2/27/2006

sem ti...



"el tiempo sin ti sólo es...-empo"

2/23/2006

stongs words...


erguécheste antes ca mín, é de supor... coa primeira hora que marcan os raios solares; pousaches a mala cara que che acompaña nos espertares ao borde da cama...fitaches o teito em silenço um bo anaco...olhaches o profundo sono que me posuía e torçeches o rostro cara a incomprensióm...tomaches uma ducha no incólume silenzo que emanaba aquela casa enchida de aire opresivo...púdicamente escondeches os teus atributos para non mostrarmos mentres rematabas de secarte, jâ na habitaçom...e fuches elegindo, uma a uma, as prendas coas que che adornarías num novo día gris...num giro de cabeça reparaches no sorriso que agochaba no meu sono e um salouco começou a trepar pola túa tráquea...anegaches o piso de bágoas e choros reprimidos. sentaches ao meu carón, na cama e acarinháchesme com cuidado o pelo da fronte até a caluga, como me gosta a mín...as túas bágoas esvararon como orbalho polas minhas meijelas. sorriches ante tal estampa...e a candileça e a tenrura posuíronche, espertáchesme cum sorriso impotente e abrazáchesme, con força, nunca me abraçaram tan forte...repasei co meu índice as túas bágoas e inquerín co gesto, sorriches de novo...olhachesme coa seriedade dum estadista ante o seu máis importante discurso...volveuseche a escapar um leve sorriso de nerviosismo, e así, meia núa e meio nú, jacimos numa única figura... e também susurráchesme na orelha pola que ouso bem que me amabas, o único que era para ti, que o sentimento que me tinhas sobrepasaba o amor, a amizade...qualquer sentimento deste mundo e que sempre nos teríamos o um á oitra, a oitra ao um...e as verbas voaron ao abrir a fiestra para ventilar a habitaçom...demasiadas verbas para um mesmo día...

2/20/2006

e máis...


ou o bicho é máis jrande do que cría, ou a recaída fui profunda...se cadra nom é jripe...a computadora comença a maquinar...

2/17/2006


jripe...coido que é jripe...por se acaso von meterme por vena un frenadol...

2/14/2006

día vermelho...?


hojê o día debería amençer vermelho...co seu astro rei pampo repartindo quentes espertares ...deberías mençer cum almorço na cama e um bico na fronte...deberías erguerte chiscándolhe um olho á présa...lavando os dentes co xabróm e duchandote co ajax....e sorrindo, sorrindo muito...deberías cruzar a rúa sem olhar para os coches...bailar co sol um baile d´agharrao...buscar uma flor que te lembre a túa laranja e que suspire arrecendos de tenrura...hojê deberías pensar só numa única coisa, numa coisa única e ser posuído polo máis arreboleiro dos estados...mais se nom tes media naranja, pois jâ lâ atoparás medio limón, cum pouco de sucre e bo ron pode que o día o remates aljo máis vermelho do que o puidesches começar...

2/13/2006

croshx...


nunca pensas que che pode passar a ti, sempre o ves como algo que lhe passa aos demáis, pero cando menos o agardas a decepción e a extranheça apoderanse de ti e nom queres mirar, mais miras, nom ques preguntar, e inquires con timidez, nom debería ser así pero afectanme muito estas coisas, jâ lâ sejan no jornal, nas fotos ou ao pé do meu carro coma o venres passou, a cinco metros...e asemélhanseme momentos tan difíciles...

2/10/2006

e o filho também...

logo de fregar os olhos, também reparei en que o filho do dinosáurio jâ lâ estava caminho da curia

2/09/2006

ensonhaçom...


cando espertei, o dinosaurio jâ lá estaba no senado...

