6/28/2007

médios de transporte?


por que a gemte andará toda con présa para colher o metro, sem respetar nem tam sequera a o/a que vai ao lado, façendose paso a ritmo de empurróns e patadas se hai um metro cada tres ou catro minutos, e que perdas isse nom mereçe máis esforço que o que fai quen perde o autobús ou o comboio ( amáis na galissa onde perder um bus e agardar até o día seghinte…)…sem embargo alá van as présas nas horas punta, os cóbados nas meijelas e o alento madrugador do dormido de turno calandoche no nariz…nono entendo, nom

Porque se colhes o metro este nom agarda aínda que che veja cun pé dentro e logho fai paradas ás vezes de até tres minutos entre estaçom e estaçom? Cómpre tanta présa se vas a estar parado num túnel, sem luss , sem saída co aínda madrugador alento do de enfronte jâ anegando-che o naris??? No autobús que me levaba case até a miha casa, manolo, o conductor, tinha umha margen de mediadora para quen se retardaba, e vinhan as señoras coas rabissas: “aguarda, ohhhh, que Imirita estaba acabando de vender..!!!” e nom debía de ser mentira pq ao cuarto de hora cheghaba Imirita sen rabissas e cum sorriso de orelha a orelha…isso sim, nom se livraba do “putaaa” que se lhe escapaba polo baijo a quem lhe “parara” o autobús… e nom había problemas coas parada, nom estaban delimitadas e había fins de semana que variaban trescentos metros da fin de semana anterior aseghun a chuvia, o sol, se era tarde ou se pechaba a tenda….a parada máis frequente pasando neghreira estaba no medio da estrada, isso si catro intermitentes, sorriso de manolo…..isso era atençom personalizada, nem chifre, nem pito : “PARALHEEEEE, OHHHHHH”…ás vezes pensei que o tipico paisaninho pedirialhe a manolo: “nom pares, ohhh, aminora que ja embaijo em marcha” pero nom, nunca o vin admitoo.

Oitra porque tes hora fija de embarque nos aeroplanos e logho tes que aghardar, como mínimo média hora a que suban a embarcar-te, e ló nom poden dar o embarque para cando está o avión jâ listo?...na oitra compañía de autobuses na que nom ía a casa pero que cubre umha línha paralela á anterior, nom arrancabamos até que se enchese o bus até un tope, fose a hora que fosse, claro, a gemte cabreabase e mudaron a reunirse entre os cabreados (eu inclúome) para “alugar um servicio discrecional” que co tempo deijou de ser tan discrecional pero que saia á mesam hora e custaba menos da metade, tamen corrías o risco de que nos pararan tres vezes antes de cheghar ao destino os verde-oliva pedindo papeles, licenzas, seguridade, nº de nomseique….dumha quedamos em terra e nom lhe deijaron arrancar, a min preghuntaronme (respeto o idioma original dos interlocutores porque fui así como falaron); “i usted como consiguió el número del autobús?- home, ponno no lateral do bús…-díxenlhe. Miroume, fitou o lateral do bus onde vinha o nº, e dixo: -así que lo vió ahí?- nom, dixenlhe, vinno no oitro lateral….surrealista, pero quedamos en terra.

Oitra, pq está prohibido entrar na zona de embarque com zumes e logho chos venden arriba, o triple de maís caros…pq se é pola ameaza terrorista eu ofrecinme a emborcalo num cacharrinho que levaba con tapa a o uso, pero nanai da china…o una free zone ou no avión…pero no avión cando pedin agua do grifo tampouco ma deron: “no tenemos”.dijerom, “ e ló os banhos con que funcionan?-“pues no te lo sé” pero tenemos cocacola” no tren da Coruña a vigho, cando tinhas que madrugar para cheghar a tempo as fumaradas da medianuite en panjom, tampouco estaba permitido beber, a un colega quijeronlhe quitar a bebida, ameazou: “pois aquí nom pon nada dedescalzarse, von a descañlçarme” o revisor mirou a pinta que levaba, viu que tinha medio pé espido, o calcetín nom nas milhores condicions e dixo-lhe: “pssss, venha polo menos deixame unha cervexa disass para min” e así foi pero o de “ e se na volta ameazo con descalzarme sairiame a viagem gratis?” foi contestado polo revisor cun lacónico: “nom te passes, muchaso, nom te pases…”

E é que ao final éche isso, vaiamos en metro, bus, aeroplano ou tren, o importante é nom pasarmos,nem de listos, nem da hora, nem da parada….

6/21/2007

made in galizzaa...


Preocupado polo desenvolvemento da cultura urbanística e tendo en conta que logo das eleccións municipais é un dos departamentos milhor valorados (e requeridos) no reparto de poderes e pactos; e como isto está moi de actualidade quixen facer umha pequena escolma de ejemplos do urbanismo galego, hai quem lhe chama feismo, o meu pai prefire referirse a “ideisincrasia urbanística galega” por que di que cando está tan inculcado na história, nos costumes e no xeito de vivilo e concebilo pois pasa a formar parte da ideosincrásia do lugar (inclue nel as chapuzas )…isto nom é o pior senón que el amáis de defendela practícaa e bastante… (levarémola coma um verme metida na cachola?)...deixo como mostra, un boton, coisas que apareceron na voz, que descubrin polo chuza ou que circulan por blogs- denúncia ou a versióm aduaneira.

6/19/2007

cambios de governo...


venhem as aghuas revoltas pola costa da morte, e paressem tan revoltas que escoaron a o sur...logho de passar pelas urnas, os habitantes do concelho máis pequeno da província (terseiro de Galissa) virom como um pacto "anti-natura" posibilitou a volta a o governo dos nacionalistas, máis dista vez apoiados pelo PP...a ruptura do acordado em Compostela fixo que dende arriba tomen medidas sérias para lavar a cara ante o pacto e "correxir" na medida do possibel está saída do "testo"...mais a coisa nom quedou ahí, os vizinhos do sur, fixeron máis do mesmo e coa mesma fórmula conseguiron sentar na cadeira do poder muradana... se jâ era sabido dende antes de concorrer ás eleccións (quem agardaba un pacto Psoe-Bng nos dous concelhos ???) porque tanto escándalo aghora?...de quen é a vontade dos votantes, do partido ou da lista que concorría? lin num foro que semelhaban dois governos de salvacióm...pois así asemelha que serán presentados...por que tanto corcubióm coma muros necesitaban seren salvados da ignonimia afundida polos anteriores governantes...e se no Bng son quen de suspender de militáncia a um alcalde con máis de vintecatro anos de alcaldía, pois que expliquem qual sería a fórmula que propunhan eles...se cadra acusase a o PP e a o Psoe de decidir em Galissa dende Madrid, pero o bloque decide em corcubióm dende compostela...e coido que en ningún dos casos chegará a sangue a o río...

6/13/2007

de voltass...


de volta a o regho, con ganhas de escrever e vendo que zerovacas rouboume a nova, prefiro redireccionarvos e contarvos dos pequenos fedelhos que lhe metin a o blog: o chat da dereita que o recuperei, o conta visitas , os cabezalhos do chuza... máis que nada para agilizar e façer máis cómodo isto do incórdio, pouco á pouco, e máis a máis irei botandolhe coisas e contando algho que jâ me chegha, ho!!!...polo de primeiro cantando a bob, agardo berrar forte pra que me escuitedes dende ovieu.

5/25/2007

o canto dos pajaros...


troujerom de dispares sitios baijo o amparo de preservar a riqueza do planeta e amosala por todo o mundo, fermosos pajaros de lindas e rechamantes plumas…colocáronos en gaiolas pequerrechas e con doado acesso para que lhes fosse pouco complicado a os visitantes do zoo achegarse á beleza das súas plumas e deleitarse do chirriante soar do seu canto…mais os pajaros entristeceron, nom cantaban, e a vistosidade da plumagem foi perdendose…decidiron ponhelos en gaiolas máis grandes para que tivesen máis espazo, pero acurrunchábanse nun pequeno currunchinho e nom erguían a cachola da súa plumagem. Seguían sen cantar…seguían pusilánimes e sen cor…decidiron limitar as visitas e ponher altas as gaiolas, de geito que nom se lhes molestase na ardua tarefa da reproduçóm, pero nom se ajuntaban machos e femias, estudaron e estudaron, biólogos, zoólogos, físicos, veterinários e gemte de a pé, incluso… e nom sabían darlhe explicaçom…namentres esmagaban os miolos con pesadas, plomizas e recurrentes ideias sen utilidade, tres parelhas de exóticos pajaros conseguiron liberarse a través dos anchos barrotes da longa e, á súa vez, ancha gaiola…hoje en día, um dos maiores gozos é pasear por Barcelona baijo um imponente chirrío de libertarios cantos e deijarse abraiar pola fermosa plumagen dos milheiros de exóticos pajaros que libremente anegan os ceos da ciutadella, rodeando cos seus cantos á os poucos companheiros/as que numhas minúsculas gaiolas agardan que a algún “experto cerebro” se lhe ocurra descubrir como facer que um pajaro cante e se reproduza… fóra deijánlho bem claro: “em liberdade”

5/17/2007

hoje son galegas as letras...e os fonemas??


