaches mui ben o significado de patria para distinto tipo de xente.
Ogallá nunca esquezamos que por riba da patria está a xente e nunca ó revés...e a min tamén me gusta a xente que se chama Manoel co o máis rotundo que pode haber.

Suso Lista disse...

Ese sorriso na cara, dio todo de esa Patria. Bicos

Pau disse...

Hai tamén a quen se lle enche a boca falando da Patria mais non move un dedo por ela. I de estes abundan moito

Unknown disse...

Na cara e no corazon, non fai falta mais.
bicos

Anónimo disse...

unha fermosura!