9/28/2006

açentos na cidade...

um día qualquer, primeira hora da manhâ, capital das soleadas capitais:

-hola, buenos días, quería...
-"haii!!!, pero parece que tienes acento galleguiño"

-eehh,ehh!! (risa leve) pois sii...
-"pues es la primera vez que me encuentro un argentino con acento gallego"

-(risa franca) (incredulidade (nom tanta era a enésima veç, pero esta era mui directa e a senhora estaba chea de raçom)) aihh!! que no te parezca mal!!!
-(terçeira pessoa)...pero como no le va parecer mal si lo confundiste con un argentino siendo italiano...

-hai, que lío!! si al final seguro que serás gallego"
-(ríome de compromiso), (míranme, agardan uma resposta)

-ehem, realmente soy hijo de un japonés y una malaya, me crié en L`Alt Ampurdá pero en un viaje de negocios se me olvidó el catalán, conocí a una chica gallega y me pegó la lengua de allí...

-(dúas caras de incredulidade) creo que me bajo en esta parada (risas dende o fondo do vagón) ...


**situación real repetida até a saciedade intercalando as procedencias italiana e argentina.

8/29/2006

coma as luras...

…coma as luras, coma os dinosáurios, sem relacióms sociais imos desaparecendo…
(Oswaldo di Bassoa)

canto máis se alonjam as verbas, canto máis espaciadas están a última vez que falamos e a próxima, máis se difuminan as images que nos formamos dos oitros, os seus nomes soan cada vegada máis raros e fáisenos normal nom chamar, nom escrever, nom viajar…tamén nom recibir postais, nem chamadas perdidas, nem equivocadas…esquezémonos das relaçóms sociais e iso condénanos á extinçom, a proteger e a nom-compartir as própias verbas, a sufrir a tiranía do silenzo cando nom é desejado, procurado…como un novo meteorito, coma un tsunami devastador…coma as luras de oswaldo, nadamos cara a deriva…cara o aboiar dun novo contrato social…

8/24/2006

de sonhos....


ceamos con risos e algarabías, de postre, doble racióm de lembranzas fotográficas, que pechaches ti cun suspiro e media bágoa refugiada na máis tenra furna da meninha…pechamos as portas duma estival nuite de evocaçons, e nom se voltou a abrir até que os galopes suorosos do astro rei rasgaron as cortinas dun novo mencer…ou até que o batifundio de tijolas e tarteiras acompañou rítmicamente á tele e as catro radios accesas nas alturas da industrial conglomeración de gemtes…
mais todo voltara lindo, espertei sem querelo cun sorriso que provinha dos máis profundos sonhos… e sonhara, sonhara que penetraba a través das estrelas até tocar o sol, até poder envolvelo para ofrecercho crú de frescura…o teu sorriso jâ me dijera que tamén sonharas, sonharas con voar, con viajar, con lanzarche ao vacío da máis fermosa paraxe…e compartimos os sonhos e os fundimos nun…e puiden divisalos juntos cando o colérico vento de norte peiteou con atlántica efusividade os teus desleídos cabelos de mulher, alí onde o mar come á terra e a terra afunde ao mar…

8/11/2006

arte na rúa...


quen dijo que a camaron nom se lhe podia re-interpretar dende uma visiom galaica?...cando o talento aúna-se coa arte sae aljo asím: http://streetartistinfo.blogspot.com/ ....de casta venlhe ao jaljo ... o que non enfocan é como lhe quedou a boina ao final do pase...

8/08/2006

contra o lume, máis lume!!!...



...contra o lume, justiça popular...que sejam os própios gladiadores contra o lume quen xulguen ao cabróm...

