1/17/2009

o derradeiro café...


ante a desolaciom que adornaba as velhas rúas do Raval, buscou o caminho que passaba a carón das putas,... por atopar algo de humanidade, simplemente... sempre parolaba algo con elas e conseguía sacar un sorrisso dos beizos, o único do día, o único da nuite....caminhaba coas mans nos petos, a olhada esquecida no orizonte tal como vira nas películas de cine en branco e negro.......os passos eran lentos, fríos, calculados....coa primeira puta nom falaba, coas que tinhan opcions de trabalhar tampouco, repetía as mesmas verbas de cada día ("cómo foi o día de hoje....?) e logo de recibir as mesmas respostas, abría o bar, esquina coas Ramblas,... de día guiris, de nuite clientes que buscan a súa ialma entre os farrapos do amor e doses de alcol...
o primeiro cliente que se adentraba era o que marcaba cómo sería o día, a pequena e única superstición que lhe coupera na maleta dende a súa fría terra da Canhiza que o vira un día partir...ás veces entraba algunha puta coas que intercambiaba verbas, ás veces até xestos....a maioría das veces borrachos perdidos que buscaban a súa casa ou algo de conversación, e logo todos os que entrarían serían como isse primeiro das seis da manhá.....isa fría nuite nom podía imaginar que vestida de bo ver umha xove buscou os banhos sem intercambiar conversa e agochando umha cara de de préssa ou de fugir de alguén (que vem sendo a mesma cara)....fitouna sorprendido e viu como detrás dela , um home fornido, bem vestido e mal encarado, entraba e pedía un café namentres comprobaba onde estaba a rapaza,...discutiron, el dende a entrada a os banhos ela pechada neles....."ver, oir e calar", justo o que lhe amosaran na cassa.... pero o chorar miúdo da rapaza tocoulhe os ouvidos do corazom, encarou ao maromo e empurrouno, denantes de rematar tendido no chan por tan belicosso ímpetu, cun fiínho de sangue, o fiínho que deija un dereitazo directo á mandíbula....pero o disparo colheuno por sorpressa, nom agardaba un estruendo seco e precisso como o de aquel día, nos filmes de gánster nunca recuaban as armas, nem soaban como aquela..... tentou consolar-se imaginado que non podía deter a aquel vehemente home, nem a pistola fora quen de verlha denantes de desenfundar!...tivo que limpar o sangue da rapaza nos azulexos brancos, limpinhos de onte, tentou nom mirar a beleza morta tras o corpo dumha inocente desfeita e tivo que aturrar as preguntas de jornalistas e policías, todos agardaban polo inspector xefe para pechar o interrogatório, cando éste entrou pedindo un café, apurado, el reconheceu as formas fornidas, reconheceu a roupa feita a medida e o mal xenio coa mirada revirada que lhe fixo comprender que aquel sería o último café que serviría....

1/13/2009

a vergonha cando mistura coas bágoas...


Que façer um luns no que che robam o sono.....pois meditar e por muito que tento apartar o sisso das pessoais coissas de cada día (e de hoje em particular) que sempre aturuxan...só a image da man que sobressae da escombreira retén as bágoas, que miúdas, esvaran polas minhas meijelas...podería encher este post de ódio, de genreira, podería anegalo de sangue e fotos de massacres, de berros silenciossos que clamen ao ceo, ao inferno...ao coraçom...podería demagogar con peticions de solidariedade, paz, sentido común, piedade, xustiza, amor....pero nom salvaría a vida dumha ialma, pequeninha e inocente, cada vez menos inocente, dumha alminha dun rapacinho palestino, dumha meninha de gaza, que podería ser a minha, a túa a deles. ...as bágoas falan por min cando as verbas só me serven para encher um enorme silenzo,... o oquinho, breve, húmido, calado de media alma palestina....e nom berrarei, ou berrarei tanto que nom se me ousirá....porque a vida é vida, aquí e e em Palestina...