um día coma hoje dende o exilio vívese de xeito distinto a como se fai na terra. aquí tes que preguntar e indagar se ques saber a quen se lhe adican “as letras” deste ano. a María Marinho pois nom a conhecía muito se nom é por que escuitar algo dela na literatura feminina e en relación a o poeta do Courel. Nom hâ programas que che lembren a cotío a figura de María Marinho, nem infinidades de actos literarios e lingüisticos (si tenho que decir que nesta terra hoje manolo rivas é presentado polo conseller en cap numa charla-colóquio), nom ves a tanta gente pola rúa “falando galego por un día” pero nom é raro escuitar o galego calqueira día, sintes o día como se cada letras galegas que pasa necesitases esforzar-te máis e declarar máis alto o teu amor pola língua…quizais a maior rareza é que aquí hoje nom é día festivo e hai menos gemte na praia, rúa, montanha ou onde seja que festegem un día coma hoje… pola lingua que nos une, para que nos una máis cada día…

5/14/2007

adeus á luz reflejada no papel.....


e con el foise a luz, e a nuite tinguiu de loito a súa escuridade,... e o velho cinematógrafo voltou hoje a ser mudo, a sonoridade con el tamén levou...pero fui máis o que deixou esquencido nas maletas das súas lembranzas, toda a memória colectiva en tamaño 16x16, as ledicias dos tempos idos, as degrazas da máis afastadas das terras médias, hoje foise cos méritos que a el sí se lhe puideron rendir en vida, foise a memória até entón viva, e a ledicia...foise a ledicia que asomaba ao seu rostro cada vez que falaba dunha fotografía súa, son desas persoas que cando a conheces sabes que estás conhecendo á Posteridade, un anaco de História... el foi feliz retratando e a fotografía jâ nom será a mesma sen a súa felicidade...nom sei onde andará agora pero de seguro que será sempre acompañado da súa kodak e os milheiros de histórias que del os meus ouvidos escuitaron...

5/05/2007

A-55 na ruta xacobea...


...quedaramos en nos reunir tras moito tempo sen vernos, nom así sem saber uns dos oitros, pois estabamos en latente comunicación. eu fora a propósito á reunióm, a invitaçom nom era para menos, alcól, festa, muita xente e lembranzas...todo transcurría con normalidade: bebíamos todos juntos eles e elas na fronteira entre o povo e o monte. festaxabamos a arribada do descubridor do novo mundo pero tamén o ben que nos fora dun ano atá entóm...o alcól deixaba paso aos risos, ás lembranzas, comencei a engatunharme e a namorarme de novo de quen me acompanhaba, vía oportunidades por doquier, vía que nunca debería abandoar a aquel grupo, o alcol subiame a cabeza até o ceo, o monte deixaba escuitar os queixumes dos seus pinheiros, e a festa ao lonxe soaba a algarabía, e chegou o "momentoM", o críco momento que decide o destino das minhas saídas, o momento de mexar, como unha porta que se abre e nom sei a onde me dará paso, dispuxenme a arrimarme a un pinheiro. -"aqui nom, está moi preto, a ver se caminhando algho máis..." "uf, aqui é que é moi descuberto....!" e de súpeto vinme numha inmensa néboa que cegaba os meus olhos, e o resto dos sentidos, e fixen o que fan (facemos) os perdidos, seguir caminhando... e ía entre os pinheiros, e as ganhas de mexar incrementabanse, e a néboa era máis espesa, e nom ajuantaba máis e xa nom habia xente, e as luces non se distinguian e a música era invencióm só da minha mente, da minha perdida mente...e topei con algo parecido a unha verxa,e salteina "-se cadra é un galinheiro e tenhem váter" pero só dei cunha pista negra, e seguín caminhando, seguindo as linhas blancas que me marcaban o caminho, "- e isto xa nom será monte, non?" e nom había cobertura, e os pinheiros xa nom se queixaban...e de súpeto: unha luz branca como o final dun túnel, pero era o túnel quen se achegaba a min, e pfiiiiuuuuuuu.... a luz que pasaba, e aos poucos outra luz, e oitra....e as línhas nom remataban, e a música cesara até na minha cabeça...e reparei nalgo entre a néboa...ía achegandome, a ilusión fíxome forte, xa nom tinha ganhas de mexar (xa mexara?) pero din conta das poucas forzas que remataban e lin nun pequeno cartel ao que me dirixín: "A-55, Km. 7" se os números ían con letra era unha estrada, se comezaba por "A" era autoestrada, e se era ese quilómetro levaba seis e pico andados...."-enton von por unha autoestrada...non?", nom tiven tempo de pensar tentei parar un par deses coches con luz potente, pero os cabrón esquivabanme, "-bueno, nom tenho ganhas de mexar, ton comido, bebido...." e dei volta até baiona, pola beirinha, á saída da autoestrada varios coches patrulha entraban coas luces accesas e as sereas postas, -"irán a buscar a alghun inconsciente que deambule parando coches pola autoestrada?...nom, nom creo, irán a por alghun que irá en sentido contrário..." cando dei chegado a baiona a metade de colegas xa se foran, o pior que eu levara o vehículo, e foronse en taxi....pero aínda había música en baiona, e a festa acababa de começar....


(fragmento de Das sete vidas do gato. "Edicions Festa da Fraga Festa Nacional"

cumplindo a invitaçom de marinha, deixo aqui unhas respostas ao xeito que proust fijo nun par de ocasións, abertas quedan as portas do meu sentir...


¿O principal rasgo do meu carácter? A toleráncia e a tranquilidade

¿A cualidade que prefiro nun home? A creatividade

¿A cualidade que desexo nunha muller? A creatividade e a comprensión

¿O que máis aprecio nos meus amigos? A constáncia.

¿O meu principal defecto? Dubidar de máis, ser tan tolerante.

¿A miña ocupación preferida? Descansar e interactuar coa xente.

¿O meu soño de dicha?Un mundo xusto e guiado polo sorriso.

¿Cal sería a miña maior desgraza? Perder os referentes.

¿Que quixera ser? Cura.

¿Onde desexaría vivir? Mar, montanha preto, río e muita natureza.

¿A cor que prefiro? A laranxa

¿A flor que prefiro?A orquídea

¿O paxaro que prefiro? O arao

¿O meu autor preferido en prosa? Gabriel García Márquez

¿O meu poeta preferido? Ánxo Valente, Neruda, Lorca

¿O meu heroe de ficción? Songhoku

¿A miña heroína de ficción? Mafalda

¿O meu compositor preferido? Dvorak

¿O meu pintor predilecto? Lugrís, Dalí

¿O meu heroe da vida real? O meu Pai.

¿A miña heroína da vida real? A minha nai

¿Os meus nomes favoritos? Noa, Ana, Noé

¿Que detesto máis que nada? A inxustiza

¿Que caracteres históricos desprezo máis?As dictaduras

¿Que feito militar admiro máis? Revoluçao dos cravos

¿Que reforma admiro máis? A que fixen na minha habitaçom

¿Que dons naturais quixeras ter? Autoestima e Impulso

¿Como me gustaría morrer? Nom gostaría de morrer.

¿Estado presente do meu espírito? Busqueda de respostas

¿Feitos que me inspiran máis indulxencia? Os que nacen da ignoráncia nom buscada

¿O meu lema?: Fai bem e nom mires a quen


e por convidar, pois convido a calqueira que por aquí pase...

4/28/2007

?


...se a pregunta é directa, canto custa dar umha resposta?


por certo...felizidades!!!

4/25/2007

...vintaçincodavrilsempre....


...e a liberdade esvarou dende o caravel, espalhándose polo ar....

4/23/2007

re-interprentando a realidade...



numha terra dominada polas sombras e o oscurantismo, onde a mágia tinha encarcelados aos seus habitantes numha maldición perpétua que os engaiolaba no povo sen poder sobrepasar as marcas da fraga, era o dragón o encargado de vigiar e atormentar a os habitantes, e cada ano por estas datas cobrábase o seu tributo en forma de sacrificio humano…pero dun ano deron en chamar a un meigo galego, curtido na arte das pócimas e os feitizos, quen apareceu polo horizonte cabalgando no seu cabalo branco e armado con inteligência e tesón, agardou a que o dragón rematase de fungar lume e cravoulhe a lanza pola gorxa até as ghaladas, o dragón foi decrecendo en forzas até morrer e xurxo púxose a descansar lendo un livro,… é polo que aínda hoje en día nestas terras celebran a o seu Sant Jordi (como lhe deron en chamar naqueles lindes) como o día da liberaçom do dragón, regalando e lendo un livro e unha rosa, pois ista flor foi a única recompensa que xurxo levou, iso sí da man da máis fermosa doncela do por entón reprimido povo….

4/20/2007

mmmúsicas de líbido....


levado por umha contínua cadea de mmmmúsicas, e tendo en conta a minha lentitude ante as encargas, niste caso de verdelho, véjo-me na obriga de aportar mmmúsicas ligadas á minha forma de entender o sexo. e tendo en conta que:

1.- nom emprego música nises intres, son dos de deijarme deleitar pola sintonía dos suspiros e os jadeos...
2.-se houbese algumha música que me levanta-se a líbido, mercaría un i-pod (estiven valorandoo e nono vejo claro) para levala sempre na orelha.
3.- o sexo é diversión...alomenos polo de agora o de aparearse jâ lhe tocará, se lhe toca...e polo tal, porei mmúsicas que me divirten e suben o ánimo, imprescindible para descarregar as enormes energías que conleva o fornicar...
4.- quem me conheçe ( e quen nom tambén, só tenme que ver escrever) sabe do rarinho que son, e do inexcrutable da minha mente, así que nom se deijem surprender pola surpresa dalgumhas elecçoms....
e ahí van, sen orde de preferéncia:

PRIMEIRA: ROSE ROUGE, de Saint-Germain, polo ritmo pola insinuaçom, polo de provocativa...