7/28/2006

mudanças essprex.....


que o caracol cambia de cuncha, che!!!!, e as flores que jâ marchúan coa calor, buscan sosego na fresqueira humidade do mal chamado povo da sequía…que a mente ten un interruptor que ás veçes salta… ás veçes uma espeçie de fusible chamado calma chega a rebosar…os berros que anudas a derradeira das cordas vogais fenden o espaço e agroman ao aire en forma de sorrisos de satisfakçom…a capacidade sorpresiva das que nos falava a pícara nom me abandonou e aíndahoje, abráia-me como um piqueno cambio no teu entorno vira o tiovivo do revés, muda o azul polo laranja ou o ácido polo doce sabor de saberte livre…que bonito, chico!!, saberte un chisco livre… e poder encher os pulmóns de aire sem ajuda…e poder soltar uma gargalhada ao sol namentres danzo co morno vento do verám…ás veçes hai que marchar para divisarte a ti mesmo dende longe, ás veçes só cando fas uma maleta sabes con que e con quen contas…so a agarda de que os cambios nom saian mal manten-me un par de neuronas en garda, e se nom é, jâ será…que di a minha avoa…

7/14/2006


a contaminaçom é aljo do que a maioría da gemte da costa da morte sabemos muito, ás veçes demasiado...sabemos que sempre existiu quen se aproveitou desa venda coa que as autoridades encargadas de velar polo ambiente, polos dereitos dos cidadáns, pola vida tapaban os olhos...se algo sacamos estes días em LIMPO é que os desastres ambientais non chegan só de mar adentro. o prestige, ás veçes ten forma de lata de conserva e o seu mal pasa moi caladinho, pero fai máis mal porque difuminase no tempo, na costa e na pasividade da devandita "autoridad"...neste espazo nom podo berrar, dende onde me atopo posiblemente nom me oiran berrar en carnota, en larinho, na pedrafigheira, en feáns e na costa da morte enteira, pero alzoo ijual ao ceo, o queixido eo pranto máis neghro que se pode botar cando destrúen a túa casa, o que viches e o que che viu naçer, a túa infançia, a túa vida: vaia pois este berro por CARNOTA.

paremos jâ duma veç por sempre a desconsideraçom ou a nom-consideraçom coa costa da morte

7/05/2006

cara o final...



...e o final avense coma os paxaros da nuite/ desperdigados, paseninho, mais co bico babexante de morna sangue coa que alimentar un novo fénix...

...e á falha de quorom, o derradeiro azo asfíxiase no sedento deserto da deijadez/ soio, abatido coma a cinza que abonará uma nova colheita num novo mencer aínda sen divisar...

6/23/2006

...e de súpeto o s. joam...


…lendâria nuite de lumes crepitantes/ menceres de escuma e paijóm/ bebidas de funesto arrepío/ ciclos solares impertérritos/ parados ante a olhada das mal-façedoras da nuitega tebra/ berros que anegan os equinoccios idos/ berros que abren a estaçom da madurez/ meigas que extenden os seus fetiços para tomar forma humana/ poder elegir se continuar a súa aprendizage meiga ou ficar engaioladas na forma humana pola atracción dos mundanos devires…/ ser mundano, ser mundana/ baijar a garda e conjugarse coa mágia que desborda na meiga nuite de bruxas, na longa nuite, no longo mencer do sam joam…

6/16/2006

em ti...


intento apartar con fortes suspiros os ecos errantes e maliciosos que me trae o vento/ ansío o teu reflejo no ar pousado no orizonte/ acáenme as forças a vésperas da longa viagem de reconquista/ como o pretendente que declina no derradeiro momento a conquista/ como o rei que nom pode posuir a todo o seu reino numa soa man/ coma o tolo que loita por agochar os sentimentos que ti jâ intuistes e disimulas conheçer...


6/14/2006

processo de auto-amputaçom duma amígdala...


1.- enjugar con especial esmero e atençóm a boca, obtendo um diagnóstico claro e conciso do problema a tratar.
2.- Esterilizar os elementos empregados para esta operación con alcól 96º, a saber: garfo, coitelo, coitela de rasurar a barba, gasas e xeo…
3.- enjugar de novo a boca, mais esta vez con antiséptico do tipo oraldine, até notar a boca o suficiente dormida como para nom percibir a dor…
4.-atamos as gasas ao garfo para evitar que tanto o sangue como a amígdala esvaren pola gorja abaixo, atamos a coitela de rasurar á punta do coitelo (olho con asegurar bem a súa unióm) e con coidado e sempre fronte a un espelho ir seccionando lenemente a amígdala empurramdo ao mesmo tempo coa gasa cara arriba para recolher tanto o sangue sobrante como a própria amígdala.
5.- uma vez que a tenhamos situada fóra do corpo apretar a ferida coa gasa e aplicar xeo con presión até eliminar qualquer tipo de sangrado.
6.-post-operatorio: estar entre uma semán ou dúas tomado xeados fríos e sopas quentes até notar que a gorja admite sólidos con normalidade

