1/26/2006

o jogo de alhegue...


sejindo o jogo proposto pola trasno marinha, vou de seguido a relatar cinco manías minhas e de seguido hipervincular a cinco páginas para que sigan a cadea publicando as súas cinco manías e vinculando a cinco contactos máis...e hai vam:

uma.-olhar os cruces das aristas que se cruzan na parte máis alta dos edificios.
dois.-gardar cartas e documentos en caijas que acumulo atê o teito.
tres.-comer queijo (bueno máis que manía é vicio...)
catro.- chejar tarde a tódolos lados
cinco.-mirarme en calqueira coisa que me refleje...

e pasolhe o testículum a:

vedelho
maria di malhou
cinzenta proletária
mikas
neno_da_norita

a ver como remata a coisa.....

1/25/2006

tratamento


descripçom: estado anímico alicaído, alta porcentagem de estimulante alcólico no sangue, forzas baijas com capacidade de recuperaçom lenta, fame excesiva, um xeonlho con deficiencia motora, inicios de otite em ouvido esquerdo e uma tarjeta do furacán no peto direito.

causas posíbeis: inícios de períodos post-traumáticos-depresivos, estado eufórico asociado á bebida alcólica, pouca injesta de alimento sólido por vía oral e malas recuperaçoms de anteriores accidentes...

tratamento: dois chourisos da laiosa cada dezaseis horas, en crú e acompanhados da toma dum vasinho de auga concomitante sem respirar e descanso noturno de máis de nove horas, proibiçom do alcól durante doce días e tomalo sol, muito sol...

com tamanaha mencinha tradicional pra que queremos aos médicos desplaçados***...

***sem ánimo de ofensa para con os médicos que tam bem fan a súa professóm, algums máis que bem...

1/19/2006

tamém...


tamém hai días nos que nom che apeteçe sorrir, apuras os sorrisos mais atóranse denantes das cordas vogais...hai días que ergueste da cama cuma nube cinzenta sobre ti, hai días que almorças o leite nejro, ausente da súa cor...tamén hai días que choven bágoas polas rúas e nom dam empapado a pedra. hai días que os silenzos afunden os berros que rezuman na cachola...pero tamén hai días nos que a neve nom passa de ser gris oscura, en que o vento nom insufla no teu tendal...hai días nos que a chuvia retén soidades que vai espalhando coas pingas de orbalho...hai días nos que ergues a cabeça só pra nom tropeçar coas farolas...hai días que hipnotiças ao teléfono para que soe, mais os mortos nom chamam... hai días nos que as paredes som reijas e o ceo a quinta parede pétrea, que cantaba celsoemilio...e hai nuites que proseguem a estos días con ausências de sons, con ideas xiróvagas que reflotan no mesmo punto...hai tamém nuites que só som a continuidade dese día...mais de nom haber eses días, de nom haber esas nuites...como caralho podería erjer a vista ao sol e berrar com mil cores plastidecor o único, autêntico e exclusivo que som...aos catro ventos...aos sete puntos cardinais...

1/12/2006

das máis belas fruitas...a vermelha !!


per la pomodoro che gli mantiene i sorrisi i fogli
e per allentarlo quando sveglia...

aguardando ter cobijo omde reparar a ialma velha/ reparei por causalidade, ou polo azaroso do destino numa fresca fruita vermelha/ ao comezo poco reparei ante o vazío do fruiteiro/ da pureza e da sinjeleça dela/ nom resaltaba nem desapercibía, mais reluçia cando olhabas á esghelha/ dubidando què turbaba o meu siso, descubrim que me sorría a mui rabela/ ante a incredibilidade de ver sorrir uma fruita, por mui vermelha que senha/ fíjeime máis de preto nos seus hábitos e nas rutinas da estrela/ dese fruteiro desolado en que se converten certas cidades sen senha/ vin que nom maduraba nem perdía frescura como a fruita d´acarón, a pera/ amáis con pouco tempo fui curando a minha ialma e levantouna ata as estrelas/ é hoje o día que nom posso pensar, sem sorrir, nalgo que me evoque a ela...nem ouvir o rintintin de certas linguas senlheiras/ nem ofuscarme, cando toca, se nom apareçe a fruita pola escena/máis si luito é polo sorrir, se canto é por sentir, se bailo é por vivir e se esto escribo é por que das fruitas sempre tivem á máis bela...