SEJUNDA: LA LEYENDA DEL TIEMPO, de Camarón de La Isla, pola forza que desprende e o arranque que ten...(nom atopo vídeo de Camarón)

TERÇEIRA: FRANCOIÇE HARDY, como representante da música sesenteira francesa, tan sutil, tan optimista, tan "brigditte bardot"...(nom acerto a adivinhar o título da cançom que quería por, deijo umha mostra)

QUARTA: BÁMBOLA, de Patti Bravo, polo de erótica (asociareina á película) e polo "animosa" que me resulta, e polo de idioma italiano, que muitos comprenderedes...

QUINTA: HIT ME BABY ONE MORE TIME, cantada por Travis, polo ritmo sugerente, polo de rogo e a cadéncia de se rir dun macro icono como é a cursilería pre-adolescente.

deijo no tinteiro RESERVOIR DOGS, DOORS (riders on the storm), NINA SIMONE, BEATLES (help!), OTIS REDDING, JAMES BROWN, ARETHA FRANKLIN, RENATO CAROSONE, NIRVANA, LEONARD COHEN (allelujah, take this waltz), R.E.M., e por suposto O GRAN DYLAN ( just like a woman, love minus zero)....e a desfrutar!!!

4/16/2007

ME CAGO EN EL AMOR


hoje é um bo día para deijar de crer no amor....se me traiciona cando milhor estóm...pq crer no amor se el nom cre en min?



4/11/2007

reviva o zeca...


de volta da vida, leo con detemento a prensa e o que até agora eran promesas que quedaban no esquecemento, convertense en realidade…logo de que a tvg perdera polo lume (nom cegaban os montes, que a tvg tambén tivo que arder!!!?) os documentais sobre zeca afonso, a mesma canle chega a un acordo coa televisión pública lusa para lembrar, revitalizar e por onde lhe corresponde a ese trovador/luitador luso que tanto empenho puxo en unir dois mundos daquela distantes pero con ansias de abaijar os pasos levadizos que unisen o pai minho. nom podemos máis que aledarnos porque… soará de novo, no día de s. marcos/día dos caraveis, o milho verde de novo na raia, e os vampiros serán de novo denunciados na nosa terra de vampiros, e sonharemos todos coa utopía da papuça...polo zeca, tambén,... que sempre fui zeca, sempre foi música….

3/21/2007

adeus a umha parte da música galega...


ás vezes o único que nos indica que avanzamos é que hai coisas que van quedando atrás, cando o que queda atrás é umha pessoa, irrecuperabel se nom é só pra a memória...pois doe. doe pouco, doe muito, doe ás vezes, doe a cotío, doe cando chove, doe pero nom doe.... pero doe...hoje ven na prensa que um home morreu, nom era excesivamente velho pero de seguro que levaba muito vivido ás súas costas....prudéncio romo foi un dos creadores d´Os Tamara, que levaron coa música a galizza máis alá do telón de grelos até o corazón de galegos alonxados e de alonxados de corazon galego, e brindo, brindo pq ao topar no máis alá co Pucho Boedo han de nos façer bailar de novo a ritmo de merengue galego...polo grande legado que deixou entre nós, pode descansar en paz.

3/14/2007

MANDA-TI, nas eleccioms municipais...


vejo que nace umha nova iniciativa de cara ás eleccións municipais que se celebrarám em breve...ante o cada vez máis poderoso e manipulador geito de nos informar por parte dos tradicionais médios de comunicaçom e ante os abusos que se están dando (muitos son antigos pero saen á luz agora que tocan e importan) por parte de muitos/as mandatários/as asentados/as nas poltronas do concelho, cédesenos a voz, e a verba pra denunciar, queijar-se, parolar, comentar... zerovacas, abriu um espaço onde opinar é livre, bo para os que nom tinhan acceso a falar, e bo para os que tinham impedido escuitar, eu sei que parciciparei, e ti, mandarás algo? MANDA-TI...

3/06/2007

"ferrol morre, como quedou o betis-sevilha...?"





vía beliscospequenos podo ver como defenden os representantes do povo um país, asím defendes as pessoas nas que depositamos o noso porvir umha comarca necesitada, asím é como se rin os/as politicos/as que manejan o futuro de todos nós....DEPLORABLE, e muito máis que deplorable a actitude de estas gemtes(por chamarlhe algho) que nem un mínimo sentimento amosan polas necesidades de ferrol, fene, perlio e arredores....AGARDO nom se lhe ocurra a ningumha desas pessoas que dan en autodenominar-se pessoeiros volver a dar um mitin en ferrol, ou tentar encadilar a os/as ferroláns....pena, peninha pena....tanta como a imagem desolada do politico que fica só no atril sem publico a quen falar excepto ao impresionado labordeta e poucos máis (cando lhes pajamos pra que escuiten, discutan, se entendam....) von a deijar a ira por hoje....

2/28/2007

lesionado...


O risco chama á aventura, a aventura ao deporte e este juntado co risco produce extranas lesióms…tocaba de novo ir á neve, ista vez com algo máis de experiencia que o ano pasado…o deporte era o mesmo: snow-board. a paragem mudaba, acorde cos tempos desprazamonos por tortuosas estradas con curvas máis perigosas que bin laden cun escano no congreso iankee…mais baqueira-beret, um paraíso deslumbrante abriunos os brazos coas poucas neves que podía... o grupo era máis experto…notouse en que nom caín en toda a jornada do sábado, e incluso descendin por pistas azuis sem problemas….mais o espiritu das neves, apareceuse-nos em forma de ventisca e pechounos num dos cumios no derradeirop descenso do domingo….nom me deijaron baijar en tele-silha, pola ventisca e tiven que forzar umha baijada improvisada na que o que máis sufríu foi o nocelho, sobrecarjado de máis…logo dumha visita ao médico, de onde sain cumha venda opresiva, so puiden desfrutar do resto de tan marabilhosas paragems dende o coche…oitro ano máis volto da neve mancado polo tebroso esprito das neves….o bonito, que cando volte jâ vai a ser como experto snowbordista…ou isso agardo….

P:D: o das muletas é coisa da empresa para evitar que pida a baija por recaída….pero o efecto foi o contrário, agora queijo-me do hombro, pois fago um esforço moitro grande para andar com istes aparelhos...doble lesióm...pero jâ terei máis sitios onde recaer do nocelho….jajajaja, ajuarda vilajoámmmm….

2/12/2007

tesouros...


miles de silentes caricias,
amolecidas polo tempo…
varios cabelos despeitexados,
que deixaches esparcidos pola almofada,
logo do extendido sonho…

dois bicos que quedaron ancorados
nas ganas da posesión…

um abraço reprimido,
cecais esquenzido,
na derradeira tarde de solpor…

umhas médias usadas
que aínda agochan o teu penetrante arrecendo
entre as súas fibras…

ums olhinhos de misericórdia,
que se che escaparon
antes de abrir a boca…

o ghran oco que deixaches,
que foi inundando,
coma umha gran mancha de chapapote,
toda a minha cama…


e o fracaso de nom podernos
sobreponher ao puto destino,
á puta vida, inmanexable,
a lembrarte num bote de after-sun...

todo esto e algo máis, é o que gardo numha caixinha,
que nunca jà máis hei de abrir…

2/05/2007

cada día somos máisss!!!...


dinme os matemáticos e estadísticos que tenho trabalhando para min, atados con cadeaas num suburbio dez metros por embaijo da terra, nesta paragem muito sémelha á mostrada en madmax III (nós também temos energía do esterco dos porcos)…pois dinme que jâ lâ foron máis de trinta mil almas impías que figerom incórdio nesta futurista cidade…muitos viriades de visita a tomarlhe un café ( a os máis seguro que tambén se lhe ofreçeu boa canha de herbinhas…) oitros simplesmente acheghariadesvos pola janela a divisar ao seu través (comprobariades que nom tenho vidros tintados nem nublados, vese dende dentro e dende fóra) e fostedes muitos tambén quenes deijachedes un ghraninho de milho, de café, de arrós ou de espinilla, (que tambén os houbo)…nom me queda máis que feliçitarvos, darvos as grazas por escuitarme (ou ponher cara de que asím o fasedes) porque forom vários os momentos nos que fostedes determinantes para continuar escribindo, baijando o ritmo (isso sí)…mais grazas, preciadas trinta mil almas, polo que fui e polo que pode ser, para que o incórdio tenha umha paragem digna, fachendosa, pavera….grazinhas mil….(que alghém cante o “parabens-para-voçeee”, por favor)…

1/23/2007

despedida da galiza

cando ataca a morrinha, apunta ao coraçom, nom é doado que erre e sempre vem por referença dalhum dos sete sentidos que temos...a morrinha nom vem decorada de meros adornos ou de cores vistosisimas, nom tem artifício, vem núa, precisa, sem dilaçoms, cos olhos por diante da raçom, cando cheja estás perdida/o, o magím jâ empessa a funssionar a parte do resto do corpo, pola súa conta, coa vista posta no morrinhento sentido de desfiar o fiado...a morrinha nom é máis que uma estrada que che amosa o caminho, uma sereia de asfalto que che une/arreda do teu, dos teus...