Nom façer esta operaçom diante de cativos ou pessoas sem suficiente xuíssio…en caso de nom ajustarse ao descrito nalgún dos anteriores pasos , consulte a un médico…ou a dous…

6/09/2006

jogando a correjir...


...ante a iniquidade e injustiça do mundo começou a reparalo aniquilando e destruindo todo elemento que corrumpise a idea que tinha de harmonía…cando o mundo quedou valeiro de gemtes e sem os máis preciados tesouros, sentouse, fitou o seu arredor e nom atopou motivo polo que construir nada…subiu a vista ao ceo intentando comprender a suprema esência e nono conseguíu…ao día seguinte, descansou….

5/19/2006

verbas galegas...


aínda que sei que soarám a rancias, demagógicas e valdeiras de senso (ou que habrá gemte a quem lho paressa) quijera aproveitar estas escasas verbas (o tempo pisáme o calcanhar ao pouco) para felissitar(-me-nos) a quenes empregamos este idioma jâ nom só por ideias, tradiçom ou convencimento, senóm tamén como um geito de ver as coisas duma maneira...se o día das letras galegas pasou meirandemente desapercibida...que nom pasen as verbas galegas desapercibidas por nós (e sei que nom o farám!!!) ...dende a lonxanía sí que valora "de cuore" o falar galego...pero muito, muito máis... escuitalo, polo galego e por quenes o empregamos, ben, mal ou ás trancas....para que sejamos quem sejamos, estemos onde estemos sejan...galegas

5/11/2006

o neno que sempre dicía xesús...


“senza fantasia il mondo sarebbe un quadro in bianco e nero”

paolo
rodari


xián era un neno pequeño que nacera numa tamén pequena localidade preto do mar, así é que pasaba o tempo entre a escola e o xogar pola rúa…a coisa é que xián tinha por costume decir xesús ente o mínimo espirro que alguén daba preto del; sempre era o primeiro en alzar a voz por riba do resto para berrar – xesús!!, e recibir así a primeira contestación de grazas, que é como solía respostar quen espirraba, pois eran naqueles lares eran xente moi educada…tal era a pasión de xián por decir xesús que incluso provocaba espirros entre as/os companheiros/as, empreñaba ás veces o pó das tizas, ás veces soprabalhe na nuca ás nenas para que colhesen frío ou influía para que olhasen cos olhos pechados ao sol durante muito tempo…-xesús!! berraba xián con un ledo signo de entusiasmo…mais un día o mestre preguntoulhe se sabía o que quería decir xesús, xián respostou que era o que exclamaba sempre a súa avoa na casa ante uma barbaridade: -xeeesús!!, o mestre ríu á esgalha e logo explicoulhe que era uma expresión pola que se invocaba a Xesús Cristo no mundo cristián como protección ante as enfermidades que o esbirro podía significar…xián abraiouse e reconsiderou o de decir xesús, e foi así como a partires de de entón xián berraba: -saúde!! cando escoitaba espirrar, como ánimo a ter saúde antes que protección ante a enfermidade…-saúde!!! berrou xián…

4/27/2006

justiza...?


…a chuvia vendoulhe os olhos, o vento fijo o demáis…se nom havía nemgún ruído que poblara a nuite, el fixo que esa escuridade soara a fíos de coitelos redobrando ao seu contacto salvaxe…coa ira ensordecendolhe os ouvidos, cos pelos voando polos aires tebrosos, ergueu a man, invocou ao seu esnaquizado honor e trepidante fixo do acto uma carnizaría de vísceras, fibras, ósos e licuoso sangue, …sangue por todos os vingados e berros por todos os lamentos agochados, reprimidos…e suavemente deijou que o mesmo orbalho lhe limpase o rostro e que o próprio vento lhe secase as bágoas…agora si…agora o mundo jâ era un chisco máis xusto…