(de cando os pomodoros pintaban en azul...)


1/10/2006

con neve atê onde o caralho perde o nome...


a volta á neve por agardada, pareçia máis regalo de reis que viagem cara uma aventura de cinco almas sem futuro previsto máis alá do dominical día uito... se jâ podíase albiscar o seu cheiro dende quilómetros antes, a súa cor foi uma impresióm impactante, cortante, desafiante e elucubrativa...cada medio quilómetro, medio grado de temperatura que emcaijonábamos debaijo do auto-carro...se a tranquilidade tem uma paraje, ou uma cor, ou mesmamente um som...esa é a neve, o albo espertar entre as colinas, e o ensordeçedor silenzo que emanaban as derradeiras neves do día anterior...cedo tivem ganhas de encaijarme eu na neve (nom faltou tempo en que andivera máis ás voltas pola neve que ergueito) pero tinhamos uma misióm que soaba máis bonita em verbas que en accióms...os esnous-boards agardaban por nós, numca virá um tan de preto, e jâ estaba pensando a onde caralho había que darlhe para que os pés jirasen na táboa...os pés ían a ir estáticos!!!!!! mais era o mesmo, a ilusióm pode máis que o temor (iso pensaba eu ata a décima caída, aí mudaron as tornas, caralho!!) contar as caídas é façer sufrir a gêmte com chasquidos de ósos, de tendons, músculos e berros afundidos na neve...o único erro que cometemos...foi começar sem lecçoms previas e numa pista de semi-expertos (quase neghra, para os que entenden), as ghafas empanhabanseme, os pés doíanme, os mocos congelabanseme, e tinha frío pola ialma...pero nada que sopesar contra a sensaçom de descender sem ter rameira idea a nonseicantos quilómetros por hora numa pendente de acolhoarse em línea recta...de como frenei fala o parte de urgências dos meus amigos do hospital de jijóm (atenderonnos a min e a toci em très minutos, cando souberom que non eramos federados cambiou o conto, pero mui bem ijual): distensióm no jeonlho esquerdo, músculos interiores, nom presenta fractura de óso, procédese a vendar, aplicar frío, tres días sem façer esnou e anti-inflamatórios...da otite, das agmidalas e do frío na ialma, nada me reçetarom...(ao meu companheiro máis jrave nem as boas nuites lhe derom) e jâ postos...em asturies, sem poder façer snou con dous días por diante que vas a façer que nom seja beber sidra atê rebentar (e abofé que rebentei...) da neve troujem mui bo recordo, da aventura cos oitro catro míticos, milhores... e arrepentir, arrepentirme...de nom fodela oitra perna, pero cos esquís...

1/04/2006

sorpresa, sorpresa...


a sorpresa, a evocacióm ao inesperado, a alteração da orde establecida, a inapreciaçom dos minúsculos detalhes que circundan á situaçom...sorpresas de gêmte que nom agardabas, sorpresas de situaçoms que avenhem de súpeto (de socato)...verbas que surpresivamente nom saen do maxím, línguas que nom sabem que dizer...sorpresas agradables, sorpresas humilhantes, sorpresas que levantan muralhas, sorpresas que as derribam, sorpresas que sorprenden ao próprio sorprendedor, sorpresas agardadas, sorpresas cantadas, sorpresas temidas, sorpresas que nom deberían ser sorpresas, que che colhem em mal momento, que nom sabes como tomalas, que che abren os olhos de par em par, que che pechan a capacidade de reaccçom, que anegan o teu coraçom de ledícia, que destrozan o teu ser...sorpresa para os casteláns, Überraschung para os alemáns, surprise para os franceses e ingleses, έκπληξη para os gregos, 驚き para os nipóns, сярприз para os rusos...mais sempre, sorpresivamente, sorpresas....

