9/30/2005

a jran festa


intemtei avisar o máis tarde posíbel, para que a gemtinha nom lhe desse tempo a re-acionar e dijesse um esvarado sím á pregumta de se íam vir á erótico-músico-festa que façemos hoje por todo loalto...mais em todo lugar hâ quem tenha en propósito aburrirse até a saciedade...oitros nom poidem e prefirem pousar os seus mouchos olhos en servir trá-la barra dun bar do centro da terra galega (vista em plano non do ceo até o núcleo terrestre...)
somos ou seremos os que alí estemos e máis os que apareçam a última hora, aos que nom faremos por cederlhe alguma foto que tal...
o projrama aljo improvisado pode que seja asím:

21:00 h. chegarán os primeiros convidados confirmados (ums en comboi oitros em carro)
21:30 -22:00 pintxos galegos e euskaldunes acompanhados de mini-cubatilhas de guaraná...
22:00-22:30 se sobran pintxos, sejunda ronda. session de bem-vida a uma nova tandada de incorporad@s. mini-cubatilhas de mango e papaya
22:00-23:30 sessiom de video-clips musicais da man de DjGager...e bailes do maestro cote (actuación pendente do grado de alcól que alcance nese momento, á hora de comer gardaba repouso na cama (disque polo fíjado, que hoje hâ de trabalhar)
23:30-00:00. preparaçom da actuaçom estelar e inicio de consumo de cubatas en medida standar. Sabores a elexir...tamanhos familiares, sabor de sempre...autoctono
00:00- (ata fim de festa) actuaciom do mestre da cancióm ligêira:
CANHITA´S BRAVAS SHOW acompanhado aos coros por Jermán "serrano" y sus imitaciones.

logo percorrido turístico ums polas rúas, oitros de sejuro escoltados pola polisia nasional asejúm o ruído que se faja. o ánimo está caldeandose, os vicinhos semi-avisados, os munipas se cadra subense atomar umas canhitas e gemte habemos de ser:

cote:trae mínimo a 5 borrachos
gager:trae mínimo a 12 borrachos
txari:trae mínimo a 6 borrachos
tuchinho: tem que ir a façelo vinho antes de bebelo
resto:calculanse alomenos 5 ou seis intrusos máis
penha "fíjado-polo-chan": a falta de peta-bull por confirmar, serán5 fíjados
os aparcamentos están jâ reservados para quem venha en coche

IMPORTANTE: NON TOCAR A CANHITA DURANTE A ACTUCIÓM PODE SER PERIGOSO (esto va por zipi)

agardemos que nom saia mal ou que nom seja fracaso (o que nom sei é que pantalom levar...nom sei se me quedaran...)

9/28/2005

...




...e agora fico só,
entre o arrecendo que aínda perdura
no oco que deixas
entre as miñas sábanas...

9/26/2005

(III)

agardamos a que non quedase ninguén na casa, coas ganas aínda sen recolher erguemonos do sofá sem deijar de olharnos...intentando calcular no ar como transcurrirían os días logo da breve hora que había de nos separar por muito tempo, saímos da casa para percorrer de novo a cidade, ista vez cuon oitros olhos...olhos que irradiabn mágia e descubrian en cada curruncho um motivo especial para deterse, para re-olhar, re-interpretar o universo. sentamos na estación olhando o mar, o inmenso mar que nos separaría en todo o seu esplendor, calamos coma se o silenzo redimira tódalas palavras inútiles naquel intre de separacióm...desexabamos que o tempo atrancase as súas agulhas de area e nos deijase fundirnos nun bico que nos deijase atados para sempre...mais temiamos que puidese ser o derradeiro, repasamos pormenorizadamente cada uma das promesas encaijadas, cada uma das intencións desejadas e suspiramos como suspiran os reos denates de saber que a súa morte non ten volta atrás, sentimos os motores da locomotora funchar e fundimonos num abraço que nos impediu sentir que o tren xa deixara de ouvirse façia un anaco. toqueilhe os seus cabelos e prometin contarlhos um a um se voltabamos a vernos, ela púxome o índice na boca e sorríu prometendome coma derradeira promesa que voltaría, que nom tardaría en baijar um día do andén, unimos os sorrisos e acompanheina ata o seguinte tren... subin con ela para verlhe a cara cando o tren iniciase a súa viaje, a viaje cara o esqueçemento...sorríume, sorrinlhe e lanzoume 3 bicos, conteinos por cada uma das bágoas que me baijaban pola sonrosada meijela namentres corría detrás do tren...eu, que nunca me crera correndo detrás dun tren...correndo detrás duma ialma coma a daquela mulher...e foise o tren...con ela...

