11/30/2005

um mal sucesso...


hai días que uma pessoa erjese da cama con afán de destroçar o mundo, ou alo menos de nom rompelo torpemente agochando a olhada, e o único que saca en limpo é que milhor lhe era ficar na cama...erjinme cansado da intensa actividade física do día anterior, nom tinha forças nem para apajar o despertador pero apajeino, ou iso cría cando saín da ducha empapado em pelotas, sen estufas a catro grados por embaijo do grado nulo, tampouco tivem forças para apajar o do mobil cando estaba rematando de clarejarme (normalmente soan tres e ninqun me desperta...jâ vislumbrei aljo de como sería o día...chejo a trabalhar sem móbil (que debería sejir soando toda amanham na casa) sem carteira...sem almorçar en resumen...pero o sucesso aconteçeu jâ na hora do jantar, como sain sem carteira improvisei umas fabas que me dera a minha avoa cun pouco de xamos e tomate (é doado, pasar cebola e pemento pola tijola, engadir presunto en tacos, tomate natural triturado e as fabas coçidas) ese fui o primeiro problema, as fabas nom coçian nem para su ramera nai, eu dimlhe lume canto puidem, que ata pensei en que tería que chamar aos chicos do calendario ese, nada a sinco minutos de empeçar a trabalhar eu co delantal posto, as fabas máis duras que os güevos de pinochet e nom fijem máis que...comelas fabas a dentelhadas e a salsa-preve por separado... e sair disparado para o trabalho, no coche sentin algo raro, de feito antes de sair e casa dubidei se ir ao banho ou apurar ao trabalho, como elegim o último ía apura dinho, saín de dúbidas (tal como se saese de contas) cando baijei do coche o estómajo apretando e as tuberías desalojando as fabas cal despojos líquidos dos canos que recolhem o auja da chuvia, correr era pouco diçir, nem saudei aos companheiros, tirei directamente ao banho co cú preto, a man tremendo as forças ían na mente e nos músculos que gardan o nome antes de deijar de se chamar espalda,...pero o manubrio nom abriu, forçeino até façer saír do interior uma voz fina, inconcisa que diçia como: ocupado, me cajo na cona, no caralho e en todo o que se menea... volvín a pasar polos meus companheiros sem saudar cara o labavo de embaijo, as forças empeçabam a falhar, nom sentia as pernas, só un río que caracoleaba por fervenças desconheçidas...o manubrio tamén atorado nom me quedoou em quem jurar, nem yoja, nen tai-chi nem fen-shui, nem caralhos estaba disposto a inmolarme publicamente no trabalho...mais de súpeto a porta abriuse e o companheiro gordo e rojo coma o porco bem alimentado saíu acarinhamdo o ventre e suspirando....meu deus como fetaba aquelo, fijem de tripas coraçom, fíjado, intestinos, fijem de todo por aturar que ata case jomito da rabia (e do cheiro) pero neseíntre que os expertos alcumaron como crítico entre que desabotoas o pantalon e vaste a sentar... as présas non ajuantaron do niágara, e o estrondo debeu de soar como cando oliete solta o xalhas polo éssaro...o tiro pasou roçando polo longueiro do gallumbo:ná que nom se poda limpar e disimular...pero os vinte minutos que estiven em período de conçentreçom começarom a inquietarme, e se non saio daquí?? o meu deus, von a ser um apósito da taça do vater no choio, a caudsa foi calandose, e limpeime sem problemas, ou iso cria...PERO PRA QUE CARALHO VON A TRABALHAR CUMA CAMISA BRANCA IMPECABLE!!!!!!!!!!, inevitable nom descubrir que o niágara tocara ligeiramente terras nevadas na camisa:eso será máis difisil de disimular. rebusquei en todo o armario, deus apreta pero nom afoja, había colonia no banho, fijo que aljo pareçido debeu de lhe pasar a máis gemte, saín do banho máis roxo que lenin despois de tomar moscowa (tamén aliviado, hai que diçir!), nom había ninquem, disimuladamente nom puiden evitar olhar a camisa e olela toda a tarde, at¡urar conseguin aturar os retorcixos da barrija...e crin ir tranquilo para casa pero ao marchar escuitei uma convrsaçom entre dúas companheiras : "i no escuchastes como decian que olía el vater de abajo, a saber quien te iria esta tarde allí..." creo que jâ aljo sabían pero, nom comprenderán elas que "en estos días especiales que todas tenemos, la paciencia y la ternura son amigos impagables", voume a rañar no gallumbo a casa que inda queda media nuite deste marabilhoso día que começei...suponho que só terei fabas pra sear, pero creo que prefiro ir pra cama sem sear...