12/29/2005

galiza-república oriental do uruguai...


hoje é gram día, o vento aferrou, a chuvia apareçeu de novo e o céspede reluçe de emoçâo namentres o bal´óm garda armas no cetro do jogo...que milhor esçenário que o típico galaico...

se tempo e retorçidos azos costou chejar atê aquí, agora sí haberá gorjas suficientes para vindicar como única, iniciática e básica esta data...

nao haberá pinga que frene os berros, nem frío que vemça a calor dos siareiros, hoje o berro de batalha é unánime e firme...

AVANTI GALIZA, AVANTI SELECÇOM!!!!!!!!!!!!!!!!!

12/28/2005

...


escriboche mapas na palma da man
para que me atopes...
confundo ao vento con falsas promesas
para que berre por ti...
desfágome por pasar por diante túa
montado no meu cabalo gris...
soborno ás gueivotas
para que pousem sonhos marinhos na túa fiestra,
os días de temporal...
invocolhe á chuvia
pra que escriba con letras diáfanas
o meu sinjelo nome na túa fiestra de cristal...
átoche á cama tódalas nuites, sem que poidas darche conta
con afán de posuir o arrecendo que deijas nas vespertinas sábanas...
trenzo os teus cabelos con fíos de ar na direcçom do meu existir...

e nom perdo folgos en ansiarte um día caminhando cara o meu olimpo esquençido...

12/22/2005

lotaría do nadal...


jâ passou o alopécicio co seu pó dourado (que nom branco, había de espalhalo polo ar como fai, se fosse da farinha de arousa...!) deijando a sorte nos recuntxos máis espalhados da ilusióm... e ajora que jâ está repartidos os premios, ajora que o cava (catalá, suponho) jâ decorríu polos carreiros que abre a fervorosa ledícia (sím, essa mesam ledícia que sube polo corpo instantaneamente façendo que a gemte de normal começe a comportarse irrisoriamente, façer cousas rarísimas diante das cámaras de televisión cando nono farían diante dos pais, nem dos filhos, essa alegría que jâ os marca para sempre coa "lacra" de nuevos ricos) ajora que só queda comprobar no jornal se caeu alguma pedrea, ou uma participacióm desas de vitasinco séntimos...ajora quero eu lançar os meus desejos (cando desejo que lhe toque , nunca lhe toca, poia ajora á inversa) e justaríame que manhâ cando estejam mirando os seus números no jornal como dijo, leven uma desilusióm, caian da burra, vejam essa pequena aportaçom na que pousaron os seus ánimos derrumbarse nas arcas de sapatero (que é onde acaban a maioría dos cartos do azar, ou como cren se pajou a autopista A Corunha-Carbalho, que só dista duma autovía en que a que mento é de pajo (dois peajes), ten máis curvas e está em pior estado) como digo agardo que manhâ descobran que nom recivirám ren pola lotaría (e cito):
.-tódolos xefes do mundo incompetentes de sí, que só entenden trabalhar como aproveitarse do lombo dos subordinados.
.-tódolos subordinados do mundo que só entenden trabalhar como ofreçerlhe o lombo aos incompetentes dos jefes e é ao máximo ao que aspiram
.-a todolos cargos que se beneficiarom co governo anterior de subvemçoms indebidas, adjudicaçoms ao chou e processos concursais prevaricantes....
.-a todos os que sacarom talhada tirando ao lijo marítimo a ferralha do prestige (por sempre na nosa memória)
.-aos innomes que limitan o dereito a actuar tal como pensas...
.-a todos os censores da liberdade de ser livres...
.-a tódolos maltratadores/explotadores de nenos e demáis desprotegidos/as...
.-a todos os que aínda nom tomarom consçenza de que o mundo estase pudrindo e morrerá de podedumbre se nom tomamos medidas políticas, sociais e medioambientais...
.-aos impacientess que pitan nos semáforos en vermelho...
.- e aos que mintem, sí aos que minte que tampouco lhes toque a lotaría porque debería chejarlhe co benefiçio que sacarom en mentir...

