1/12/2007

morte da xenreira?


a xenreira é algo que naçe embaijo das moas, onde é imperceptible o seu surgir...creçe no berce da incomprençom, coidada pola in-comunicaçom e a im-potenziza, alójase coma o cancro malo alá onde nona percibes a simple vista ou móstrase diáfana, precisa en cada momento que se ten que mostrar, e morre...bueno nom todas as xenreiras morrren,...pero soen rematar morrendo, no perdón, na comprençom, no esqueçemento....

eu sempre alardeei de nom odiar a ninguêm, de nom ser posuidor desa xenreira que a um lhe cega o siso, pero tambén son realista (e objectivo) se ao ver uma foto, ao percibir certos sons, ao conheçer certas histórias... o carácter, as ganhas, o rostro, en fin, mudan de jeito....entóm é que se che manifesta a xenreira, pois eu reconheço que a pinochet e a ditadura (duríssima) chilena, tinhanhe xenreira, nom tragaba a súa visión de pseudo-estadista ganhador, tenho sonhado (de incipiente adolescente) cos berros dos represaliados no estádio nacional , e demáis centro de repressóm...xenreira, sím , xenreira...

pois ista xenreira nom morreu por perdóm, condonaçom...tampouco morreu por comprençom (quen pode comprender iso?!)...tampouco no esqueçemento (cómo esqueçelo?!)...e o pior de todo, tampouco morreu coa morte de pinochet....creo que isa xenreira nom morreu, que é o pior, e nom morrerá namentres a mínima memória dos/as que a sufriron siga en pé...agora a minha xenreira é uma ialma en pena, uma pantasma, un espectro na imcomprençom do desaparecido limbo...nom mudou muito, como tampoco creio que mude co asesinato de sadam....pero cada víctima desa barbarie nisas mortes, suponho hâ de atopar um alivio, um motivo de deijar os folgos descansar...entendo pois a aqueles que desenterran a memória dos/as seus logo da barbarie de franco...malia quen se oponha sem motivo algún....namentres tentarei pasear a minha xenreira a pinochet e ao seu mundo do milhor jeito que poida...co esqueçemento....

3 comentários:

Anónimo disse...

O esquecemento ou o perdón como individuos pareceme moi sano. Como comunidade pareceme perigoso.
A vinganza como comunidade pareceme ainda mais perigosa.
Penso que hai unha posición no medio.

Micas disse...

O dificil é encontrar o "meio-termo"...

Unha aperta

Marinha de Allegue disse...

Estou con Ghanito, coido que ten que ser así...

Unha aperta.
:)