9/21/2005





prejuntandome si o mereçe ou nom (tampouco é que me costase muito decidilo) din em lembrarme de pomodora que re-volta do seu exilio interior e como non lhe molou muito que nom me lembrase do cumpreanos (que estaría façendo naquelas datas) e malia que nono fago como limpeza de remordimentos, sí que quero adicarlhe este e-xaculatorio, primeiro no blog, a pomodoriña, a canción "azul" en galego e em castelán ("asul" pra os que falam castrapo)está en italiano porque aos dous non gusta este idioma, e azul é o ceo que case em pleno outono nos sorrí hoje... pero terá que compartir artigo co amigo pepis que onte nos deijou para emirar- se a italia(á bota do nocelo) dijo que podía ir quen quijera que estaba todo o blog invitado, vai por un ano e sen moça, que fica na galiza agardando tempos milhores, que tenhas sorte ou!!! polo menos levas unha pedaço de foto que máis pareçe sacada de "a ilha dos famosos".. lembranças pois.

9/20/2005

a festa começa a rolar...


estase a frajuar movimentos nas agendâs lúdicas da gemtinha de arrêdor...estase frajuando uma festa, parese...

9/16/2005

polo velho bob...




música para escuitar coa tranquilidade do fogar, os pés secando ao carón da lareira e o velho bob acompasando a mecedora namentres a chuvia debuxa guinhos nos vidros da tediosa e tranquila tarde de quasi-outono.
a voz ista vez dun novo xérmolo de lovely luna, o xoel deluxe tocando música de sempre, que é como se lhe chama á música que perdura cos anos, sem deitar pó...
...polo velho bob...alcemos as copas, hoje que nom sei exactamente porque estón un tanto tristeiro...se cadra sí...

9/15/2005

lembranças de compostela...


aproveitando uma visita polo globo-blog, percibin uma idea duma das blogueiras máis activa, todonada, que á súa ves colherao nom sei de onde e vouna coljar d´aquí,... bueno sejuro que hai quem jâ sabrá de que vai ao reconoçer a fachada da casa (da pseudo-casa)... pois sí, éche a morada de home santo, númaro catorçe onde durante um curso compartím alejrias, tristeças, risos, preocupaçoms, enfadamentos, berros, inçendios, rotura de mobiliario, desalojo de contenedores... som tantas lembranças...cando se acheja un fin de ciclo a um/uma dalhe por lembrar calqueira tempo como milhor, así o façia fai días soni vendose cada día máis longe da pétrea compostela...lembrabao coma um dos melhores anos...eu lémbroo como um chejar a casa de clase (pa´ flipar, de clase!!!, que anos!!) e sem prejuntar sumarme a lelo e a soni que em pleno verano incipiente agazapabanse vestidos con roupa ata as orelhas ao carón duma estufa, serios díjerom ao unísono nom temos pa´pajala sauna, que ques?! nom fijem comentario simplemente puxem a bata e ajuantei a calor, lembroo como façendo a digestiom, pampos todos olhando a bala de canhom que soni deijaba caer no chan, apostabamos se rompería a plaqueta ou nom ( a mesa da cossinha quedou furada de máis)...lembranças de chejar e atopala cama rota e catro pessoas saltandolhe enriba...do boina azul d´enriba (carlista pola jrasia de deus!) cun filho que nom quería na casa pq durmia con homes e nom con mulheres e con oitro que debía meterse por vena ata a saliva (tódolos joves había aljarabía)...da mosca de elorza que era máis dono do piso que nós,...as pateadas que me metía ata a faculdade (tódolos días...)...das nenas do lado que tinhan en txarito mestra de máis (que duro percorrer compostela na súa procura e atopala na cama con oitro!!!) e que duro olhar como consejían o cubata!!!!...os apanhos do velho gelpi, que nom deçia nada na súa casa por medo a que o varease a súa mulher... as dúas mil pesetas que soni lhe prestou ao do mosquito... os desvaríos coa música do mestre dylan...as festas con juan ramon como jefe do tuti (deijabamoslhe janar para ver como fardaba) pero de todas quédome coa cara que nos quedou a todos logo de queimar a cusinha um venres...o que ninquém sabe é que soni e eu levabamolo planeando muito tempo e ese día juntaronse os elementos... démoslhe lume para que nom sufrise máis...foi un incendio polo seu bem...polo bem da cusinha...a reaçom de charito nom a tinhamos comtemplada...pero...nom hâ crimes perfectos...e ahí ficará o númaro catorçe do home santo...pra sempre?

