8/28/2009

das preocupantes distáncias...


O panorama nom está para tirar foguetes (foguetes de palenque, léase) a situación de desfiar a rede social tecida na Galiza na lexislatura do bipartito corre máis axiña que o lume que se lhe prende o pirlo seco …e um nom quere preocupar a ninguén, nom quere dar umha imagem negativa, pero cando ve o que ve….. a distáncia marca dende logo, umha pauta moi importante, já que um asiste a este novo parto como o pai que come as unlhas antes de saber como saldrá o crío detrás da sala de partos…um nom pode facer nada, nom pode berrar, só confiar……um só pode comportar-se coma o mozo na distáncia que reza e confía na moza, na fidelidade da moza, naquel elemento que alonxe a os miles de lobos de buitres que axexan trala rapaza, nada, tampouco pode facer, berrar, ista vez sí, berrar mais nom solucionar ren…
Preocúpate máis , se cadra, o ver todo dende fóra, o que agranda e maximiza os pequenos, ás veces nom tan pequenos, elementos discordantes, um séntesse, inevitabelmente como un duplo espectador, nem podo façer , nem me deijam , nem sei se faría eco…..


Estas épocas de imposibilidades que fan que a paciencia seja a rainha dos comportamentos políticamente correitos, que acalman dende fóra, pero nom tranquilzan dende dentro, fan que as preguntas acudan ao maxín, cara onde imos?, que projeitos temos?...e vejo o papaventos voar…e voou, baijinho pero voou……malos tempos para erguer o voo por riba do vento…..para marcar distáncias

1 comentário:

BRABIDO disse...

Non ae que fixarse moito pa deducir,que fan o que lles peta e sobralle tempo.

PRAADIANTE