11/25/2005

(III)


adoecían as ganhas por juntar de novo ises beizos alonjados polo destino, nom existía a distancia que realmente nos separaba, cada ves máis curta...a estrada non era atranco, pois o tráfico abríase a min como o tupido atasco ao son da serea da ambulancia...os anzos eran imáns que turraban dos nosos corpos a decenas de quilómetros...pero o tempo, o inexorabel tempo nom corría polas agulhas do meu gastado reloxio, soprabalhe, moviaas, ata tentei escachar a esfera de cristal que o protege da intemperie...nom hâ engano contra o tempo...e os coches que adiantaba quedabanme olhando pampos como se só existisem noitra dimensiom...a lúa era cheia, mais faltábanlhe tres horas para façer da súa presença aconteçimento...a nuite prometía, polo ambiente, pola festa, por ela...por min...o cheirume das sardinhas perdendo graxa ao calor das brasas é um olor que me remonta á infancia, mais nom podo comelas, danme noxo, arrepíos e debilitome con só pensar nelas, pero nese día as sardinhas eram as raínhas, a broa, as lumieiras...e ela...cheguei antes do agardado, os atalhos foron autoestradas e os pasos de peóns, graffitis das gueivotas no chan...e ela apareçeu pintada, pintada con tonos orientais...nas súas mans umas chaves, nos beizos o bendito sorriso, grial das minhas inquedanzas...de como fiquei só naquela cidade alhea, coas súas chaves nas mans, de como a nuite nom deijaba de ser mágica sem a súa presença, de como o meu riso sobrepasou os seus beizos, a súa pel de canela que muitas veces voltaría a saborear...de como as sardinhas borraron o seu cheiro a perfume de elite...sorrinlhe ao ceo e bailei coa nuite case en cernes de se apoderar do día, o día máis longo de cantos ese ano conheçeu....no alto do piso, con só xirar un anaquinho a chave no cerrolho poidem divisar uma fiestra aberta e uma cortina voando pola habitaçom, nunca puiden esquemçer esa cortina tapandome os olhos pola força do vento, escondendome seis alturas embaijo minha que me separabam da vertixinosa algarabía urbana...imposible nom comtemplar ás formiguinhas pululando pola cidade alhea, imposible nom olhar como saudaba dende abaijo denantes de subir ao coche... a soidade cheia de oportunidades, tirarme da fiestra abaijo nom pasou pola minha mente, se cadra para voar, para tocar polo ar cada uma das lumieiras daquela peonal rúa esquençida...a obnuvilaçom interrumpida por oitra chave coma a minha, giramdo na fechadura, a sorpresa de se era ela que voltara atrás, o tempo, o maldito tempo que agora sí frenaba en seco...mais nom era ela, oitra vos, oitro pelo, oitro sorriso, oitro arrecendo, nom era ela, mais era o mesmo as cartas estabam botadas e tinha con quem aplacar de vinho as minhas queijas que nom eram muitas de por emtóm. do máis insospeitado fijemos lenha, que nim marcos, que nim cuadros enmarcados, que nin silhom velho... a cidade era uma fojeira en sí mesma e o alcól começaba a regar os risos de xemtes que coma min acudíam ao berro de superar a lumiera dun chimpo purificador... a plenitude fíjose na nuite, nas conversas, nos risos, nese mar onde começei a queimar a minha maldita , pesada e andraxosa ialma...que noitro ano do mesmo día decidim retomar...