2/06/2006

a omde as estrelas me guíem...


iago era um rapaz que nacera numa pequena aldea do interior, onde os carrexos eram a única vía de comunicaçom que había, as novas voaban de boca em boca e todas as diversións ían parelhas á integraçom e respeto pola natureça. gostaba iago de correr detrás das bolboretas, de molhar os pés no río tentando beliscar alguna truita, ou mesmamente de deijarse caer nos brazos de morfeo ao son dos reisenhores, apousentado na máis lene herba que na aldeia tinham. mais, do que máis gostaba iago, a coisa pola que máis adoeçia, era olhar as estrelas, todas as nuites pousabase na fiestra da súa casa contando as estrelas e imaginando poder tocalas. ás veces, nas nuites de sam joam, cando estas venhen cálidas e nom som raras as festas que se prolongan atê altas horas da nuite, iago sentaba num valado que tinha moi conheçido e deijabase engaiolar polo marabilhoso mundo das estrelas, imaginába que ía voando ao seu carón, co rostro todo cheio de luz, e cuma mornura que só conheçía cando se achegaba de máis ao lume. fui numa desas nuites cando iago douse de conta, olhando o ceo de que o número de estrelas ía menguando, incluso ás veces vía como alguma ía caendo vertiginosamente dende o ceo atê o cham, alá no horizonte. el conheçia aquel lugar, fora alguma que oitra vez por alí e decidiuse voltar ao día seguinte para explorar a zona convencido de que algo estrano estaba a pasar. cando a ocasión lho permitiu, deijouse escorregar pola nuite e nada máis chegar a aquel lugar víu algo que o deijou pampo durante minutos, no campo onde el varias veces estivera, estaban depositadas todas as estrelas que caeran do ceo, a boca nom lhe daba pechado do abraio de ver tanta luz junta. paseou entre as estrelas, tocou con medo toda a súa luz, nom lhe queimaban, pero cegábano um chisco se as miraba fijamente...tanto o obnubilou tal descobremento que douse de conta que nom reparara que tinha que voltar á casa. así, na súa casa jâ estabam preocupados e organizaran uma batida para atopalo, cando ouvíu o seu nome retumbando no monte reparou en que podían descobrer o seu secreto e bulíu ao seu encontro denantes de que o atoparan a el, e polo tanto pudiesen conheçer o seu cemiterio de estrelas segredo...dende aquela nuite, iago arranxaba para poder ir a visitar ás estrelas, cuidabas, limpabaas e jogaba á algarabía con elas. tanto chegou a conheçelas que fui ponhéndolhes nomes e incluso arrejuntándoas em grupos, quedaba muito tempo falandolhes, sempre co coidado de voltar á casa cedo. mais um día, cando estaba jogando entre omega e casiopea, escuitou uns pasos e um chiar de carro que o alertou... agochouse detrás duma das estrelas e divisou un home velho, alto, cumas barbas mui brancas e um bastóm altísimo que ía cruzando a carón das “súas” estrelas seguido dum carro tirado por dois bois. O velho víuno, parou e sorriulhe cum sorriso tan franco, que iago colhíu medo e botou a correr sem mirar para atrás atê chegar á casa. Ao día seguinte, iago estaba preocupado e fui a todo correr onde as estrelas, a desilusión foi suma cando víu que no campo onde as estrelas daban todo o seu fulgor nom quedaba ren, só os carbalhos e as gestas que sempre estiveran alí...iago quedou moi amolado e botou demos contra ese home que dera em carrejar ás súas estrelas naquel carro de bois sem permiso...tanto é así que aínda hoje nas aldeias próximas á ladeira do pedroso hai gemte que di ver a iago nas nuites de vran no alto dum penedo contando as estrelas e chamandolhes polo seu nome, agardando que o guíen algún día...se o fijerom cum apóstolo por que nom com el ?...

2/03/2006

tarrasplân...!


o derradeiro sonar do vento morrendo nas rochas...o son do trapeci sta caído na lona...a derradeira pinga do zume de aceite de motor que abala num cemiterio de coches...o peso da incertidume cando aplasta á raçom da obligaçom...o devalo das ondas escupindo os restos dum naufrágio...o naufrágio devido en morno caldo baijo uma cálida manta...o último tiro dum canón en desuso polo tempo...e a cara pampa de quem queda soio coa rosa pendurada dos beizos e a chuvia calando humidades no xesto incrédulo, na pose insólita...a viagem cara onde a mágia é máis que uma verba, é uma esprança, é um sentir...