PD. recomendo uma visita á página de VA-CA que proponhem á nacho pra seleçom nassional, sumádevos!!

9/13/2005





para escuitar um dos fragmentos que fixeron os xenios da introspeccion, para combater este enganoso sol que nos retarda un outono que peta na porta.
por certo...un dos milhores concertos que endexamáis vin...malia estar acompanhado pola presencia pantasmagórica de gatín que nom soltou o móbil do ar en todo o concerto...pero se nom fose así nom sería o mesmo...

9/12/2005

ajora...


ajora que o tempo nom controla a súa mente,
ajora que o lume xa nom entende de amolar montes,
ajora que os casiques ajachan as orelhas na procura dun anho que devorar,
ajora que a lei façemola con verbas ao ouvido,
ajora que os filhos de madre puta tenhem nome e apelidos de persoa,
ajora que o alcol volta como droja blanda a adornar os jueves,
ajora que os resajados de setembro dobran o lombo nos livros curtidos polo sol do vran,
ajora que as andurinhas emijran para áfrica pq en europa nom tenhem futuro,
ajora que o tráfico da puta borralha, puta de prostituída nom de jodienda, volta a rodar sem lei,
ajora que de fisterra e de muxía nom se acorda nem su puta madre, puta de jodienda nom de prostitusióm,
ajora que man debuxa no ceo con ceras de chapapote sobre todo o que nunca quixo escuitar do que dirían del,
ajora que para fumar hai que lhe pedir permiso ao can,
ajora que o can pide permiso para defecar os seus essesos do día na beirarrúa,
ajora que nom se lembran das vacasions máis que catro frikis que as escolhen no outono,
ajora que a praia volta a ser um paraíso por descubrir,
ajora que compostela volta a tinguir de pingas as fiestras transparentes das pedras,
ajora que os océanos concentranse en dous olhos antes da devanceira bágoa,
ajora que soneira decidiu coljar a carreira a falha dunha asignatura,
ajora que a fame dos ianquis sae en todolos televisores de cor,
ajora que as festas som desejos de días que han de voltar,
ajora que fasemos acopio da memoria perdida no vran,
ajora, ajora mesmo, podo escuitarme a min nos meus adentros e ficar sentado olhando as pingas do tempo precipitandose na fochanca da memoria,
ajora sí podo divisarche...

