11/19/2007

das maletas da fugida,,,




...antonte vina axexando o horizonte dende a fiestra dum cárcere sem reijas, dende umha gaiola sem aramios...polas meixelas esvarabanlhe dúas bágoas, que as oitras jâ as tinha gastadas en anos e anos de pranto...apurou o pitilho e emborronou as bágoas co rimel denantes de tirar dos mocos (as bágoas interiores, disque)...coa préssa dumha fugida cara ningures, baixou as escaleiras tropezando as maletas contra cada um dos peldanhos, nom importaba a violéncia da fugida...só fugir, só respirar, só chegar a abaixo... atrás remorsos, atrás bágoas e umha vida repleta de desencontros.




cando a vin marchar nom puiden senon enternecerme, pois a vida é mui puta cando a tratas de ti a ti....




levaba anos carteandose con el, cada mércores chegaban coa correspondéncia tres misivas que antepunhan embaijo do selho: "de prissiom a prissiom, de coraçom a coraçom". na modelo, só había um día de recolhida de cartas, e todas as da semana acumulábanlhas á morea, ela só podía, así mesmo, recibilas um día á semana tambén, así ía trazando num intre como se alteraban os ánimos do impetuosso amado a o longo da semana...ela marcaba em vermelho, em forma de coraçom, todas as faltas de ortografía del que lhe produziam tenrura...tambén tinha cartas da nai que lhe contaba de como a súa familia, no sur de andalucía, a botaba de menos, pero nom podían ir a visitala, de como a irmán estaba recomponhendo a súa vida con anacos de fotografías superpostos, alheos, fríos, distantes...ela anhoraba anhorar, e choraba...o sábado sería a quinta vez que ía á modelo a visitalo, contaba cum permisso de cinco días e levaba preparando a viagem dúas semanas... el estivera incomunicado dez días por manexo de arma branca no cárcere, prometeralhe que nom voltaría a meterse em problemas, pero nom era quem de prometer nada dende detrás dumhas reixas que alonxan máis da realidade que do sonhar...ela estivera apercibida tres días por umha pelexa cumha gitana no patio, pero os arnhazos jâ lhe desapareceram do rostro....estaba decidida...desta contarialhe a el toda a verdade, nom máis mentiras encubertas en fermosa pel e verbas forradas de veludo...cando tivera que tomar oitras decisióms colhera forzas de-sabe-Deus-onde, e co peito enchido, encomendarase a ter valor....el era todo o que lhe quedaba, a ultima bala dum revolver chamado esperanza....




o luns, logo de voltar de visitalo, vina desfeita, acabada, derrotada, a o borde da lene coitelada nas venas que a redimiría do sufrido...as maletas a medio facer, umhas braguinhas, três botes de píldoras, todas as cartas del ordenadas por data, as últimas rotas en anacos.....e enriba de todo, en milheiros de anacos tambén, o reconhecemento de cambio de sexo que a facía mulher dende 1991....




nom sei se metería algo máis na maleta, nom sei se a deixaría abandoada en calqueira contenedor, porque hai passados que só serven pra abandoar num contenedor, nom sei que plans tinha, nom sei se tinha plans...pero ela jâ daquela sabía que voltar a o cárcere jâ nom era umha opciom possible...



(a maría, inductora a que a verdade surgira...)

3 comentários:

Zerovacas disse...

Porque coñezo a historia, senón pensaría que esta finde te pegaras un atracón de Almodóvar

Suso Lista disse...

¿E logo non te pegastes un atracón de almodovar?

torredebabel disse...

"hai passados que só serven pra abandoar num contenedor" cando non somos quen de aprender deles. Se podemos roubarlles algo, un chisquiño máis de experiencia, enton xa fixemos algo mellor que botalos nun contenedor...