11/24/2005

o noso patrimonio in-material em cernes...



achegasse o día agardado polo común da gemte que na cachola tem idea de um maior açercamento das lindes que o minho converteu en sutura séculos hâ...nom só é o patrimonio inmaterial, tambem o material e todo o que circunda á vida cos vicinhos portugueses...porque patrimonio inmaterial son os ríos, o monte, as lendas o baile, as músicas, os trabalhos, as palavras, os ditos, os risos, a forma de empinar o cóbado...porque mereçemos que o mundo conheça e proteja a nosa singularidade... elija o que elija a UNESCO, eu creio que se debería trabalhar en juntar máis as dúas ribeiras e a conçemçia comúm...e que a iniçiativa naça dos escolares é a maior mostra de humildade e de apoio social que podia ter...eu espiritualmente estarei na sede onde se decida a protecçom do noso patrimonio... sorteeee

11/21/2005

rachí e livre...


dá pena pero ás veçes um debería ter um ser desdoblado para estar em todolos curruntxos a um tempo, mais nom é factible...asím quedame gran pesadume por nom ir a rachala pana na festa rachí do trapo do orçam que todo internet conheçe...vendo os comentarios dos vaqueiros e as fotos pareçe que a coisa foi máis que um éxito...adiante pois!!!...porque coma coreabades "con fraja isto nom passaba..."

11/17/2005

o maestro paseando baijo uma rúa molhada de morrinha...



a quem nom se lhe escuite...terase que se conformar coa fodenda de nom escuitar á gastada voz do mestre canadiano...

as pegadas que deija o orbalho na rúa


a soedade dos pasos baijo o orbalho...




par quem queira por-lhe companha ao post anterior, deijo á elecçom de cada quem sejun o gosto...

a omde?


afiançei as mans no escuro que deijabam as súas sombras,
prescindin do último cuspir no cham
e deijei caer o meu peso enriba do buraco
enorme que se abría no seu interior...
valdeireilhe o estómago de sucre
e enchinlho de moles algodôes azuis, lenes coma o ar...
craveilhe as unlhas na extensa pel de pólvora
e soplei nos seus intestinos con toda a forza que un furacam pode ter...
a cidade dormía entre chuvias
cando crucei a rúa de esquerda a dereita
só adivinhei que o pitilho nom se molhaba coa ira...

11/16/2005

...

PÁGINA CONFISCADA **


OPERACIOM CASTIÑEIRA


**por solidariedade coas voçes oprimidas

11/07/2005

e de súpeto...madrid...(I)


"a arroutada naçe do coraçom sem passar pola cabeça"

(daví stopa a dani leno)