1/20/2007

contradiçoms paradóxicas...


sempre gustei das contradiçoms...ser pero nom ser, ser branco e ser negro, ser feliz e infeliz de tamta felicidade, ter fame pero nom querer comer por fartura... e hoje, hoje ía caminho de ser un dos días máis tristeiros dos últimos tempos, dos últimos meses; a nova que levaba tempo pululando polo aire converteuse en verba, fíjose son, e fíjose gestos na face do meu interlocutor, enrugas tersas, torso expectante e celhas tocando a escaso flequilho de cor encarnado... escuitei, nom caín na desesperança, pensei de golpe (como apurando o pensamento), voltei a escuitar, e calei...jâ se daba por feito...agora o trabalho estaba no meu maxín, pensar, debatir, aclarar...explicar....nom, nom cría que fose a ser o milhor día da semana, nem do mes, nem do trimestre, de seguro....e cavilei, pousei a mente no mundo desto que chaman internet...e deixei voar as malas vibraçoms....nom lhe deron tempo a chejar ao teito....de socato sonou o móbil, o gesto foi perdendo rixidez, a sonrisa foi ocupando as partes antes conquistadas pola seriedade, e os olhos começaron a ver estrelas, que bonito cando o rostro mira estrelas, pq sorri coa ialma, coa agochada ialma dos sorrisos verdadeiros...e quedas en evidencia....e ilusioneime, e sorrín máis, e quijem ser máis grande que a lúa para tapar o sol, e nom queria que as verbas tornasen em silemços, nem que as estrelas deijasen de me alumear a face aberta en canal polo sorriso, polo coraçom que che sae pola boca sem tocar nos dentes....e ques respirar, e nom podes, e nom podes sorrir máis...e a voz apagase, e intentas apurar todo un discurso fidelino numa expreçom....e... que contradiçom, que paradoja rematar o día regado de felicidade...como che foi o día? mal, bem...fatal, estupendamente....de cú, de puta nai...que fago, umha média ponderada ou umha regra de três?....mentres contesto/contestades, von sejir rindo que ainda hai estrelas que queren colher o avióm....

1/19/2007

com MaiÚsCulAs...


...e pugerom-se a falar...e apretaron a man denates de sentar....e convocaron a médios e des-medios de comunicaçom...e a gemte puxo a esprança neles....e houbo quen preparou foguetes por se era o caso....e faiaron, e faiarom em plural, uns por umhas causas e oitros por oitras, pero compareçerom todos coa cabaça baixa...como compareçen os derrotados, os que perderon, uns jà se sabían pedidos de anteman, oitros esgotaron a pólvora....pero nom haberá estatuto, nem estatut, nem estatutinho, adeus á naçom, á naçom de breogan, á realidade nacional...adeus (o primeiro adeus por ser ridícula, cheirentamente ridícula) o caralho ese de regióm...regióm? regióm será múrcia, ou extremadura ou quen se queira asím chamar...pero aqueles que contan cos votos de galegos/as SEM MEREÇELO, SEM SEMTIR A GALIZ NO PEITO, aqueles que só sonham con cadeira em madriz ao amparo do tendido sombra, copa e puro en man...aqueles, nom som quem, nom poden xustificar, nem trabar o normal decorrer da nosa história....pq estamos falando da história do pais, do devir de galegos e galegas...é máis, dos /as galeguinhos/as que venhem detrás.....o feito de que galiza sexa naçom está na actitude do pp que é excepcional, única na península ibérica, sí quero, pero digo nom, tes raçom, pero eu tampouco estom equivocado....este parón ten nome, tem culpábel, e ten sentimento, VERGONHA.... pero com maiúscula de INEPTO, DE TRAIDOR DE CACIQUE E DE BALDREU...que é como se senten máis aludidos os/as monicreques con fíos de emprestados, com maiúsculas...e agora que?...a aghardar? a esperar que acaben de mexar por nós?...u-lo projecto?

1/12/2007

morte da xenreira?


a xenreira é algo que naçe embaijo das moas, onde é imperceptible o seu surgir...creçe no berce da incomprençom, coidada pola in-comunicaçom e a im-potenziza, alójase coma o cancro malo alá onde nona percibes a simple vista ou móstrase diáfana, precisa en cada momento que se ten que mostrar, e morre...bueno nom todas as xenreiras morrren,...pero soen rematar morrendo, no perdón, na comprençom, no esqueçemento....

eu sempre alardeei de nom odiar a ninguêm, de nom ser posuidor desa xenreira que a um lhe cega o siso, pero tambén son realista (e objectivo) se ao ver uma foto, ao percibir certos sons, ao conheçer certas histórias... o carácter, as ganhas, o rostro, en fin, mudan de jeito....entóm é que se che manifesta a xenreira, pois eu reconheço que a pinochet e a ditadura (duríssima) chilena, tinhanhe xenreira, nom tragaba a súa visión de pseudo-estadista ganhador, tenho sonhado (de incipiente adolescente) cos berros dos represaliados no estádio nacional , e demáis centro de repressóm...xenreira, sím , xenreira...

pois ista xenreira nom morreu por perdóm, condonaçom...tampouco morreu por comprençom (quen pode comprender iso?!)...tampouco no esqueçemento (cómo esqueçelo?!)...e o pior de todo, tampouco morreu coa morte de pinochet....creo que isa xenreira nom morreu, que é o pior, e nom morrerá namentres a mínima memória dos/as que a sufriron siga en pé...agora a minha xenreira é uma ialma en pena, uma pantasma, un espectro na imcomprençom do desaparecido limbo...nom mudou muito, como tampoco creio que mude co asesinato de sadam....pero cada víctima desa barbarie nisas mortes, suponho hâ de atopar um alivio, um motivo de deijar os folgos descansar...entendo pois a aqueles que desenterran a memória dos/as seus logo da barbarie de franco...malia quen se oponha sem motivo algún....namentres tentarei pasear a minha xenreira a pinochet e ao seu mundo do milhor jeito que poida...co esqueçemento....

12/19/2006

teijeiro quedanos pequena!!!!


