3/14/2006

o sol e as despedidas...


e volta o sol a borralha. sempre odiei as despedidas regadas con sol, nom me gusta que sejan os raios do sol os que provoquem as bágoas, pq as despedidas som bágoas, aínda que ás vezes nom se derramen e fiquen expectantes no rabinho do olho, agardando tempos milhores (ou piores!)...as despedidas tamén venhem, se cadra, regadas de chuvia que, seja forte ou miúda, cala até os juesos, e ás veçes (se se trata de alguém especial) provocam uma imagen distorsionada da despedida...pero este sol nom ven a isso...ven a façer máis fodida a despedida, a diçir: ...!!! jódete, nom marcharas !!!”, ven a quentar as poucas ganhas que restan de saudar ao vento, de fitar con indeciçom as derradeiras terras verdes que han de elevar o pano por min...este sol é tambén uma promesa de que hei voltar, se cadra, rodeado de mil raios solares e as máis intensas das cores...

6 comentários:

torredebabel disse...

con sol ou con chuvia, sempre é bo voltar pronto!

acedre disse...

Torredebabel e certa na sua afirmacion: a volta e boa se e pronto e a marcha sempre e mala anque tarde en facerse.
Un saudo.

nenodanorita disse...

A onde vaias acordate de nós, manten a "paraxe" aberta, ainda que sexa ós poucos, parte da Galiza blogueira viaxa contigo.
Apretas
;-)

verdello disse...

o que podo dicir:

http://verdello.blogspot.com/2006/03/ves-dal.html

Anónimo disse...

Eu tamén espero que non te esquezas de nos nin da Paraxe do incordio. Dende a outra punta do mapa gustaríame que seguira "incordiando".

Un BEIJO GRANDE GRANDE (de despedida nada), de continuidade.
:)

Laurindinha disse...

Sorte na túa viaxe!!!
(non te preocupes polo sol que agora parece que xa se está a esconder...)