quedam muitos, muitos mais do resto, que lhe toque a quen queira, porque os premios jâ están dados antes de que as bolas entren no bombo

P.D. que saquen a eses nenos/as encorbatados dese sacrificio anual e ponham ás do telecupóm, nom creo que sejam menos "mans inoçentes" e será máis ameno...;-))


12/16/2005

menceres de neno... sem colacao


ás vezes érgome co aire confundido/ coas ganas esparcidas polo chan/ a mágia petando na fiestra/ e os ánimos distentidos na ampla e enorme cama/ ás vezes esperto á minha nai soplándolhe nos olhos lenemente/ para que me acompanhe á escura e fría habitacióm/ ás vezes olho sem parpadeo debuxos animados que nom deijam de jesticular/ ás vezes ameazoa e apuroa cum enorme buraco imaginário que se me abre no estómago/ ás vezes penso morrer de fame cando me falta o colacao/ ou a ternura que emanan as súas mans quentándome a taza do leite/ ás vezes o ánimo renace d´embaijo duma sábana ou dos sonholentos olhos de quem me veu naçer/ ás vezes a mágia logra penetrar polas rendijas da fiestra/ um anaquinho antes de que a minha nai ábrame o coraçom de par em par...cada manhâ, cada día/ para vivir/ para nom morrer de soidade/ ou de nom tomar o colacao...

12/15/2005

muito balom-pê


o mundo do balompé está tolo, ante a chejada inminente das vaca-çoms natalícias, na commemoraciom da chegada do filho de Deus ao mundo, nestas datas onde o descanso é obrigado e é mal-visto trabalhar ou nom des-frutar coa família, nestes momentos nos que as estradas son atascos de sorrisos intrigantes por chejar a tempo a uma cea alarmantemente moi por riba do normal, com amplo estrago de matéria prima (perdón:curmá) e bebida excesiva, nom se lhe ocorre aos tolos gemtelhos do balompé que aunar en escasos dez días um dos derbis máis derbis dos derbis que hai na galissa coa posta de longo da seleccçom galega de balom-pé ante a poderossa selecçom do urujuai...muito fútebol para um que se queija da dominaçom das pequeno-mentes pensantes que é como lhe chamo aos programadores do deporte na caija tonta...na ves de darlhe mereçidas vacaçoms aos deportistas para que poidan des-cansar ums intres co turrom nos dentes, na ves de deijar a máxima rivalidade para milhores momentos (a diferenza, para os nom iniciados na actualidade da primeira divisiom de balompé, é mínima pois tan empatados (empatar é um verbo que o meu avó só empregaba para a unióm das brincas, para o resto diçia parelhos) co valença a vintaseis puntos entre a quinta e a sétima posiçom...) pois lonje disto o balompé de sejuro será o protagonista deste mes de nadal (á falha de que oitro prestige afunda na costa da morte, que nom dijo nada e todo é probabel, habendo a gemte que antes había...pois como nom podiamos ser menos unímonos um grupo de gemtalha para homenajear a todos aqueles que fijerom mérito para que o deporte galego alcançe grandes cotas... e fundamos uma penha de afeccionados ao deporte galego, a penha A RUMBOIA, que fará o seu debut no estadio do s. lássaro o vindeiro día 29 deste nadal que corre...para elo faremos camisetas, e montaremola festa com cartaçes, empanada, vinho e muita música para re-invindicar que cada día somos máis autêmticos e sabemos reconheçer os nosos méritos como galegos, que nom som poucos,... está aberta a lista de inscripçom(a_rumboia@yahoo.es), para quem nos queira acompanhar, ao partido, a luçir a camisola, desenho dos caramuxos de vilajoam (grazas mil...) ou a montar a festa na que seguro será a festa dos siareiros da galissa,... o milhor de todo: que presumiblemente o resultado do derbi neste sábado nom influirá na unióm de toda a afiçom após da nossa selecçom...ADIANTE GALIZA!!!!!!!