(vem datrás, eh!!)...a cofussióm fijose reino entre nós...gager que nom sabía por onde escapara o chuli-boy, zape que nom sabía como se chejara a aquelo, tucho que nom remataba de entender por que o sacaramos dun coche onde o CONVIDARAN VOLUNTÁRIAMENTE a subir (sic.), o filho do cura pq nom entendía que pintaba entre nós (obvio era que naquel preciso momento nom estaba a matinar en lloves, en navalhas ou na música do futuro...), o moucho que nom fora quen de extendela paz entre os disputantes ("tinhas toda a ghassom, tuchinho, tinhala toda contijo!") e o txari, que fora quen involuntáriamente esvarara, que nom tinha jueso roto, nem sancre na cara, que caera incluso co cubata incólume...o txari nom entendía nada, nem por que se riran, nem pq apareçera alí un rapass, pq fujira....pero nom lhe dou ao txari tempo a pensar máis, jâ tinha oitro cubata na man, jâ era oitro bar e jâ eran oitras conversas -"que pghopio de ti txari, que pghopio de ti, sempre a montas onde vass"(esto coido que nom fai falha disir quem o dijo, nom?)....uma incertidume solo superada polo trebom que mentres todo isto aconteçera el permanecera apejado aos suntuosos beizos duma laverca calqueira daqueles lares -(plop! (sonido de despejarlhe a ventosa da boca á rapassa en cuestióm) que? que passou? que se oiu un coche aselerar?...e é que hai coisas que non cambiam...show must go on...cantaban uns ingleses, e nós bebiamos como británicos também, as luçes foron menjuando, tuchinho refujiose na calor que desprendían os jelos en cada sorbo, e foi aplacando, malia ter a súa conciência (esse día chamabase bull, peta - bull) disindolhe en estéreo, en cada um dos ouvidos: "eres un bulhero....eres um bulhero" e pareçía que ía calmando, pareçía...porque a juzgar do futuro inmediato comprendemos que só mudara de obxectivo...fomos acompanhamdo cada cubata cum pasinho de baile, e alguma que oitra risa, a nuite ía retirando o manto que extende sobor o sol, e o lene abaijar de pálpebras foi façendo melha en muitos dos que contra o alcól luitabamos...o moucho foi pechando os olhos cando víu a que se puido montar e nom se montou, e zape, listo como um raposo, retirou ao trebóm dos beizos doitra doncela sem consciência social, onde quedara durmido namentres lhe esvaraba un rejinho de baba na comisura esquerda da boca....-"estás dando asco, vamos pa´ casa, que ahí nom tes máis que ghoergh..."...e como da nuite ao día, ou do sólido ao jaseoso...ocurreu o milajro...eu jâ o vira vir ao larjo da nuite, jâ me pareçera que duraba demasiado toda esa comédia....pero quijemos sejir e o milajro aconteçeu....de súpeto...como se uma man divina dese orde, desapareçeu todo o mundo do bar, acalou todo, silenzo absoluto...e eu quedo sem olharme, sem lusss...(tardei realmente un quarto de hora en darme de conta de que estaba no quarto de banho e nom atopaba a chave da lusss...) si, si,si....ride...pero nesas condiçioms ninqún de vós iría milhor.....devín de tardar pq ao sair jâ faltaba médio bar, e dos poucos que conheçía nen a metade...fijen/simulei que bailaba, tarefa inútil dadas as horas, o estado no que ía, a gemtalha que alí había, a música que nom se escoitaba e que nom conheçía a ninquém...e claro que fai uma pessoa de proveito nisas situaçoms...achejarse á barra, pousar o peito, darse conta que detrás minha esta gager-man, e a dess metros tuchinho (ummm, setíame como na casa jâ) e diçir: -"por favor, camareira posme un cubata de juisqui con cola, cando poidas,? a que hora pechades?"(sic)...e sentir aos tres sejundos na orelha dereita a gager: -"que lhe dijeches á camareira que aqueles tres maromos están diçindo que che van a partir o peito por insultar á camareira?"...cara de asombro...-" pedinlhe por favor si podía ponherme un cubata"- e dijemos ao unísono, tuchinho a quen se lhe ía o torçer de pescosso con gesto de rectitude na iugular de máis para a esquerda, gager que notaba a flaquessa do último cubata na man e eu, que ía como ía: "ÍMONOS, MECAJONAPUTA...QUE ISTO CHEIRA MAL" e saímos pola porta do local, jâ de día o sol foi saudandonos um a um, e debeu se isso pq na máis sair pasounos a borrachera de jolpe, como se cruzasemos da vida á morte...le juro señor juez que se nos pasó la borrachera al momento y salimos del local como los tres angelitos que guardan mi cama...tranquilos, sin perturbar y bien peinados...pero como amaneçeu? debíamonos de prejuntar cada um, mais ninqum ousou abrir o peteiro...e ando imos?....-nom sei, eu conheço locales abertos pero están a quarenta e cinco km., pois os que coneço eu alomenos a sesenta...bueno, e se imos pra casa??...aos tres izousenos a bandeirinha de retirada e começou asím...A LENTA AGHONÍA POLO DESERTO DE ASFALTO... lembro que começou gager co jajajá, eu seghinlhe co jajejí e aos poucos estabamos os três a rir no chan, numa cidade (uiii!!!!, caseee, faltalhe pouco para pasar de ser vila!)desconheçida (bueno...semi, coma o leite) a umas horas altas, e...e serenos...eso sí señoría juez, serenos, muy serenos.....e enfilamos polo único caminho a patas que conheçemos cara a casa do homaxeado da nuite...íamos coma os beatles polos pasos dos peóns, en fila....a brisa marinheira começou a impactar no meu rostro sonrojado pola etílica nuite, a tuchinho a luss da manhâ dabalhe un aire de galantería, e gager...gager jâ ía alá adiante...respirei fondo, colhim esse aire, primerizo aire marinheiro do mencer, olhei o orizonte e pensei..." joder, para ser a nuite que fui e esmorgar como esmorgamos, e beber como bebemos, e ser o tropelóm que somos...pois acabamos mui bem a nuite, pq se lhes passara aljo a os oitros chamarían...e eu preocupándome de que jâ a vira vir...jajaja que parvinho som!!! "...pero nom som parvo, e aínda era moi cedo para issas entelequias...o que ha de ser, será pior, que dijo murphy...a manhâ, repito, vinha soleada, alejre...bonita..."manhá sem incidências, forza de un a dous, nenhum tipo de maruxía e vento de oeste e surleste..." que diría pemán...e nós íamos cansados, mais bandeando dos risos que nom podíamos conter...era alegría sr. juez, sana alegría...e ao lonje divisamos o OBJECTO NOM IDENTIFICADO que nos perturbou tanto o siso...bueno denantes, cruçamonos cum boghacho que ía pior que nós..bueno, nosotros de aquella ya le íbamos serenos, señoría...dijemoslhe que deijara a bebida, que se nom sabía beber que nom bebese, entre risos...bueno eu e gager, pq tuchinho estaba empeçando a apretar o punho e trinchar os dentes...colhemolo cada um por un hombro e para distraelo dijemoslhe: joder, mira o que hai alí...
VERSIÓM 1: sejimos caminhando e vimos que uma luz fúlgida, penetrante e cegamte fíjose sobre uma rotonda a cem metros de nós...uma pequena explosióm, e como se duma nave se tratase un objecto transportase até o arcén onde cae de golpe quedando metade no arcén, metade na beirarrúa, todavía incandescente, a luss retirase e o sinal muda de cor, nós achegamonos...
VERSIÓM 2: um coche a gran velocidade sobrepásanos (nós sejiamos caminhando) e colhe a rotonda polo médio (saltandoa, vamos!!) polo caminho leva un sinal por diante que remata na beirarrúa, o coche frena , um tipinho baija, mira que nom levou muita rossadura, dalhe uma patada ao sinal e alí queda, entre a beirarrúa e o arcén...nós que todo isto víamos, acheghámonos...
VERSIÓM 3: nós sejiamos camionhando, cando gager dende adiante advirtenos: "jajajaja, que risa, mirade o que hai na beirarrúa!!", eu sejía falando co borracho, que erá adicto ás borracheiras, e tucho fui onda o gager, eu sejino, cando cheghamos, vimos un sinal enorme de rotonda, entre o arcén e a beirarrúa, posiblemente perturbando o tráfico que de ser máis tarde podería haber, cun fin claramente social, e por evitar maiores danso arrimamolo cotra a beirarrúa....enha e os trwes
FEITOS COMÚNS ÁS TRES VERSIÓMS: escachamos á risa ante a comicidade de ver un sinal enorme tirado no chan, apartamolo antes de nada e pensamos ao unísono, aínda que fun eu quem o exteriorizou con verbas (txari, el de las ideas) e se o levamos até a casa de zape....venha!!...e os tres carghando cum sinal ao lombo que pesaba a súa ramera nai...(sabe aljén a distánsia que dista, ponhamos por ejemplo entre...nom sei...entre vila-garcía e vila-joám, por ejemplo....pois algho pareçido....asím como catro quilometros...!!!!) o das ideias, podía telas milhores, oh!!! e alá vamos carghando coa crussm, redimindonos de tódolos pecados da nuite, primeira parada do viacrucis, tucho que solta o sinal-"pesa de caralho, un descanso" (obviamente son deses sinais enormes para seren vistos a cen metros), o gager que ten "oitra ideia"- "e se lhe sacamos umas fotos co móbil?", para o que solta o sinal para colher o móbil...quedando eu como único salvajuarda do maldito tesouro....cuestióm de física, cuestióm de física....se aljo que está sujeitado por tres subjeitos, queda sujeitado de súpeto por um, este um...questióm física...cae ao chan co sinal....en resumen, a foto fui a foto minha abraçado ao sinal no cham....estilo escena romántica de enmanuelle...pero o día ennejrou....tanto jogar co gume da navalha....e é que eu jâ o vira chejar, eu vírao vir por atrás....parase a música, apareçen as escuras nubes, o vento deija de soplar e nós de rir...maldita ideia a de transportar o objeto indeterminado sete km. entre os tres....maldito o día en que se cruzou no meio do caminho...causa-efecto...a causa jâ estaba feita, as fotos tomadas...as risas botadas...jâ só faltaban...LOS HOMBRES DE PACO VESTIDOS DE FOSFORITO...descabaljan da patrulha, fan o sinal dos marines iankees, caras de seriedade (por serto, deijaron a patrulha mal aparcada...pero eran homes de lei...) -"nas noches, cabalheros..." "que están haciendo?" (a resposta omitirémola por nom matar a ninquém da risa, amáis aínda estamos baijo secreto sumarial...)...-"a onde se dirijiam?" - "ummmm, ummmm....ahí adiante" -"con que propósito?"- eh...para levar o sinal que entorpeçia o tráfico"-"IDENTIFÍÍÍQUENSE" namentras sacaba a minha rtarjeta identificativa puiden comprobar o verdadeiro alcançe da parelha que me acompanhaba...(bueno, jâ o sabía) um-"caghena puta-caghenocaralho-se pessejírades -nacotraficantes-que estan-acabando coa salú-quem vos pajan?-quen?-os narcotraficantees?" oitro -"pa que ques que me identifique?"...imposible nom rir ante tal panorama,...a mion que me se me trababa a linjua da risa-"jajajase..jajanhor...jjajajajen...jajajte..."cómo que no tienes documentaçióm aquí?!!!, a ver NOMBREEE!... e o mundo parou (eihhhh!!! que deije de girar o mundo!!!!) a música fijo un redoble de tambores, catro cornetas entonaron o tirirín tirín tirín.....e toda a atemçiom enjlobou a resposta de tuchinho, indocumentado ´de asiduidade (ajora menos), estirou o pescosso, enfitou coa olhada ao agente e dijo con voss clara e diáfana: -" PACO MI VIDA, CHAMOME PACO MI VIDA"...a min e a gager nonos chejou o chan para tirarnos (como poden dúas pessoas tirarse ao chan a escachar a rir diante de dous agentes da lei???, pois si....assí como un bo anaco, e todo esto serenos señor juez, que lo liviano que bebieramos ya alllá se fuera con la noche!!!....alaaaaaa! alá levan a paco mi vida a identificalo ao quarteliho -"-acompanhenos!" -"a onde?" -"ao quartel"-"pa que?" -"pa xojar a baralha tucho-dijo gager!", alá foi, nós detrás...-"perop que pensade sque esto é un taxi!!!" andando volos dous", e alá fomos eu e gager a buscar a tuchim, que estaba no quartelilho co peito inchado dúas quartas e mirando como pa matar ao agente -"güenas, vimos a buscar a paco mi vida!" nom fijo falha máis, o agente comprendeunos e díjonos "ahí o tendes" e gager co seu fino humor (e sempre oportuno) prejúntalhe ao da porta -"a ti quem che paja o minhanco ou o oubinha" adiosssss.... e é que eu jâ as vira vir...eu jâ sabía cando empeçei que nom me chejaria este post......(continuará na derradeira entregha....ajuardo)