4/19/2006

de regresso...


ante tudo nom posso começar hoje sem desculpar a minha ausencia, atrancos (que nom problemas) tempo-laborais nom me permitiron acudir a estas paraxes tanto coma eu quijera…logo de diçir isto e de volver a ter un espaço onde expresarme/vos quijera façervos partícipes do bem que me sentou recolher airinhos , aires da nosa terrinha (troujenos enfrascados). Forom vacacións curtas mais muito gratificantes, doume para sobrevoar dun vistaço peral á situaçóm e recuperei as ganhas de voltar, pois de começo dábame prejissa polo das maletas, facturar, depender de tres transportes urbanos…e colhín o avión cara o aeroporto onde os avións ranham os telhados das casas, con muita ilusión…quería (alomenos ise era o propósito) poder ver a toda a gemte a quem lho prometera, mais o tempo, as ocupaçoms e que nom tenho polo de ajora dúas ialmas nom mo deijarom cumplir de todo. Nom me queijo, revivín a compostela nocturna, que soe ser a milhor cando os silenzos das pedras erguen o seu misterio, e também descobrín como o apejo a estar coa familia é directamente proporcional á distancia que nos separa en quilómetros, …comín o congrio, os langostinos, a empanada, e por primeira ves as kokotxas, e é que a visita á barbança de pager lojo da resaca é sempre prodigiosa, quem fui aljuma ves hame de entender, vin a mítica palmeira ajochada trala cíclope ribeira (con b de breoján)…e aí tivem o “punto nó”, ou tirar para o sur ou tirar para o norte, a minha ausência había de provocar enojos nos dous lados, e sopesei co móvil na man, nom me agradan os teléfonos que soan e nom atopan uma man que os descolgué, desculpas laurinha por nom ajudarte a soprar as velas, e desculpas a nurinha que na próxima fijo que hâ de ser…a gatín vinlhe a peluca ao aterrizar o avióm que por certo volve a colher algo de volume…redescubrín de novo os praceres da costa da morte façendo de guía, e aínda puiden alçar o cacharro de cubata en honor á saúde dos companheiros da infancia, ou conheçer á companheira do meu irmán pequeno xa que se achejaron a casa…cando colhín o avión de regreso vinha pensando en canto dá um breve tempo cando se quere aproveitalo ao máximo…traía uma bágoa no olho que nom quijo sair, agora na catalunya, de novo com clima proprio do mediterráneo até máis ver…nom son quem de quitar da mente ao impresionante atlántico…

3/29/2006

as sombras sempre permaneçem...


porque nom hai nada que genere máis genreira en min...como homenage, como reconheçemento, como acto de vergonha alheia...hoje quixera ceder a palabra ás sombras, ás siluetas, á geracióm que ía cambiar um país mudando o geito de pensar...por e para eles e para quen os/as lembran...

3/27/2006

peijes e queijidos...


E de novo perségueme este monárquico astro no ronsel das minhas pegadas,… rociadas as eiras na terra que me veu creçer de sustancial maná que nas vidriera é arte, inhóspitos os aires que aturan os queixumes dos tristeiros pinheiros e cheios os regatos que por min verteron bágoas de desolaçom…abonda jà de prantos pola minha marcha, terra minha!!… que nom se retardará a minha volta, deija de abanar a túa desconformidade e prepara a minha visita con floridas margaridas que vertan deliciosas melódias en forma de cálidos arumes…aquí o sol nom me quita olho, acolhiume pleno na minha ben-vida a terra estrana,e agora, pampo, nom sabe se desapareçer entre as néboas ou se brilar sen sentido sobre min…mais aínda tenho o coraçom enchoupado polo fino orbalho, útil coraça que me permite vivir fóra do atlántico sem necesidade de peceiras...

jogos reunidos na praia no marçal...