12/13/2005

nadal na praia, cuma cachazinha...


por que nom celebramos o nadal entre a feira do albarinho e a festa d´aghua? eu coido que é boa data, a festa jâ lâ leva rulada e a maioría da povoaçom está jâ desplaçada e con ganhas de pasalo bem e se son datas para reunirse porque queimar árbores para manter quente a lareira namentres arroulamos panjolinhas en família se podemos juntarnos en família e en harmonía na praínha baijo a luz da lúa cheia desfrutando dumas cerveçinhas e na vess de panjolinhas un ritmo duma guitarra inspirandonos ao bob marlei e aos bitch bois, na ves de turrón, ron neghro con jotinhas de limón natural, çelebraçom comunal e nom cada un na súa casa, rejalos anónimos (tipo amijo in-visible) onde o que importe seja o rejalo e nom o teu poder adquisitivo ou se te portaste bem ou mal, por que castigar aos desherdados do povo(que suelen ser os que fan de papa noel nas vilas) con pesadas roupas puidendo invertir nun mísero tanga ou milhor em pelotas, día da des-vergonha galega, todos en bólas á praia a çelebrar o nadal, a misa do galo co primeiro sol do mencer e o fin de ano, sem ter que invertir em preciosos vestidos de cola, un banhador, ou em pelotas!!!, os reis majos en piragua.... e de passo mudar o antroido a xunho, que ultimamente paso un frío de caralho cando me disfraço de mulher (mulheres do mundo compadesovos (as esquimós(esquimoas?) nom que eses tenhen nadal perpetuo...é um tema a estudar...



12/09/2005

navegando, navegando

navegando, navegando polos blogs dos vicinhos do portugal (están linkados algums) nom puidem parar de rir por um bo anaco co post, nom sei se original ou nom, do blogambiental titulado "diario de um padre" e que recomendo ler aquen nono lera aínda.
estas tres fin de semanas sejidas deijam-lhe a um o corpo pro arrastre, sobre todo se segues ao pé de letra o enunçiado de a vida som três días e dois jâ lâ vam!!!... que rezabamos ao propósito da campestre e bucólica celebraçom de san piter de redonda, alá cando junho está apiques de tocar ao julho...muito alcól, muito fume, muito quilómetro, muita farra e pouca conçentraçom, a min pásanme factura e nom rindo como debería...polas geadas terras de compostela, a catedral sejía no seu sitio, os locais da raínha tambén, máis a gemte noto que vai mudando co tempo, muito miúdo e muita rúa máis que local e mui pouca gemte recolhendo os faltrapos máis alá das nove da manhâ...por borralha tivem que mandar espías que me informen da marcha, e nom fui muito máis alâ, a gemte tirou da ponte...em tempos coma este a um apeteçelhe manta, estufa, livros (toca desempacar livros e verbas) e ir preparando as bólas de nadal, a carteira dos ajasalhos, e oitros menesteres que um asume cando vai façendose maior...e vai deijando noitras mans o dos alcólicos eventos e o da curiosidade de quem caralho saldrá um día coma hoje?, imos a comprobalo!!, pero como jâ tenho certos compromissos, algo poderedes ver nos comentarios da solapa, sei que nom me poderei nejar, e terei que re-suscitarme...nestes casos tiro da música, pónhoa bem alta, dúchome con coidado e delicadeça, tomamdo o meu tempo (coa auga pecha, of course) e alicátome pouco a pouco (acicatar, acicátanse as mulheres) mentres escuito coisas coma esta de deluxe parodiando aos smith que me elevan os ánimos até o zeo, eso sim, uma vez que me emociono nom hâ volta atrás e nom acepto um nom ou uma retirada coma resposta...deijovos pois um remedio de meiga para que vos alcamçe e contagie se cadra...jâ lâ contarei...pasádeo bem...