11/14/2006

cartas dende detrás das reijas de teijeiro...(I)



Powered by Castpost



"yo lo veía venir....ya la vi por atrááássss..."
raffello de Joh-Iásh

efectivamente jâ o vimos chejar antes de levantar o vaso no primeiro brindis....pero eu calei a boca, e olhei ao redor que me a-rrodeaba...abofé que ía para record, destas que nom se esqueçen; e perçibes decote (cote nom vinha, per certo(uma oraçiom polo mito, que morreu diante dun cochinilho de 250g)) que vala ajarrar bem, boa...por atrááss...
o raposeiro sorriso de zape, esse que muita gemte conheçe...si, esse sorriso que vai acompanhado de silenzo (rarissimo nel) e duma verba que nom remata de sair da súa boca, esse sorriso foi o que erjeu o telón das veleidades, o toque de queda que daba paso á máis variada colecçom de liquidos para enjugar a ialma, alcoles madurados e destilados nas máis sonholentas adegas...ímola ajarrar boa...boa de caralho-nom paraba de me repetir...acompanhamos todo con churrasco e chouriços, empanada e lurinhas, olivas e pan; pan de tódolos recunchos onde hai fame, que é onde milhor se fai o pan...acompanhamos, diçia, por aquelo de nom beber somentes, por solidificar un presentimento que ía medrando no meu bandulho...en frente, folga dicilo, tinha a gemtes chejadas dos máis dispares currunchos do planeta de jrelos. gemte que nom permite a rendiçom cando a copa iniciou o seu caminho cara o fíjado...nom hâ caminho de retorno se porfías a valentía detrás dun reto, agochado num "poj minha abuela!" que retumba nos ouvidos temerosos de cada un de nós...ía para jrande...para uma tajada fina de caralho...de caralho e medio, que diria raimon, o ruisenhor de bonaval...pero um homem é um homem, e o que ten da jorxa pra baijo é o peito, naljuns um peito de lobo (noitros um peitinho de jalinha)...e começamos a desenfundar, a solta a baralha enriba da mesa...eu nom levaba muito as, tampouco fun de farol, mais nom lhe fijem nojo a unha botellinha de licor con cereijas que levaba maçerando dende os tempos nos que ventura pelejaba por aprobar a selectividade...foi fino o moucho que enchiame o plato sem el comer uma...nom dera em alçar a olhada do primeiro vasinho cando cuchillaço no pescoço xa jinhaba de máis o faro dereito e soltaba retos ao aire, juantes que ninquem ousaba recolher...do vinho, pouco que contar...dos licores que diçir se o filho do cura era quen servia e custodiaba...la música del future, la máquina de encantar serpientes...e tuchinho começou a bailar coa estufa ao lombo enriba da mesa...estaba divisando á primeira vitima da nuite...mireilhe directamente aos olhos...pero nom lhos vin, se el era a primeira vitima eu deberia ser a sejunda...e o trebóm intentou contar um par de chistes pero o alcól non lhelo permitiu, nós tampouco andabamos pola labor...e o licor de jindas baijaba a canón, e cuchillaço jâ jinhaba os olhos a pares, e o fillho do cura empeçaba a filosofar sobre a beleça ajochada de basanta, e sipi fijo de pincha discos disfrasado de eros ramazzotti dende a portada dun cd, e a min dabame voltas todo menos o reloj...e as linguas atorabanse antes de espir os pantalons, e o tio aurelio medrara muito dende o ano anterior, e jâ case pareçia un jarron chino, dos que ajuantan das plantas na entrada das empresas serias...o alcol foi tan presente que começou a sobrar a comida e tiven que deijar as lentelhas que me sobraran enriba dun evaquador disfraçado de cinseiro, iso si uma por uma para cubitarlhe a capacidade justa...aí, nese intre...como se puideses parar a película e estudiar o que pensa o fulano,..aí fui cando me din exactamente conta....desta nom me libro....jâ é jorda de aúpa....chamamos a dúas ambuláncias para sair da casa, pero vinham dende longe e decidimos democráticamente que o medio máis rápido era salir no peta-car con stereo de ultimo modelo que neutraliza os jraves cos ajudos e escuitas a musica de-lo-lindo-pa-flipar, tardaba tanto en expliilcarnos cada uma das peças, que sipi tiroulhe unha pedrada á cara pero creo que nom lhe deu, polo menos a peta-bull e tucho saiu todo sulfurado do jaraxe, de caminho fui uma movida rara, as tres neuronas que tinha en servicios mínimos estaban intentando saber como se colocaba a peça da ventanilha que me quedara na man...tucho empenhouse en que lhe pararan o coche para falar polo móbil, que o motor nom lhe deijaba ouvir bem, ou que coa velosidade desvirtuaba as ondas do móbil...e a min surjiume uma prejunta destas tontas (que di gager, sen raçom) como uma herbinha que trepa pola agra...-peta, por que levas un braço pola ventanilha co cubata?..."-es que no habian más yelos en casa, y así se refrijera", os dous policias locales (que-siempre-son-buena-gemte-y-para respetar) que nos viron a sete km/h. cun cubata na ventanilha e un energúmeno berrando- ostia, que quero falar polo móbil, para o coche, joder!!!!- bueno y si quiere parar...yo paroo..., os dous policias locais, diçia, deijaronnos sejir, nen nos pararon, a min pareçeume raro...uma vez pode que che perdoan, dúas nom...así fui, á sejunda pajamos polo cubata, polo equipo stereo-afónico, e polo coche que caia apeças.....que movida, mimá!!! e caemos polos mirtos, e a o filho do cura apareçianlhe botelhas de juisqui e vodka no maleteiro que se asemelhabam mojolhon a dúas que desapareçeran da festa..."-tranquilos, yo os invito", e falamos de onde saíra a pedra misteriosa que lhe petara ao tranquilo tucho, de porque o moucho bruaba entre os dentes...e ante nós abriuse uma candidata a cidade, valeira de gemte, tinhamos sede, e queriamos beber para nom ter que discutir, para pechar as bocas....eu sejia prejuntándome que façer coa peça da ventanilha na man...e fomos a um local preto dum pichom, e saimos peor de como entraramos, juro, que nese instante matrix no que estaba no aire antes de tocar cos bruços no chan e justo lojo de esvarar no verdin, nom imaginaba o que empeçaba a frajuarse...
MOMENTO 1.- antecedentes de feito: um rapass de la noche, típico , normal,num coche a-3, a moça nom sae pq está estudiando pra o exame do joves, teléfono na man, dentro do habitáculo do veículo, disindolhe que "que juapa es, que fijestes ben en non sair que nom hai ninquen polos bares,que agora acaban de sair do local sete inocentes borrachos sen teito a onde ir, ui creo que um...si...creio que um esvarou, ja,ja ...si deberon de beber...e tal , e qual..."
reasióm:(toc, toc)"te parece gracioso, no?, rirte do meu amigo, do meu inocente amigo que caminha baijo os efectos do alcol..." te hizo gracia la caída, no?, tuchin que rodea o voluminoso a-3 ante a incredulidade do raparijo que narra en vivo e en directo, e só pra súa moça o que etá vendo: mimá...churri ! que creo que me quere entrar no coche.- cari, tú no los provoques que ya se van ellos solos"no le hagas casinho", tucho levantando a celha esquerda e o hombro dereito devess, pousase na ventanilha do copiloto: "abre a porta" a porta que se abre, sejundo momento matrix onde todos jiamos a olhada ao inteior do coche..."fixo-che graçia, nom?" os dous só no coche:"-ARRANCAA! espeta tuchinho á par que saca o freno de man...o raparijo nom sabe en que película está vivindo...sape, que quedara resajado entrandolhe a uma columna, identificou a situaçom e berrou dende a oitra punta do caleijom:-"Noooooooooooooommmmm, altooooooooooooo, ajarradeeeeeeeeeeeee a tuchoooooooooooooo, nommmmmmmmmmmmmmm....ajónitos berros duma peli italiana de posjerra...era tarde, o mal jâ estaba feito.-pero tuchinho, a onde vas?- deijádenos imos a dar uma volta, arranca!!!, nom sabía se rir, se chorar, se ajarralo, se emcizanhalo...e sape correndo cara nós a cámara lenta, pero, repito, o mal jâ estaba feito, era inútil...com muito sijilo aplacamos a coisa como ben puidemos...gager calmou a tuchinho:-"deijao ir (o rapás devessia por marchar canto antes, pero era de arousa, sé ía tinha que ir coa cara alta e o peito erjido) nom ves que é tonto..." e daqui nace o: O JRAN FALHO DO POBRE INFELIS DO RAPASS, o nené sae, co peito por diante, do coche e di:-"pero quem caralho é tonto...?"disque con cara desafiante, disque porque a ninjun de nós poidemos comprobalo, pois esa mitica frase déralhe ao rapass ocasiom para conhecer máis de preto o sello que ten gager no anel da man dereita, viuno tan de serca que ata se lhe quedou jrabado na cara...nunca tan rápido entrou ninquen nun coche, pujo o sintirón, metiu primera, sejunda, terçera e permitiuse deijar un carreiro de fume tras de si...de cero a cen en milésimas....-deijadeoooooo!!!!, nom lhe darrr!!!!!, que é familiar meuuu!!!!, pero os rogos de sape chejaban tarde, muchachito bombo infierno debía de andar jâ máis alá de catoira... efectivamente eu jâ o vira chejar, como tambén vía que isse só fora o començo da nuite...