Aproveitando as novas perspectivas que se abrem, e tendo en conta que para algo contamos cos amighos, acedin a uma invitaçom dum antigo companheiro de piso para visitar parte da geografía desta antípoda levantina, e de paso comprobar como pulsa a realidade da nuite nestas parages. A coisa pintáronma muito alegre, muita marcha, muita gemte e risos por capachos…incluso a gorja doume pacto de trégua e deijou de-me atormentar as nuites…prepareime e comprobei que nom varía muito dum lugar a oitro, salvando os prezos, por suposto que aquí incrementanse em progreçom geométrica (que diría descartes), pero a hora de peche varía en senso inverso…pero o que realmente máis me sorprendeu, cal experimento sociológico, foi como o clima d´aquí é realmente caluroso…a minha paisanaje pasando arrefríos, temporais e desbordamentos, e eu deitado na praia de vilanova i la Geltrú baijo vintatrés graus de tépedo benestar…e é que a colónia de galegos na empresa do meu amigo (que nom é pequena) reúnense muitos fins de semana para xoldrar e façer a estáncia de semi-exílio máis acolhedora…ista vez tocou ir á praia con todos os utensilios de dominguero… o primeiro que destaquei (e suponhíao aínda estando na terrinha) é que a terra tira muito, muito, muito…canto máis en proporción de máis tempo sem ir a vela…em segundo lugar (e sem que serva de extrapolaçom) que sentirse extrano numa parage que reconheçes coma alheia fai crear núcleo de idemtificaçom pechado, cuma açentuacióm das carácterísticas que nos unen…e gêram uma série de críticas á terra que os acolhe, nom despectivas pero sí comparativas deijando polo geral este levante por baijo da mátria-terra (o único que salvaron da crítica fui o clima, coa excepçom de julio-agosto), ademáis, xa que levo pouco tempo por aquí advertironme do carácter pachorróm dos cataláns, algo que choca coa ideia prévia que tinha deles…uma crítica contínua á “idiosincrasia catalá” que enalteçe as características da nosa terra…a min doume que pensar:…esta mesma micro-galissa que se crea no exterior, defendería coa mesma força e convicçom estas peculiaridades e estes “pequenos detalles” que nos definen e dos que cantan en anhorança na nosa própria terrinha? Pq do que sí estou convençido é de que um catalán é catalán, séntese catalán e mantem o mesmo discurso catalán alá onde vai, sem excepçom…gostaría de que así fose que se chegas a uma conclussióm, logo que poidas e queiras aplicala con todas as consequéncias…comprobei que a paródia do neng na tele nom é algo puntual (ou se cadra saín na zona prodigi-tunning cos nens aglutinados) e que cando din que aquí todo é caro, refírense máis á cantidade que ao prezo (orientativamente: o que na minha casa chamase media barra de pan de bocadillo: 1,20 € (previo peso na báscula))…pero toda esta comunidade tinha uma frase na boca: “ a ver cando caralho me sacan de catalunya”…a min é uma frase que me lembra a eses diálogos prévios na peli casablanca, onde a gemte desesperase por sair duma cidade sitiada polos nazis cuma única vía de escape…eu, decidin nom crer ao pé da letra nada e sacar as concluçoms ao pouco e por min mesmo…

3/22/2006

jâ stom de volta!!!!!!!!!! (dende o auto-exilio)

pois, si...jâ lâ stom na capital ibérica do mediterráneo, a viagem fui curta, a recepcióm um pouco passada polo vento pero a inmemsidade desta cidade faime pensar que terei que patear muito para conheçela bem, polo d´aghora jâ vin o parque güell, e controlo o centro (canda menos para chejar a casa san e salvo, que disque é o importante) o clima atráeme, a multiculturalidade é abrumante, pareceme uma cidade muito jovem, e a ideia de que a gemte se mova em bicicletas e en motos achegase bastante ao meu ideal de cidade ideal...impresionante tamén o juapo da gemte pola rúa e o bo ambiente que reina...som impresióms a falha de conheçer aljo máis a cidade....de veritas que quero agradeçervos a tod@s as vosas preocupaçoms e os vosos ánimos, a todos vos levo no meu cuore (pa flipar como costou arrancarche un halago, llou!!, pero justoume, che!)... decirvos que dende a escasa lonjania é a gemte que vale realmente a pena a quem se lhe bota máis de menos. o reencontro nom se fará agardar muito que creo que esquecin uma bágoa na terrinha....