12/05/2005

o porco-bravo...

caminhei por vales e montanhas/vin, na nuite pecha de sons/ao xabarín fitándome, cos olhos cravados en min/agardándome como única tarefa na vida/impasible, quedo, no centro da estrada/os escasos faros do coche reflexados nos seus olhos,/agardou a que me achegara máis preto/aguantoume a olhada aínda/e fuxíu entre eses vales que rematan en hipérboles perfetas/o frío ceivaba un cheiro aséptico, e a ausência de tempo cicundaba o espazo/non había sinais de vida/só a alembranza do olhar do porco-bravo, a olhada e os catro escasos segundos nos que agardou por min.../nunca ninguem agardara tanto por min.../a escuridade só me indicaba que me perdera/e as luces eran estrelas a centos de metros sobre o nivel do meu líquido existencial/cando os faros atoparon o que procurabam/ puiden divisar a catro parientes do xabarín/colgados da parede, coa olhada esquençida/suponho nos vales que agochan as frías soidades do bravo-porco...

12/02/2005

e cando mintes, que passa?


polo gêral, mentir é malo, mais hai mentiras piadosas que buscan un guinho de olhares, ou mentiras inquietantes que procuram a desestabilisaçom do contertulio, tamén hai quen minte por doquier de jeito compulsivo, sem o poder evitar, hai quem minte por maldade, por foder, vamos, hai quem minte para nom deijar de foder, tambêm, mentiras para salvar o pelejo malia que sabes que che complicaran a vida...ás veçes a mentira fai que te crezas e é positiva, ás veces tambêm é a mentira a que creçe e na podes controlar, ás veçes pessa, ás veçes alivia, hai quem di que mentir é san, hai quem crucifica a quem da mentira fai oficio (ou exceso de uso), hai quem sabe mentir, quem é incapaz, quem se ruboriza e quem asume a mentira moito máis alá de aínda saberse desenmascarado, hai mentiras que saem bem, oitras que nom cambian nada e oitras que saen do revés e che joden a vida, hai quem coa mintira proteje o amor, quen o fgai polo sexo, pola amizade, polo poder, pola victoria...e ás veçes um minte por que sí e ao caralho...
tamta explicaçom, para justificar o injustificable: uma mentira nom é verdade, ou si?

12/01/2005

cajoentodoooo...!!!!!


cajona tos, na tos ferina, na tos de todo o que se move e na mal parida nai que ao mundo a troujo (tamem no pai que responsabilidades ha de ter), cajoen todo o que se menea, e me cajono caralho do quinto infierno máis alá do limbo...

11/30/2005

um mal sucesso...