9/09/2005


ninquén se percatara da nosa ausencia, co sijilo que marcaba a ocasióm fomos dando pequenos pasinhos que nos alonjabam do coro da igreja, onde as murcha voces do coro das velhas repicaba os cantos dun monótono cura...eu era o último da fila e pode que tambain o máis acojonado, pola minha estatura era o que máis resaltaba e as velhas sempre tuverom por min uma especial predilecciom que lhes façia apretarme os bafos namentres loabam a minha "juapura", conheçia a todalas senhoras que no coro estabam (como conheçia a toda a grei da igreja...) o primeiro da fila foi o que penetrou entre o oco das escaleiras e o torreóm do campanario, o suor chejabame ata os calcetins, presentía en cada palavra do párroco uma advertençia contra a subverçiom, contra o mal que nos apoderaba, contra o pecado...mais o pecado era máis forte, tenho que confesar, e cando chejou o meu turno as retiçençias forom maiores. o templo quedara nese silenzo que marca o iniçio da plejaria, do lado do campanario olhabanme con ansiedade: ou todos ou ninquem, nom lhes quería falhar, pero que ganhariamos interrumpindo a misa, a santa misa que aínda lhe chama o meu avó?...o cheiro a suor pensaba que lhe chejaba ás velhas de diante, que conçemtradas nos seus problemas diarios (que é ao que vai a gemte a misa, a eso e a mirar con fachenda para os oitros...) nom se decatabam que cando puxen o pé nas escaleiras nom quedaba neno algún no último banco... o coro começara a cantar o que nos permitía falar baijinho e plane
ar o máis complicado...a fugida...demos en ter uma distançia mínima de sejuridade... lembro a humidade do torreóm e como ía aumentando co ascenso pola lúgrube e escura escada, nom vía nada, máis começaba a arrepentirme um pouquinho...os máis atrevidos ían diante...o párroco ía finaliçando a prédica, aljo deçía dos pecados da carne ou de que havía que dar máis limosna...falava...ía olhando cada ves máis lus...e enchejando arriba nom quijem ver máis, pero tampouco quihjem tapalos ohos, simplesmente deijem de subir e con voz de preocuçom apurei, a ver oh! dadelhe á corda duma ves!!!. co final da predica, justo cando todos estabanse a levantar dos seus asentos tiraron...tiramos da corda atada ao bandallo da campana: o estrondo foi maiusculo, nom tanto pola campana que rompeu o oficio religioso, senon por escuitar a seis rapaçes escaleiras abaijo pataleando e escaralhando da risa a berros, entre o rebumbio que se escoitaba dende dentro do templo, todos imaginabamos a cara de cada um dos fieis que da nosa obra involuntariamente foram testemuhas... ningun de nós deijou de correr ata pasar o kiosko, pero todos íamos co sorriso pícaro da falcatruada, coa ruptura da virginidade da inoçencia na boca...e é que nunca me gustou a rigurosidade dos actos...sobre tudo dos liturgicos...

9/06/2005

re-volta ao inverno


pareçe que o nadal jâ lâ está aquí...as folhas andan a intentar divorssiarse das polas, o frío arremete pola fiestra de vajarinho e a chuvia vai apajando os inçendios, malditos e máis malditos pirómanos !, os intereses dos incendarios van saíndo á luss... os pibes e mailas pibinhas emplastifican de novo os livros, lémbrome daqueles livros herdados que lhe deijaba em herdança a o meu irmán e os emplastificábamos juntos cuma ilusión tremenda (confeso que a ilusión durabame uma semana) a o meu irmán aljo máis... as caras de volta das vacaçoes voltan cheias de morenaços de praia "all day" e o abafante espiritu arrastrado polo chan... mes no que se aforran días de limpeça, polas sombras decaídas que van limpando o chan dijo...e no peto unha baijada de pantalóns (de saias neste caso), os colexios privados serán oitro ano máis carne de subvençóms discriminadas, oitras propostas da mesma conselheira van, sem embarjo, aljo máis polo bo caminho...pero en gerâl...mal começaron os ministros de torito a súa andadura...
nota nejativa: jâ nom somos muitos e os empresarios pátrios de turno, na contra de construir uma nova galissa, andan a reclutar jalhejinhos para as canarias, onde se o 28% da poboaçom entendía galego, pra o ano serám um 40 % alomenos, e eso que callón anda afiando os dentes ultimamente. (tivolhe que tirar das orelhas ao presi de caija galissia)...de se volta ou nom a calor jâ nos falará o sustituto de pemán antes de que o sustituto de jaioso començe o luar...saúde (pra nom velos médicos diante) e terra (pra quen lhe toque, que vaise achejando a época da recolhida do milho e das patacas)...

9/02/2005

um


cabalgamos no coche na procura das estradas máis perdidas do lugar, na maleta cargaramos milhoms de sonhos por fraguar, eu confiando no seu sorriso que se resistía a mencer no orizonte dos seus beizos, e ela na esprança de esquençer un mundo caduco pra superponher a liberdade, armados de milheiros de motivos que nom nos importaría perder deijamos de pensar no pechado espazo que nos limitaba e cravamoslhe ao acelerador ao fondo... a costa façíaçe cada vez máis grande e o vento contra a súa carinha abrolhou um sorriso que atatraíu ás gueivotas...a inmensa praia ábriase a nós, soltamos os cabelos que se uniron num único, e contemplamos o acaer do tépedo solpor duma tarde de outono...sentíaa tan próxima a min que nom quijem borrar a imagem daquel momento...craveilhe os olhos e colhina da man...de súpeto, reconheceu no templo perdido do outeiro do povo, á igreja, a inmensa e surrealista igreja que tanto nos chamara a atençom ao entrar na vila,...as lembranças acudiron em formas de cancións infantiles, olhadas de nenos e nenas que compartiran sorrisos... e pronunciou o nome...só dijo secamente o nome do lugar...efectivamente así se chamaba aquela vilinha onde ela lembraba pasar os seus verans...o destino conducira o coche e os nosos majíns polo caminho da memoria...aínda nonos resistimos a pasear pola area molhada duma praia vetada para o común da gemte... a ilha parecía deserta...quijem entrar pero o seu naris tépedo polo maino frío díjome que nom , mais intenteino...e o garda de seguridade olhoume como querendo bater en mín a fustracion duma tediosa tarde de sábado, que ulía a salitre e a vento peiteando os nosos cabelos...reatopáramonos co destino que días atrás nos unira...

