3/03/2013

VOLVE!!!

http://youtu.be/5EKyhpKTAm0 "...e aqui me tes, o tempo pousou en min máis neves, as cicatrices que nom curaron foron caendo e o compromisso faisse passo aos poucos..." Onde están as verbas que nom che escribo? a onde van os pensamentos nos que te lembro? a onde as ideas que inda me evocas...? Um ja nom sabe cómo dá vivido sem esta preséncia, que torna sem avissar, e avissa das lévedas chegadas sem tempo pra preparar o café..agora ja nom bebemos té..a tetera escaralhousse e bebemos café...é igual... ségueme lembrando a ti, e o ceo azul..tamén me lembra a ti, e as pingas que nom caen nos vidros..., também me lembran a ti.... Um acostumasse a viver, como um estúpido costume, e a pensar que manhá será distinto, o que hoje aturamos é o que manhan superaremos, a tristura de hoje tornará na ledicia de manhá.....se cadra manhá ves, aínda que seja menos possíbel que probàbel...se cadra molhas os pés no río, e ris....e de ser asim, todo o que sufrin valdría a pena...se cadra manhá chove e nom poderei tender a roupa....pero seguimos a viver, coa esprança na fronte, peghada á fronte, como quen pega um auto-colante para se lembrar de que vive...nom sabemos do que perdemos até que o perdemos... E os tópicos que estúpidamente sempre rejeitei, van-se cumprindo, e noto-me sen o ser, o velho que serei, o velho que sempre souben que sería...seguindo o regho, caminhando, ás veces correndo...pero sempre sem saber cómo o fago sem ti.... Ao redor está a calma dos tontos, tamén das tontas....de pensar que hai máis xente coma min, se eles aguantan....como eu nom...e nom me chega o acougo de nom comprendelos....nonos comprendo, nonos vejo, importanme un caralho, que sí que me importan...pero coa súa actitude átanme e amordazanme para evitar que berre nas nuites de frio, de chuiva...VOLVE!!!!!!!!!!!!!!!!VOLVE!!!!!!!!! PRA CHE DEVOLVER TODO O QUE ME DECHES SEM SABELO!!!!!!