hai días que uma pessoa erjese da cama con afán de destroçar o mundo, ou alo menos de nom rompelo torpemente agochando a olhada, e o único que saca en limpo é que milhor lhe era ficar na cama...erjinme cansado da intensa actividade física do día anterior, nom tinha forças nem para apajar o despertador pero apajeino, ou iso cría cando saín da ducha empapado em pelotas, sen estufas a catro grados por embaijo do grado nulo, tampouco tivem forças para apajar o do mobil cando estaba rematando de clarejarme (normalmente soan tres e ninqun me desperta...jâ vislumbrei aljo de como sería o día...chejo a trabalhar sem móbil (que debería sejir soando toda amanham na casa) sem carteira...sem almorçar en resumen...pero o sucesso aconteçeu jâ na hora do jantar, como sain sem carteira improvisei umas fabas que me dera a minha avoa cun pouco de xamos e tomate (é doado, pasar cebola e pemento pola tijola, engadir presunto en tacos, tomate natural triturado e as fabas coçidas) ese fui o primeiro problema, as fabas nom coçian nem para su ramera nai, eu dimlhe lume canto puidem, que ata pensei en que tería que chamar aos chicos do calendario ese, nada a sinco minutos de empeçar a trabalhar eu co delantal posto, as fabas máis duras que os güevos de pinochet e nom fijem máis que...comelas fabas a dentelhadas e a salsa-preve por separado... e sair disparado para o trabalho, no coche sentin algo raro, de feito antes de sair e casa dubidei se ir ao banho ou apurar ao trabalho, como elegim o último ía apura dinho, saín de dúbidas (tal como se saese de contas) cando baijei do coche o estómajo apretando e as tuberías desalojando as fabas cal despojos líquidos dos canos que recolhem o auja da chuvia, correr era pouco diçir, nem saudei aos companheiros, tirei directamente ao banho co cú preto, a man tremendo as forças ían na mente e nos músculos que gardan o nome antes de deijar de se chamar espalda,...pero o manubrio nom abriu, forçeino até façer saír do interior uma voz fina, inconcisa que diçia como: ocupado, me cajo na cona, no caralho e en todo o que se menea... volvín a pasar polos meus companheiros sem saudar cara o labavo de embaijo, as forças empeçabam a falhar, nom sentia as pernas, só un río que caracoleaba por fervenças desconheçidas...o manubrio tamén atorado nom me quedoou em quem jurar, nem yoja, nen tai-chi nem fen-shui, nem caralhos estaba disposto a inmolarme publicamente no trabalho...mais de súpeto a porta abriuse e o companheiro gordo e rojo coma o porco bem alimentado saíu acarinhamdo o ventre e suspirando....meu deus como fetaba aquelo, fijem de tripas coraçom, fíjado, intestinos, fijem de todo por aturar que ata case jomito da rabia (e do cheiro) pero neseíntre que os expertos alcumaron como crítico entre que desabotoas o pantalon e vaste a sentar... as présas non ajuantaron do niágara, e o estrondo debeu de soar como cando oliete solta o xalhas polo éssaro...o tiro pasou roçando polo longueiro do gallumbo:ná que nom se poda limpar e disimular...pero os vinte minutos que estiven em período de conçentreçom começarom a inquietarme, e se non saio daquí?? o meu deus, von a ser um apósito da taça do vater no choio, a caudsa foi calandose, e limpeime sem problemas, ou iso cria...PERO PRA QUE CARALHO VON A TRABALHAR CUMA CAMISA BRANCA IMPECABLE!!!!!!!!!!, inevitable nom descubrir que o niágara tocara ligeiramente terras nevadas na camisa:eso será máis difisil de disimular. rebusquei en todo o armario, deus apreta pero nom afoja, había colonia no banho, fijo que aljo pareçido debeu de lhe pasar a máis gemte, saín do banho máis roxo que lenin despois de tomar moscowa (tamén aliviado, hai que diçir!), nom había ninquem, disimuladamente nom puiden evitar olhar a camisa e olela toda a tarde, at¡urar conseguin aturar os retorcixos da barrija...e crin ir tranquilo para casa pero ao marchar escuitei uma convrsaçom entre dúas companheiras : "i no escuchastes como decian que olía el vater de abajo, a saber quien te iria esta tarde allí..." creo que jâ aljo sabían pero, nom comprenderán elas que "en estos días especiales que todas tenemos, la paciencia y la ternura son amigos impagables", voume a rañar no gallumbo a casa que inda queda media nuite deste marabilhoso día que começei...suponho que só terei fabas pra sear, pero creo que prefiro ir pra cama sem sear...

11/25/2005

(III)


