8/24/2005

(I)


adentreime tímidamente no piso, coma quem non sabe onde esta a pisar...o alcól jâ correra algo, a gemte alí reunida olhoume, saudei e optei por sentarme retraído detrás dun sofá...estaban a falar namentres ían bebendo, vestidos e vestidas para a ocasióm; escuitaba cada palavra que pronunciabam, escolmaba os comentarios e calibraba as formas de proceder da mente de cada uma das pessoas que alí se reuniran...foi entón cando reparei nela...con ise riso pronunciado e forzado ao que tanto me acostumaría...levaba jersei negro de pescozo volto e sentaba sobre as pernas cruzadas no centro do sofá... enfitoume, enfiteina e en viva voz, calando ao resto da gemte convidoume a falar de min, a opinar...e todo o mundo na súa dimensión, reparou en mín...olhei con vergonha o meu sapato roto pola suela...sudei um pouco, e soltei...realmente ser nacionalista nom é nenhum pecado, máis bem hoje em día, é uma opcióm de identificaçóm...ums sorprendéronse, oitros refunciron o celho...pero todos calaron...ela non, ela ríu cunha risa forte, penetrante, desafiante e burlesca...molestoume, mais jâ sabía que me acababa de ganhar...

Sem comentários: