11/14/2006

cartas dende detrás das reijas de teijeiro...(I)



Powered by Castpost



"yo lo veía venir....ya la vi por atrááássss..."
raffello de Joh-Iásh

efectivamente jâ o vimos chejar antes de levantar o vaso no primeiro brindis....pero eu calei a boca, e olhei ao redor que me a-rrodeaba...abofé que ía para record, destas que nom se esqueçen; e perçibes decote (cote nom vinha, per certo(uma oraçiom polo mito, que morreu diante dun cochinilho de 250g)) que vala ajarrar bem, boa...por atrááss...
o raposeiro sorriso de zape, esse que muita gemte conheçe...si, esse sorriso que vai acompanhado de silenzo (rarissimo nel) e duma verba que nom remata de sair da súa boca, esse sorriso foi o que erjeu o telón das veleidades, o toque de queda que daba paso á máis variada colecçom de liquidos para enjugar a ialma, alcoles madurados e destilados nas máis sonholentas adegas...ímola ajarrar boa...boa de caralho-nom paraba de me repetir...acompanhamos todo con churrasco e chouriços, empanada e lurinhas, olivas e pan; pan de tódolos recunchos onde hai fame, que é onde milhor se fai o pan...acompanhamos, diçia, por aquelo de nom beber somentes, por solidificar un presentimento que ía medrando no meu bandulho...en frente, folga dicilo, tinha a gemtes chejadas dos máis dispares currunchos do planeta de jrelos. gemte que nom permite a rendiçom cando a copa iniciou o seu caminho cara o fíjado...nom hâ caminho de retorno se porfías a valentía detrás dun reto, agochado num "poj minha abuela!" que retumba nos ouvidos temerosos de cada un de nós...ía para jrande...para uma tajada fina de caralho...de caralho e medio, que diria raimon, o ruisenhor de bonaval...pero um homem é um homem, e o que ten da jorxa pra baijo é o peito, naljuns um peito de lobo (noitros um peitinho de jalinha)...e começamos a desenfundar, a solta a baralha enriba da mesa...eu nom levaba muito as, tampouco fun de farol, mais nom lhe fijem nojo a unha botellinha de licor con cereijas que levaba maçerando dende os tempos nos que ventura pelejaba por aprobar a selectividade...foi fino o moucho que enchiame o plato sem el comer uma...nom dera em alçar a olhada do primeiro vasinho cando cuchillaço no pescoço xa jinhaba de máis o faro dereito e soltaba retos ao aire, juantes que ninquem ousaba recolher...do vinho, pouco que contar...dos licores que diçir se o filho do cura era quen servia e custodiaba...la música del future, la máquina de encantar serpientes...e tuchinho começou a bailar coa estufa ao lombo enriba da mesa...estaba divisando á primeira vitima da nuite...mireilhe directamente aos olhos...pero nom lhos vin, se el era a primeira vitima eu deberia ser a sejunda...e o trebóm intentou contar um par de chistes pero o alcól non lhelo permitiu, nós tampouco andabamos pola labor...e o licor de jindas baijaba a canón, e cuchillaço jâ jinhaba os olhos a pares, e o fillho do cura empeçaba a filosofar sobre a beleça ajochada de basanta, e sipi fijo de pincha discos disfrasado de eros ramazzotti dende a portada dun cd, e a min dabame voltas todo menos o reloj...e as linguas atorabanse antes de espir os pantalons, e o tio aurelio medrara muito dende o ano anterior, e jâ case pareçia un jarron chino, dos que ajuantan das plantas na entrada das empresas serias...o alcol foi tan presente que começou a sobrar a comida e tiven que deijar as lentelhas que me sobraran enriba dun evaquador disfraçado de cinseiro, iso si uma por uma para cubitarlhe a capacidade justa...aí, nese intre...como se puideses parar a película e estudiar o que pensa o fulano,..aí fui cando me din exactamente conta....desta nom me libro....jâ é jorda de aúpa....chamamos a dúas ambuláncias para sair da casa, pero vinham dende longe e decidimos democráticamente que o medio máis rápido era salir no peta-car con stereo de ultimo modelo que neutraliza os jraves cos ajudos e escuitas a musica de-lo-lindo-pa-flipar, tardaba tanto en expliilcarnos cada uma das peças, que sipi tiroulhe unha pedrada á cara pero creo que nom lhe deu, polo menos a peta-bull e tucho saiu todo sulfurado do jaraxe, de caminho fui uma movida rara, as tres neuronas que tinha en servicios mínimos estaban intentando saber como se colocaba a peça da ventanilha que me quedara na man...tucho empenhouse en que lhe pararan o coche para falar polo móbil, que o motor nom lhe deijaba ouvir bem, ou que coa velosidade desvirtuaba as ondas do móbil...e a min surjiume uma prejunta destas tontas (que di gager, sen raçom) como uma herbinha que trepa pola agra...