9/01/2005

o ansiado partido (II)


recuperados os folgos seguía o jogo con un empate técnico que mantinha em vilo aos jogadores de ámbolos conxiuntos, por um lado uma equipa conseguira façerse forte no seu jogo caseiro de ampla tradiçom na nosa liga por oitro lado os sublevados tinhan em mente ideas novas e revolucionarias basadas em jogos de luzes varias e música de corosi danças moi fashiom para a ocasión, mais uma equipa é uma equipa e debe permaneçer unida, decisióm salomónica, un pouquinho de licor café con jotas de cubata e mudaçom ao meia-fashiom-permiso-para-dançar con cubatas con jotiunhas de LK... o desvarío vario, jâ coa incorporaçiom dos ultimos jogadores o ambiente andaba caldeado, tuchín descoidara a banda dereita en demasía e os cubatas penetrabanlhe pola banda como-perico-por-su-casa, cambiamolo de banda, puxemos a pakis pola dereita, pero tal qual, os cubatas sejían penetrando pola banda coma canons, concluçom?...o enemijo é forte nom é um calqueira, reduçimos a dose de aporte á metade ( se é jarrafon ponme a metade, che!) e o resultado foise equilibrando, as miradas que nom se lhe escapaban a zipi, que ía perdendo sen darse de conta máis balóns...pero nom fumos quen de ajuantar a presión, ante a incipiente chegada dumas ademiradoras de oskar, foisenos a presióm ao caralho, a forma de jogar mudou por um baile sem jeito...começaron os fundamentalistas do fútebol a ponher burkas á penha de malo olhar... o diálogo coa árbitro fíjose imposible ante os tocamentos de sectores em partes íntimas, as admiradoras que se enfadan e ameaçan con deijar á equipa soa, os roces que van e venhen (non confundir amor con amizade)...e os cubatas que sejían a naçer das mans sem saber de onde vinham...uma jogada propia do mesmo cruiff...e a caída dos deuses, a banda dereita quedou orfa pola lesióm de tuchim que primeiro reclamou ajuda nos coches da estrada (dende a mesma estrada) nom lhe debían de façer muito caso pq o esquivaban, logo dou en deitarse no céspede reiteradas veçes, longe de ajudalo os companheiros incentivabano para rubir polas fachadas, zipi que ja estaba colhendo recortes, gager que afila a súa língua piropeira, e sóltalha ás`primeiras que pasan, tuchín que cre que o árbitro chamoulhe filho de puta...os companheiros que lhe dan a rasón (apartandoo e dísindolhe: dalhe, dalhe, tinhas tuda a raçom!!!)...tizóm a esas horas firmando o finiquito no caracois, (-creo que en clases de historia estudiara que me tocaba máis polas cotiçaçoms(tizóm) -que cotisaçoms? (dono do caracois)) oskar nom aturra a presión e deija á equipa cun jogador menos, manhâ nos vemos...e eso que non viu chejar de novo logo á súa amija do burka!!! jâ no blaster a hecatombe, ...tarjeta roxa !gager dobla pq disquenom ajuantaba máis coa risa... tucho...bueno...por aljo pareçido, pakis jâ nom estaba, e menda, zipi e moucho morríamos por um bocadilho e um taxi co que achejarnos a despertar a gager e tucho que coidaban do coche, o coche atres ja jodiu a suspensióm, cada um para o seu nido..e um novo espertar que jâ é oitra historia distinta...