5/12/2008

habitáculos de estreno, velhas sintonías


o espazo que determina o tempo e a velocidade....novo espazo vital, giro de vida, probabilidades e posibilidades que se cumpen e o cadrado do tempo nom equipara co espazo, a velocidade é vertiginossa se falamos de tempos....muito lio de verbas...o espazo é novo, e abriu un novo tempo a umha gran velocidade, coissas máis claras....percorro as habitaçoms núas do pisso e atopo un chisco da túa fragancia, das túas conversacioms inexistentes que jâ nom son o primeiro e a duras penas o seghundo....vexoche na lonxanía do meu olhar dende a janela do meu quarto, aínda estás, sorrindo, rindote de min, perforandome co teu riso que é iso, sen iniciáticas consoantes, e nom sei como mudar sen verche, como dobrar a esquina sen temer atoparche, e actúas como se tal, como se nom passasse nada, inundas e anegas o meu novo espazo como a chuvia fai cos patios andaluces en bar Salona, percorres as dobregaduras do meu maxín, ...que difícil darche esquinazo...que rara e contumaz a mecánica das lembranzas...

6 comentários:

Zerovacas disse...

As lembranzas dilatan e contraen co espazo e o tempo, o mesmo que o metal co calor e o frio

torredebabel disse...

son poderosas as lembranzas. Pero é unha sensación errada porque mais poderosas que elas é o tempo. Moito mais poderoso. O malo é que hai que agardar por el...

Marinha de Allegue disse...

O poder das lembranas que nos acompanhan...

Beijossssssss

;)

Suso Lista disse...

Son sobre todo os olores os que mais nos achegan ao que un día foi. Apertas

A lareira de Santiso disse...

Estremece o relato do que se lembra, o teu.
apertas e parabéns polo teu blog, que é ben xeitoso

Anónimo disse...

Sim, provavelmente por isso e