-peta, por que levas un braço pola ventanilha co cubata?..."-es que no habian más yelos en casa, y así se refrijera", os dous policias locales (que-siempre-son-buena-gemte-y-para respetar) que nos viron a sete km/h. cun cubata na ventanilha e un energúmeno berrando- ostia, que quero falar polo móbil, para o coche, joder!!!!- bueno y si quiere parar...yo paroo..., os dous policias locais, diçia, deijaronnos sejir, nen nos pararon, a min pareçeume raro...uma vez pode que che perdoan, dúas nom...así fui, á sejunda pajamos polo cubata, polo equipo stereo-afónico, e polo coche que caia apeças.....que movida, mimá!!! e caemos polos mirtos, e a o filho do cura apareçianlhe botelhas de juisqui e vodka no maleteiro que se asemelhabam mojolhon a dúas que desapareçeran da festa..."-tranquilos, yo os invito", e falamos de onde saíra a pedra misteriosa que lhe petara ao tranquilo tucho, de porque o moucho bruaba entre os dentes...e ante nós abriuse uma candidata a cidade, valeira de gemte, tinhamos sede, e queriamos beber para nom ter que discutir, para pechar as bocas....eu sejia prejuntándome que façer coa peça da ventanilha na man...e fomos a um local preto dum pichom, e saimos peor de como entraramos, juro, que nese instante matrix no que estaba no aire antes de tocar cos bruços no chan e justo lojo de esvarar no verdin, nom imaginaba o que empeçaba a frajuarse...
MOMENTO 1.- antecedentes de feito: um rapass de la noche, típico , normal,num coche a-3, a moça nom sae pq está estudiando pra o exame do joves, teléfono na man, dentro do habitáculo do veículo, disindolhe que "que juapa es, que fijestes ben en non sair que nom hai ninquen polos bares,que agora acaban de sair do local sete inocentes borrachos sen teito a onde ir, ui creo que um...si...creio que um esvarou, ja,ja ...si deberon de beber...e tal , e qual..."
reasióm:(toc, toc)"te parece gracioso, no?, rirte do meu amigo, do meu inocente amigo que caminha baijo os efectos do alcol..." te hizo gracia la caída, no?, tuchin que rodea o voluminoso a-3 ante a incredulidade do raparijo que narra en vivo e en directo, e só pra súa moça o que etá vendo: mimá...churri ! que creo que me quere entrar no coche.- cari, tú no los provoques que ya se van ellos solos"no le hagas casinho", tucho levantando a celha esquerda e o hombro dereito devess, pousase na ventanilha do copiloto: "abre a porta" a porta que se abre, sejundo momento matrix onde todos jiamos a olhada ao inteior do coche..."fixo-che graçia, nom?" os dous só no coche:"-ARRANCAA! espeta tuchinho á par que saca o freno de man...o raparijo nom sabe en que película está vivindo...sape, que quedara resajado entrandolhe a uma columna, identificou a situaçom e berrou dende a oitra punta do caleijom:-"Noooooooooooooommmmm, altooooooooooooo, ajarradeeeeeeeeeeeee a tuchoooooooooooooo, nommmmmmmmmmmmmmm....ajónitos berros duma peli italiana de posjerra...era tarde, o mal jâ estaba feito.-pero tuchinho, a onde vas?- deijádenos imos a dar uma volta, arranca!!!, nom sabía se rir, se chorar, se ajarralo, se emcizanhalo...e sape correndo cara nós a cámara lenta, pero, repito, o mal jâ estaba feito, era inútil...com muito sijilo aplacamos a coisa como ben puidemos...gager calmou a tuchinho:-"deijao ir (o rapás devessia por marchar canto antes, pero era de arousa, sé ía tinha que ir coa cara alta e o peito erjido) nom ves que é tonto..." e daqui nace o: O JRAN FALHO DO POBRE INFELIS DO RAPASS, o nené sae, co peito por diante, do coche e di:-"pero quem caralho é tonto...?"disque con cara desafiante, disque porque a ninjun de nós poidemos comprobalo, pois esa mitica frase déralhe ao rapass ocasiom para conhecer máis de preto o sello que ten gager no anel da man dereita, viuno tan de serca que ata se lhe quedou jrabado na cara...nunca tan rápido entrou ninquen nun coche, pujo o sintirón, metiu primera, sejunda, terçera e permitiuse deijar un carreiro de fume tras de si...de cero a cen en milésimas....-deijadeoooooo!!!!, nom lhe darrr!!!!!, que é familiar meuuu!!!!, pero os rogos de sape chejaban tarde, muchachito bombo infierno debía de andar jâ máis alá de catoira... efectivamente eu jâ o vira chejar, como tambén vía que isse só fora o començo da nuite...

(continuará a vindeira semana)