... a arroutada naçera como soe ser de común do tedio de ajuantar a pantalha da caija tonta diçindo tonterías:...-imos a madrid?...-a que a ver o musical ese que acaban de anunçiar con nina?...- ti es tonto ! nom joder...a emborracharnos e a tirarnos por madrid adiante...-vale marchamos o luns... atopar o resto do comando nom foi alâ moi dificultoso, sipi jâ sabía que íamos a madris pq contestou que si antes de prejuntarlhe rem...do resto había que ajardar que júpiter tuvera um eclipse solar alineado con putóm de plutóm que sempre anda polas esquinas...como nom nos entendiamos tivemos que quedar antes em compostela para falar do tema... ao final creo que non falamos de nada de madrid...pero a tranca fui boa, dou fe (y testimonio) e alí estabamos os catro quinquis un venres ás tres da tarde tirados no d. manuel (dan seis tapas surtidas por um consumo mínimo de um auga(60 céntimos) e aparte o bocadilho,... queda por vista alejre arriba para os catro jatos quinda nono conheçam...) cheos coma robalos de uma raçiom de sorsa crúa, duma raçiom de jamón (tuveron que matar dois cochos para dar esa raçiom!) e uma de calamares que sabíam máis a aseite que a calamar, pero aparte puxeronnos sete tapas a cada um e dúas bebidas (saiu todo por 4,50 € por barba para que imajinedes...ide joder!!), antes estivo o moucho fuchicando num móbil que lhe prestaram e non sabía como furrulaba, chamada da meija que da magía fijo ofiçio e da coinçidençia emoçiom, a vida son çirculos que de cando en ves se juntan (chamala dende o móbil de sipi foi un craso erro, que nom adivinhei cando mo alarjaba cum sorriso flojo entre os colmilhos) e logo de que se duchase o moucho, que muito tería que rascar para tardar catro quartos de hora...en definitiva, ata as sinco e media nom arrancamos o catro tempos de gager, jâ com présa... arrancamos e coas oitras présas olvidamonos a onde íamos e rematamos dubidando qual era o caminho...eramos catro: gager, sipi, moucho e txari...e tínhamos catro ideas distintas (menos mal que a min non me fijerom alâ muito caso, pois lojo dinme conta que o que diçia eu apuntaba a glasgow)...o moucho sejía sem ter puta idea de como se asemdía o móbil, pero as melodías soabam...nom pasaramos o telóm de jrelos cando o coche empeça a tufar...um tufo rarinho, así como a sorsa crúa fermentada nas tripas soñolentas...entre todos e baijo secreto de confesióm confesamos des ou máis arroutos cada um (sipi o doble pero non diremos nada por nom deijalo en ridiculo (venteaba por riba e por baijo, o resto tamén...)... em teijeiro démonos de conta de que íamos bem, motivo de aljarabía tal, que começamos a cantar alo jrande cançioms de siniestro, ata bem pasado o tempo, adiantabamos a todolos coches como nada, daquela calculabamos que chejar a madrid sería questiom de tres horinhas, ata que sipi prejuntou por terçeira ves se faltaba muito, gager jâ levaba a vista máis pendente das bolsas de plástico da juanteira (sipi era co-piloto) que da propria estrada...primeiro aviso: falta casi nada para uma casa de putas que ides flipar é inmensa...dúas horas despois faltaba tamén pouco pero a casa de putas era áinda máis jrande, o moucho sejía sem entender a tecnologîa dúm móbil siemens normalinho, pero a musiquinha das melodías sejía soando ijual...entre risas dounos janas de façer uma parada numa jasolinera (nom enchemos jasolina,... sería polo que nos mirou mal o jasolinero?...nom, nom creio...) parada técnica para mobiliçar madrid (joder, íamos sem piso fijo, com muitas proposiçom de cama pero sem piso fijo) com dúas chamadas mobiliçamos as camas, a sena, o aparcamento do coche... e o alcól, bendito alcól allende os ancares!...- botelha por cabeça!!?? ti tas jodido, txari!- bueno, tendo en conta que chejamos ás des e media...-si... bueno chejando a esa hora pasa, enton sí que nos dá tempo de bebelo todo...( o que non sabían era que eu non sabía que moucho nom bebía juisqui (dende cando o moucho bebe vozka??? en mivida!!) bueno para a famosa casa de putas cada ves faltaba menos e cada ves era máis espectacular, máis inmensa e con máis luses...