(continuará a vindeira semana)

10/16/2006

fugida a um paraiso perdido...


lojo de deijar muito esforço e de esmajar as janas con tanto empenho, os que me paghan tiveron o bo detalhe de me reghalar o venres uma "adecuación de jornada" que ven sendo que o resto do ano como façemos horas de máis pois hai que compensalas, pero nom era esto o importante que che quería contar...diçia que...bueno que estaba tam até o gharabulho da infame vida urbana, dos coches que por milheiros me circundan, das gemtes que viven contigo mais noutro planeta, da rarísima agenda desta cidade e da contaminaçom anímica em geral....que marchei...si como o oes...nom aghardei ao venres, o joves funme a desintoxicar ao lujar máis ilhado (nom, aínda nom volvín a costa da morte!!-jâ che avisarei cando o faja-), tranquilo e fermoso que o meu peto puido conseghir...jâ escuitara falar marabilhas del, pero fum a comprobalo em pessoa...o reto era façer a ruta dos colomèrs a pé, descansar, ver todo aquelo con detimento e algo de aventura.
o primeiro día vin un val...que me lembrou muito a duio, mais con máis vacas e menos terreo de labramça, para chejar a él ascendemos por uma fervença salvagem...máis comprobarás que valeu a pena...até ahí bem...si, jâ vou ao jrano (de milho)...pero cando nos preparamos para a gran cita, o jran reto...coas botas a estrear, o chuvasqueiro para a ocasión e as forças colhendo alento...dinme de conta daljo...vin o pico colomèrs e pensei que se cadra era mui alto pra min...e que façia un sol radiante (tenho o chuvasqueiro sem estrear) e que había neve (as botas ajuantaban de todo, menos neve, así mo dijo o jicho da tenda)...como que me enrolho como uma persiana! a ver se nom che contom nada!!...ao començo ben, logo perdemos as marcas e vinherom os problemas...tivemos que improvisar neve a través, os 650 m. de desnivel tiraban do peito a su rameira nai, levaba dous meses sem façer pinja de ejercicio...cando nom soupemos como continuar, como bos galhegos que somos dijemos:"bueno, tomamoslhe o bocadilho, ouh!!" e lojo da digestióm decidimos dar volta...pero nom podiamops dar volta polo mesmo caminho...conclusión: baijei tan cansado que nom miraba nem onde metía o pé...(tres caidas, uma de extrema jravedá (para min, nom para os/asoitros/as que dijerom:"se podes caminhar é que nom é nada"(bueno o día sejinte estaba de marcha coma se nada, mais no momento para min foi jrave) acordeime do dependente da tenda de botas toda a baijada, tinha os pés congelados...depois de tanto ejerçiçio: chuletón, e ben jrande que aqui tenhem boa fama...pasei uma nuite malisima de tanto que enchim o bandulho...jâ sei que mo dijeras muitas veçes, pero tinha fame que caralho...ao día sejinte de ligth fomos a montar a cabalo até o pobo do lado...um paripé, os cabalos estaban amansados de máis e nom trotaban (ao meu faltabalhe uma ferradura e jiaba pra cuneta de máis), e lojo de que o cú deijase de doer tanto fomos de marcha...pois claro, que colhim uma tranca de muito caralho...se na capital levantina sae máis caro o alcól que calqueira outra droja....comclusiom ía descansar e volvin cansado, roto e coa jorxa fodida (primeira do outono) pero cum carro de fotooossss....jâ sei que a ti nom che importan as fotos, pero a min si...

10/10/2006

perijro, dangerous, danger, pericolo...


dangerous, dangerous!!!!!

primeiras voçes de alarma, sonan todos os chifres de emergência, activanse os plan de “sejundo plan” ou plan “b” …. descontrol, desconcerto…

Hoje foi a primeira vess que a gemte que me trata a cotío (nom me refiro ao pessoal do manicômio...) detetou un síntoma de desleigamento. presentáronmo como todo un lojro, ou como uma advertência da que jâ me deran conta ao começo…”te das cuenta, ya perdiste el acento gallego” e non houbo risos detrás desas verbas, nem bromas, nem dardos…foi presentado com toda a objectividade de quem mo dijo!!!!!!!!!!!!

e foi sem pretendelo, sem me dare conta...creio que hoje nom vou a poder durmir, repasarei toda a gramática e fonética galega, revisarei “o” por “o” e “e” por “e” ata lembrar cales eran os abertos e cales os pechados…ouvirei sem solución de continuidade, miles de vezes ás pandereteiras, a os Tamara, a ana kiro, a fujam os ventos…..nom, nom pode ser!!!!!!!

A minha lîngua, a minha terra….mi casaaaaaa!!!!

10/03/2006

nhonha posesióm...


se tivera cabos…com mil deles enlazariache ao mastro…com nudos gordianos que nem o sable do mesmo neptuno ousaría cortar…

se tivera cadeias, encadenariache á minha ialma de por vida, con candados venosos que compartan o noso mesmo sangue…

de posuir raios paralissantes, paralizariache nos meis beizos, no preciciso (no precioso) momento de adolecer no teu lene sabor a mar…

tamén podería ter brebajes namoradizas das que facían antes nas aldeas…para que só viras os meus olhos reflejados no teu cristalino palpebrar…

consumiriache con tento, como quen economizaos seus tesouros, ou comeríache dun famento bocado, apurando os desejos e as pasións gardadas, reprimidads…

e ficaría co bandullo cheio, …cos cabos estarricados no chan,…coas cadeias amordazándome e coas brebajes alinhadas polas paredes, esnaquizadas…

algún día, quizais algún día…consiga desatarme dos milheiros de cabos, das longas cadeias que me inflijes, algún día a máquina de raios foderaseche…algún día as brebajes caducarán… e serei eu quem che posua…

9/28/2006

açentos na cidade...

um día qualquer, primeira hora da manhâ, capital das soleadas capitais:

-hola, buenos días, quería...
-"haii!!!, pero parece que tienes acento galleguiño"

-eehh,ehh!! (risa leve) pois sii...
-"pues es la primera vez que me encuentro un argentino con acento gallego"

-(risa franca) (incredulidade (nom tanta era a enésima veç, pero esta era mui directa e a senhora estaba chea de raçom)) aihh!! que no te parezca mal!!!
-(terçeira pessoa)...pero como no le va parecer mal si lo confundiste con un argentino siendo italiano...

-hai, que lío!! si al final seguro que serás gallego"
-(ríome de compromiso), (míranme, agardan uma resposta)

-ehem, realmente soy hijo de un japonés y una malaya, me crié en L`Alt Ampurdá pero en un viaje de negocios se me olvidó el catalán, conocí a una chica gallega y me pegó la lengua de allí...

-(dúas caras de incredulidade) creo que me bajo en esta parada (risas dende o fondo do vagón) ...


**situación real repetida até a saciedade intercalando as procedencias italiana e argentina.

8/29/2006

coma as luras...

