3/27/2006

peijes e queijidos...


E de novo perségueme este monárquico astro no ronsel das minhas pegadas,… rociadas as eiras na terra que me veu creçer de sustancial maná que nas vidriera é arte, inhóspitos os aires que aturan os queixumes dos tristeiros pinheiros e cheios os regatos que por min verteron bágoas de desolaçom…abonda jà de prantos pola minha marcha, terra minha!!… que nom se retardará a minha volta, deija de abanar a túa desconformidade e prepara a minha visita con floridas margaridas que vertan deliciosas melódias en forma de cálidos arumes…aquí o sol nom me quita olho, acolhiume pleno na minha ben-vida a terra estrana,e agora, pampo, nom sabe se desapareçer entre as néboas ou se brilar sen sentido sobre min…mais aínda tenho o coraçom enchoupado polo fino orbalho, útil coraça que me permite vivir fóra do atlántico sem necesidade de peceiras...

4 comentários:

verdello disse...

eu ando xa a repañar margaridas ;)

Nemeth disse...

esa composición viraa no ARCO do 2004. Diume moita tristura, os paxaros estaban tristes, observados por milleiros de persoas. Polo demáis era ben curiosa, certo.
Dixeronme que esta fin de semana, barna estaba preciosa. Teño que achegarme un día a velo mar.
Disfruta da primavera

Anónimo disse...

Na primeira ollada sorprendéronme os paxaros en convivencia cos peixes, aínda que todos proveñamos do mesmo lodo.
Pásao ben, se cadra as terras (como na foto) non sexan tan estrañas.
Apertas

Mikas disse...

Olá querido amigo, peço desculpa pela ausência mas aqui vim fazer uma visita para desejar Boa Páscoa.