- como uma nava aeroespaçial, tíos...logo jâ, o túnel de guadarrama: o monumento español coa entrada máis cara (sejún sipi) e minha terra galega soando coas fiestras abaijadas polo çentro çentral da capital do pequeno-imperio (que diriam os vaqueiros)...pero antes pasamos por un garito que sí se vía a varios quilometros de distançia pero nom era tan jrande (sí espectacular, pq dende a estrada pareçia encuentros en la 3ª fase, e eu agardaba escuitar dende o coche: din-don-din-din)para atopar o sitio cada un dos tres tínhamos uma opiniom distinta (moucho sejía luitando a dentelhadas coas melodías do móbil, daquela creo que jâ aprendera a prendelo) demos co sitio de coinçidençia grazas á minha intuiçom (a istoria escribena os vençedores...) e alvarinho luçindo o seu máis mítico sorriso reçibiunos coma filhos de pródigo na súa humilde morada, onde depositamos os poucos azos que nos restabam e descansamos os muitos que habíamos de recuperar...as risas forom ao desfaçer os bolsos naquela casa que sentiamos de nós (pelijro...pelijro...podíamos desfaçer calqueira coisa) o milhor... habería botellaje mixto: tres rapaças representantes de cada curruncho do mundo e o mítico e ínclito teijeira, que foi façer acto de presença e encher a sala, duchamonos os tres (o moucho máis que ducharse xojou coa fervença do niájara) démoslhe os agasalhos a teijeira e alvarinho, que por nom pecar de falha de originâlidade forom muito bem reçibidos e chejou o dilema:-haberá que comer?! iniciouse así as nosas relacçoms internaçionais co comerçio chinés e cum pseudo-24 horas que pújose as botas con nós, catro pessoas, catro desiçoms, catro discuçoms (nom en castelán presisamente) devoluçom de mercas, volta a elegir.... cando chejamos de novo ao piso a penha jâ lâ çeara e começara a beber...iniçiabase así cun gastronómico pistoletaço uma velada de alcól, política, risos... e sipi tomou a palavra para misturar numa frase todo esto, nom sei, pero nese intre eu aínda nom reparara que este hominho nom sacara da face o seu malévolo sorriso de castigadorrr...solventando outra sorte de inconvintes (nunca confiei num chinés a quem lhe pides dúas botelhas de juisqui e dúas de vodca e ponche tres de juisqui e uma de vodca...tampouco nunca confiei en quem lhas paja e nom di nada(insensates a de pensar que a um bebedor de vodca colaralhe uma de jaque daniels))...creo que as conversas començaron polo tempo, polas diferencias culturais, daí a explicarlhe a uma coreana e a uma californiana que galissa é uma naçom...imaginemos as conversas do medio...con teijeira chejou a hecatombé, nom cría que uma californiana non conheçeçe ao sr. borges (a o das noçes)..." que escritor ni que carajos...yo me refiero al de las nueces"...oitra moi importante aportaçom de teijeira foi a de "...yo no me considero nacionalista, tampoco español, pero gallego sí...es lógico nací en galicia, no?...todos encollemos os ombreiros...¿...? e entre risos e trampas (e pq as neuronas patinaronme nese momento pois tinha o chan cerebral escorregado de juisqui guachán) chejamos á desiçom de ir a rendir homaje á bandeira da praça colón (eu e gager en vistas de franco vázquez colocou uma filha da de colom en orçam declinamos a oferta e planchamos a orelha no colchom da juardilha)...sipi e o moucho façendo honra, ao seu nome um e ao demo que o jía o oitro forom de visita turistica polo madrid dos austria (pola pateada que deron o madris dos austria, dos lusemburjo, dos bélgica e dos moldavia)... nós nom nos perdemos porque sejiamos o leon verde do sentro, dijo sipi sinalando o plantíjrado da caixa de madrid, patearon abofé... acompanharom a teijeira que fui peneque a trabalhar e despedimos á californiana e á coreana como se mereçiam...con honras de primeiras damas (únicas na velada que rematarom enteiras) o único pensamento que creo que compartimos os catro antes de pisar almo-fada foi a sejurança de que íamos a madrujar para ir a sarajosa a serrar o cartel das festas da pilarica...pero catro botelhas pa´catro tiran do peito...do peito e da tranca...namentras oitra gêmte de sejuro que paseaba polas rúas fechadas de madrid, rían nas atracçom do parque da guarner, ai pena de nom caer por alí medio enfeitiçado..., ou fatigabam o fígado en tabernas saídas dos contos de reverte e o seu mundo de espadas e vinho en taças...e con esos pensamentos rematamos a primeira jornada na capital do etéreo estado (circunstancial...)...de como acabamos cunha bandolera carjada de medicamentos é de como sipi enjanha ás velhas no metro jâ lâ falaremos cando lhe toque...antes de pechalos olhos aínda podiamos escuitar a musiquinha do puto mobil do moucho que jâ aprendera a mandar mensajes...

11/02/2005

sold world...



falhar, faltar á palavra, confiar numa pessoa ou no seu comportamento e descobrir que foi um erro, traiçonar á intençom, ao pacto, ao dito...deijar que te/se precipite/s dum altar mental, depositar espranças nalgo/nalguém/nalgures...que demostra abofé que nono mereçía...para ises/isas/isos aprendices de judas vai a homaxe de nirvana a ese home que vendeu o mundo logo de se vender a sí mesmo e ao seu irmám...