9/13/2007

o calcetin desaparecido...


onte perdín um calcetim, dirás ti: "a quen lhe importa?", pois a min , era un bem preciado, mercarao mediante o antigo método xudáico do regateo a uns indios bolivianos ou bolivianos con cara de indíxena, que tanto lhe ten. non regateara por necessidade, máis bem por curiosidade, pero saqueilhe tres pares por un prezo inferior a o que num comenzo agardara. o conto é que dos tres pares, eran os verdes con infinidade de cores os que máis me chamaban a atención. realmente para ser exacto, máis que perdelo, nom tinha onde tinha que estar....

denantes de culpabilizar a ninguén repasei todos os posibles lugares onde puidera esqueçer, ou estraviar dita prenda. no cesto da roupa lixada nom estaba, isso fixome pensar que lavar, lavarase, nom estaba na lavadora, nom estaba no tendal....mudei de método, passei á rolda das preghuntas, algo inquieto jâ, interroghei á súa parelha, quen confessou que nom sabía ren del dende o mércores, claro que levaba catro días volto do revés e pouco puido ver.

as sábanas da cama soen ser cómplices das agochadas dos calcetíns, son ghrandes, metense ás présas na lavadora... apreteilhe duro mais nom soltou tampouco ren do seu paradoiro... seghin olhando, na lámpada do teito (nunca se sabe), misturada cos calzoncilhos, coas camisas, nom daba aparessido...

comentando de esguelho este asunto na oficina coma quen comenta umha tontería, dirigiusse un companheiro a min con seriedade, alzou a olhada dos papeis e díxome:"e fuches ver se está detrás da catedral??" , de começo mireino un pouco abraiado...ía a botarme a rir cando explicoume que muitos calcetins e oitras prendas desaparecidas soen organizarse todos os domingos para se manifestar detrás da catedral...nom mostrou a máis leve mostra de dúbida, nem um simple gesto de tentar rir... dixenlhe: " ...pois... será... " pero tiven que ir, nom puiden quedar coa dúbida no corpo, e fun todo curioso...efectivamente alí, tras a catedral estaban varias prendas sostendo um cartelinho, e a ledicia suprema apoderouse de min cando vin o meu calcetín, mais estaba emparelhado con oitro parecido, de distinto desenho pero cores similares, nom daba creto de tal unión fóra do matrimónio entre iguais... tinhan enriba un cartelinho: " 3 € el par"...o marroquí que defendía os seus direitos e facía da súa voz riu cando lhe expliquei que nom fora un abandono do fogar, senón un secuestro...tiven que paghar o doble polo meu calcetín do que me valera num principio e pra colmo sigho tendo oitro calcetin solto do que nom conhezo nem a súa procedéncia sequera, se che falta um pode que seja este....

4 comentários:

Suso Lista disse...

�Que boa historia! je je. Da gusto ver que hai alegr�a no mundo, incluso cando hai perdas. Bicos

Pau disse...

Humor non lle falta ao relato. Paracheste a pensar porque o calcetin doulle por fuxir do teu pé ?

paideleo disse...

Mira ti onde van parar tódolos calcetíns que desaparecen. Eu oíra falar dun grupo en internet que fala dos calcetíns tragados pola lavadora pero me gustou máis a túa versión da desaparición dos calcetíns.
Tiveches sorte de topalo. Agora toca cuidalo a el a ó irmán.

Anónimo disse...

vexo q non perdiche o fío das boas historias, para cando unha en directo?