…coma as luras, coma os dinosáurios, sem relacióms sociais imos desaparecendo…
(Oswaldo di Bassoa)

canto máis se alonjam as verbas, canto máis espaciadas están a última vez que falamos e a próxima, máis se difuminan as images que nos formamos dos oitros, os seus nomes soan cada vegada máis raros e fáisenos normal nom chamar, nom escrever, nom viajar…tamén nom recibir postais, nem chamadas perdidas, nem equivocadas…esquezémonos das relaçóms sociais e iso condénanos á extinçom, a proteger e a nom-compartir as própias verbas, a sufrir a tiranía do silenzo cando nom é desejado, procurado…como un novo meteorito, coma un tsunami devastador…coma as luras de oswaldo, nadamos cara a deriva…cara o aboiar dun novo contrato social…

8/24/2006

de sonhos....


ceamos con risos e algarabías, de postre, doble racióm de lembranzas fotográficas, que pechaches ti cun suspiro e media bágoa refugiada na máis tenra furna da meninha…pechamos as portas duma estival nuite de evocaçons, e nom se voltou a abrir até que os galopes suorosos do astro rei rasgaron as cortinas dun novo mencer…ou até que o batifundio de tijolas e tarteiras acompañou rítmicamente á tele e as catro radios accesas nas alturas da industrial conglomeración de gemtes…
mais todo voltara lindo, espertei sem querelo cun sorriso que provinha dos máis profundos sonhos… e sonhara, sonhara que penetraba a través das estrelas até tocar o sol, até poder envolvelo para ofrecercho crú de frescura…o teu sorriso jâ me dijera que tamén sonharas, sonharas con voar, con viajar, con lanzarche ao vacío da máis fermosa paraxe…e compartimos os sonhos e os fundimos nun…e puiden divisalos juntos cando o colérico vento de norte peiteou con atlántica efusividade os teus desleídos cabelos de mulher, alí onde o mar come á terra e a terra afunde ao mar…

8/11/2006

arte na rúa...


quen dijo que a camaron nom se lhe podia re-interpretar dende uma visiom galaica?...cando o talento aúna-se coa arte sae aljo asím: http://streetartistinfo.blogspot.com/ ....de casta venlhe ao jaljo ... o que non enfocan é como lhe quedou a boina ao final do pase...

8/08/2006

contra o lume, máis lume!!!...



...contra o lume, justiça popular...que sejam os própios gladiadores contra o lume quen xulguen ao cabróm...

7/28/2006

mudanças essprex.....


que o caracol cambia de cuncha, che!!!!, e as flores que jâ marchúan coa calor, buscan sosego na fresqueira humidade do mal chamado povo da sequía…que a mente ten un interruptor que ás veçes salta… ás veçes uma espeçie de fusible chamado calma chega a rebosar…os berros que anudas a derradeira das cordas vogais fenden o espaço e agroman ao aire en forma de sorrisos de satisfakçom…a capacidade sorpresiva das que nos falava a pícara nom me abandonou e aíndahoje, abráia-me como um piqueno cambio no teu entorno vira o tiovivo do revés, muda o azul polo laranja ou o ácido polo doce sabor de saberte livre…que bonito, chico!!, saberte un chisco livre… e poder encher os pulmóns de aire sem ajuda…e poder soltar uma gargalhada ao sol namentres danzo co morno vento do verám…ás veçes hai que marchar para divisarte a ti mesmo dende longe, ás veçes só cando fas uma maleta sabes con que e con quen contas…so a agarda de que os cambios nom saian mal manten-me un par de neuronas en garda, e se nom é, jâ será…que di a minha avoa…

7/14/2006


a contaminaçom é aljo do que a maioría da gemte da costa da morte sabemos muito, ás veçes demasiado...sabemos que sempre existiu quen se aproveitou desa venda coa que as autoridades encargadas de velar polo ambiente, polos dereitos dos cidadáns, pola vida tapaban os olhos...se algo sacamos estes días em LIMPO é que os desastres ambientais non chegan só de mar adentro. o prestige, ás veçes ten forma de lata de conserva e o seu mal pasa moi caladinho, pero fai máis mal porque difuminase no tempo, na costa e na pasividade da devandita "autoridad"...neste espazo nom podo berrar, dende onde me atopo posiblemente nom me oiran berrar en carnota, en larinho, na pedrafigheira, en feáns e na costa da morte enteira, pero alzoo ijual ao ceo, o queixido eo pranto máis neghro que se pode botar cando destrúen a túa casa, o que viches e o que che viu naçer, a túa infançia, a túa vida: vaia pois este berro por CARNOTA.

paremos jâ duma veç por sempre a desconsideraçom ou a nom-consideraçom coa costa da morte

7/05/2006

cara o final...



...e o final avense coma os paxaros da nuite/ desperdigados, paseninho, mais co bico babexante de morna sangue coa que alimentar un novo fénix...

...e á falha de quorom, o derradeiro azo asfíxiase no sedento deserto da deijadez/ soio, abatido coma a cinza que abonará uma nova colheita num novo mencer aínda sen divisar...

6/23/2006

...e de súpeto o s. joam...


…lendâria nuite de lumes crepitantes/ menceres de escuma e paijóm/ bebidas de funesto arrepío/ ciclos solares impertérritos/ parados ante a olhada das mal-façedoras da nuitega tebra/ berros que anegan os equinoccios idos/ berros que abren a estaçom da madurez/ meigas que extenden os seus fetiços para tomar forma humana/ poder elegir se continuar a súa aprendizage meiga ou ficar engaioladas na forma humana pola atracción dos mundanos devires…/ ser mundano, ser mundana/ baijar a garda e conjugarse coa mágia que desborda na meiga nuite de bruxas, na longa nuite, no longo mencer do sam joam…

6/16/2006

em ti...


intento apartar con fortes suspiros os ecos errantes e maliciosos que me trae o vento/ ansío o teu reflejo no ar pousado no orizonte/ acáenme as forças a vésperas da longa viagem de reconquista/ como o pretendente que declina no derradeiro momento a conquista/ como o rei que nom pode posuir a todo o seu reino numa soa man/ coma o tolo que loita por agochar os sentimentos que ti jâ intuistes e disimulas conheçer...


6/14/2006

processo de auto-amputaçom duma amígdala...


1.- enjugar con especial esmero e atençóm a boca, obtendo um diagnóstico claro e conciso do problema a tratar.
2.- Esterilizar os elementos empregados para esta operación con alcól 96º, a saber: garfo, coitelo, coitela de rasurar a barba, gasas e xeo…
3.- enjugar de novo a boca, mais esta vez con antiséptico do tipo oraldine, até notar a boca o suficiente dormida como para nom percibir a dor…
4.-atamos as gasas ao garfo para evitar que tanto o sangue como a amígdala esvaren pola gorja abaixo, atamos a coitela de rasurar á punta do coitelo (olho con asegurar bem a súa unióm) e con coidado e sempre fronte a un espelho ir seccionando lenemente a amígdala empurramdo ao mesmo tempo coa gasa cara arriba para recolher tanto o sangue sobrante como a própria amígdala.
5.- uma vez que a tenhamos situada fóra do corpo apretar a ferida coa gasa e aplicar xeo con presión até eliminar qualquer tipo de sangrado.
6.-post-operatorio: estar entre uma semán ou dúas tomado xeados fríos e sopas quentes até notar que a gorja admite sólidos con normalidade

Nom façer esta operaçom diante de cativos ou pessoas sem suficiente xuíssio…en caso de nom ajustarse ao descrito nalgún dos anteriores pasos , consulte a un médico…ou a dous…

6/09/2006

jogando a correjir...


...ante a iniquidade e injustiça do mundo começou a reparalo aniquilando e destruindo todo elemento que corrumpise a idea que tinha de harmonía…cando o mundo quedou valeiro de gemtes e sem os máis preciados tesouros, sentouse, fitou o seu arredor e nom atopou motivo polo que construir nada…subiu a vista ao ceo intentando comprender a suprema esência e nono conseguíu…ao día seguinte, descansou….

5/19/2006

verbas galegas...


aínda que sei que soarám a rancias, demagógicas e valdeiras de senso (ou que habrá gemte a quem lho paressa) quijera aproveitar estas escasas verbas (o tempo pisáme o calcanhar ao pouco) para felissitar(-me-nos) a quenes empregamos este idioma jâ nom só por ideias, tradiçom ou convencimento, senóm tamén como um geito de ver as coisas duma maneira...se o día das letras galegas pasou meirandemente desapercibida...que nom pasen as verbas galegas desapercibidas por nós (e sei que nom o farám!!!) ...dende a lonxanía sí que valora "de cuore" o falar galego...pero muito, muito máis... escuitalo, polo galego e por quenes o empregamos, ben, mal ou ás trancas....para que sejamos quem sejamos, estemos onde estemos sejan...galegas

5/11/2006

o neno que sempre dicía xesús...


“senza fantasia il mondo sarebbe un quadro in bianco e nero”

paolo
rodari


xián era un neno pequeño que nacera numa tamén pequena localidade preto do mar, así é que pasaba o tempo entre a escola e o xogar pola rúa…a coisa é que xián tinha por costume decir xesús ente o mínimo espirro que alguén daba preto del; sempre era o primeiro en alzar a voz por riba do resto para berrar – xesús!!, e recibir así a primeira contestación de grazas, que é como solía respostar quen espirraba, pois eran naqueles lares eran xente moi educada…tal era a pasión de xián por decir xesús que incluso provocaba espirros entre as/os companheiros/as, empreñaba ás veces o pó das tizas, ás veces soprabalhe na nuca ás nenas para que colhesen frío ou influía para que olhasen cos olhos pechados ao sol durante muito tempo…-xesús!! berraba xián con un ledo signo de entusiasmo…mais un día o mestre preguntoulhe se sabía o que quería decir xesús, xián respostou que era o que exclamaba sempre a súa avoa na casa ante uma barbaridade: -xeeesús!!, o mestre ríu á esgalha e logo explicoulhe que era uma expresión pola que se invocaba a Xesús Cristo no mundo cristián como protección ante as enfermidades que o esbirro podía significar…xián abraiouse e reconsiderou o de decir xesús, e foi así como a partires de de entón xián berraba: -saúde!! cando escoitaba espirrar, como ánimo a ter saúde antes que protección ante a enfermidade…-saúde!!! berrou xián…