1/19/2006

tamém...


tamém hai días nos que nom che apeteçe sorrir, apuras os sorrisos mais atóranse denantes das cordas vogais...hai días que ergueste da cama cuma nube cinzenta sobre ti, hai días que almorças o leite nejro, ausente da súa cor...tamén hai días que choven bágoas polas rúas e nom dam empapado a pedra. hai días que os silenzos afunden os berros que rezuman na cachola...pero tamén hai días nos que a neve nom passa de ser gris oscura, en que o vento nom insufla no teu tendal...hai días nos que a chuvia retén soidades que vai espalhando coas pingas de orbalho...hai días nos que ergues a cabeça só pra nom tropeçar coas farolas...hai días que hipnotiças ao teléfono para que soe, mais os mortos nom chamam... hai días nos que as paredes som reijas e o ceo a quinta parede pétrea, que cantaba celsoemilio...e hai nuites que proseguem a estos días con ausências de sons, con ideas xiróvagas que reflotan no mesmo punto...hai tamém nuites que só som a continuidade dese día...mais de nom haber eses días, de nom haber esas nuites...como caralho podería erjer a vista ao sol e berrar com mil cores plastidecor o único, autêntico e exclusivo que som...aos catro ventos...aos sete puntos cardinais...

7 comentários:

Anónimo disse...

Hai que vivir eses días e mailos outros tamén. Para gritar o único, auténtico e exclusivo que eres tódolos días son bos non si?.
Requetemuuuaaaaa.
:)

Mikas disse...

Buh aqui estou eu mais uma vez. Gostei de ler estas palavras!! ATé à próxima.

verdello disse...

por que paraxes andas que non incordias?

Anónimo disse...

moi fermoso :D

Anónimo disse...

Thank you!
[url=http://fpeiibpb.com/plsz/fzqx.html]My homepage[/url] | [url=http://fpofbcwy.com/qcfa/kzyx.html]Cool site[/url]

Anónimo disse...

Good design!
My homepage | Please visit

Anónimo disse...

Good design!
http://fpeiibpb.com/plsz/fzqx.html | http://hyfscids.com/cbsw/sjyl.html