adoecían as ganhas por juntar de novo ises beizos alonjados polo destino, nom existía a distancia que realmente nos separaba, cada ves máis curta...a estrada non era atranco, pois o tráfico abríase a min como o tupido atasco ao son da serea da ambulancia...os anzos eran imáns que turraban dos nosos corpos a decenas de quilómetros...pero o tempo, o inexorabel tempo nom corría polas agulhas do meu gastado reloxio, soprabalhe, moviaas, ata tentei escachar a esfera de cristal que o protege da intemperie...nom hâ engano contra o tempo...e os coches que adiantaba quedabanme olhando pampos como se só existisem noitra dimensiom...a lúa era cheia, mais faltábanlhe tres horas para façer da súa presença aconteçimento...a nuite prometía, polo ambiente, pola festa, por ela...por min...o cheirume das sardinhas perdendo graxa ao calor das brasas é um olor que me remonta á infancia, mais nom podo comelas, danme noxo, arrepíos e debilitome con só pensar nelas, pero nese día as sardinhas eram as raínhas, a broa, as lumieiras...e ela...cheguei antes do agardado, os atalhos foron autoestradas e os pasos de peóns, graffitis das gueivotas no chan...e ela apareçeu pintada, pintada con tonos orientais...nas súas mans umas chaves, nos beizos o bendito sorriso, grial das minhas inquedanzas...de como fiquei só naquela cidade alhea, coas súas chaves nas mans, de como a nuite nom deijaba de ser mágica sem a súa presença, de como o meu riso sobrepasou os seus beizos, a súa pel de canela que muitas veces voltaría a saborear...de como as sardinhas borraron o seu cheiro a perfume de elite...sorrinlhe ao ceo e bailei coa nuite case en cernes de se apoderar do día, o día máis longo de cantos ese ano conheçeu....no alto do piso, con só xirar un anaquinho a chave no cerrolho poidem divisar uma fiestra aberta e uma cortina voando pola habitaçom, nunca puiden esquemçer esa cortina tapandome os olhos pola força do vento, escondendome seis alturas embaijo minha que me separabam da vertixinosa algarabía urbana...imposible nom comtemplar ás formiguinhas pululando pola cidade alhea, imposible nom olhar como saudaba dende abaijo denantes de subir ao coche... a soidade cheia de oportunidades, tirarme da fiestra abaijo nom pasou pola minha mente, se cadra para voar, para tocar polo ar cada uma das lumieiras daquela peonal rúa esquençida...a obnuvilaçom interrumpida por oitra chave coma a minha, giramdo na fechadura, a sorpresa de se era ela que voltara atrás, o tempo, o maldito tempo que agora sí frenaba en seco...mais nom era ela, oitra vos, oitro pelo, oitro sorriso, oitro arrecendo, nom era ela, mais era o mesmo as cartas estabam botadas e tinha con quem aplacar de vinho as minhas queijas que nom eram muitas de por emtóm. do máis insospeitado fijemos lenha, que nim marcos, que nim cuadros enmarcados, que nin silhom velho... a cidade era uma fojeira en sí mesma e o alcól começaba a regar os risos de xemtes que coma min acudíam ao berro de superar a lumiera dun chimpo purificador... a plenitude fíjose na nuite, nas conversas, nos risos, nese mar onde começei a queimar a minha maldita , pesada e andraxosa ialma...que noitro ano do mesmo día decidim retomar...

11/24/2005

o noso patrimonio in-material em cernes...



achegasse o día agardado polo común da gemte que na cachola tem idea de um maior açercamento das lindes que o minho converteu en sutura séculos hâ...nom só é o patrimonio inmaterial, tambem o material e todo o que circunda á vida cos vicinhos portugueses...porque patrimonio inmaterial son os ríos, o monte, as lendas o baile, as músicas, os trabalhos, as palavras, os ditos, os risos, a forma de empinar o cóbado...porque mereçemos que o mundo conheça e proteja a nosa singularidade... elija o que elija a UNESCO, eu creio que se debería trabalhar en juntar máis as dúas ribeiras e a conçemçia comúm...e que a iniçiativa naça dos escolares é a maior mostra de humildade e de apoio social que podia ter...eu espiritualmente estarei na sede onde se decida a protecçom do noso patrimonio... sorteeee

11/21/2005

rachí e livre...


dá pena pero ás veçes um debería ter um ser desdoblado para estar em todolos curruntxos a um tempo, mais nom é factible...asím quedame gran pesadume por nom ir a rachala pana na festa rachí do trapo do orçam que todo internet conheçe...vendo os comentarios dos vaqueiros e as fotos pareçe que a coisa foi máis que um éxito...adiante pois!!!...porque coma coreabades "con fraja isto nom passaba..."