7/29/2005


cando rematou de abranguerme contra o seu peito,
colheu aire coma quen intenta aspirar todo o aire do mundo,
descansou o pulso na oitra man...
e fitoume cum sorrisso de orelha a orelha.
a luz reflexábase nos seus olhos,
os foljos apausabanse co bufar...
nom me deu tempo a acordar...
xa tinha o punho enriba, e moreas de estrelas afongándose no meu siso...

nom quijo rematar a faena...
sorríu coma quen lhe sorrí a un cativo
e pasou por riba minha, precavido, pero coas mans nos petos...

7/27/2005

ecos da festa


anque sone a nome de grupo folq dos anos setenta, son pequenas doses de informaçom que van chejando aos ouvidos do blog... impresionante como aínda hai citas que fan reunir á xente diante de amuletos, tótems ou ídolos sagrados, neste caso a estatuílha tinha forma de cubata, sabor a cubata e cheiraba aljo a alcól...a xuntanza nun reformado local de ocio nocturno na zona burguesa de compostela...os mentecatos adoradores do tótem sagrado ...os de sempre. xa comenzaran a ceremonia de adoración cando fixen acto de presença...o día elexido, como nom,... víspera de sant iago,...diáconos convidados...chamanes do deserto de tijuana, cos seus correspondentes elixires baixo a chaqueta...disque a estas horas todavía están limpando um resto regurjigativo que se esparciu dende compostela ate tijuana (a ventanilha no avión fai milajros)...a luz do momento xa indicaba que a nuite era cita ineludible co azaroso destino... a forza do mal era demasiado forte que reclamamos a axuda de novos chamáns...tuvemos que cortar a cerimonia por mor duns lumes que amenaçaban o ceu da cidade..pero jâ era tarde aljuns jâ levabamos o mal no corpo, troquelamonos adecuadamente (gager tivo que conjuntarse que ía sem conjuntar...oitro boi no milho!...) e o resto fomos avanzando pola marabunta duma cidade tomada polas masas sindicadas do des-fase...dounos tempo a roubar uma carteira, que logo de repartirnos os poucos euros que tinha ofrecemoslhe amablemente a un garda municipàl (agardo nom se enterara que faltaba o dni que non sei quen lhe ía dar a un tal eugénio disfraçado de tartaruga ninja, por certo nom se lhe voltou a ver o pelo por alí...) seguimos enfrascados cun punto fixo na mente...nonos facía falha mirarnos, conheciamos o caminho á perfession...íamos enfrascados como cando gager máis eu probamos duns champinhons andaluzes...ou sonhei esto último!...faltaba tuchinho...comezamos a temer que o conxuro nom se ía producir..." nesesitamos un pinche local tijuano donde vendan ese pendejo líquido"...optamos por mercalo en pequenas doses...uns con máis motivos que oitros (acababan de visitar á tía na casa e traían máis vontade)...faltaba a música...o moucho indicounos o sitio idóneo e uns franceses comezaron a botar polas cordas gorjais estrondos que soaban...soaban como eses ronquidos que na burguesa zona do totem nos encomiaba a probar do elixir...estoupou a nuite e o espritu da nuite disfraçado de borja chejou dando chimpos polo ar, con sorrisos que convidaban a bailar, a cervexa voando sobre as cacholas da penha, a xente berrando con desenfreno, nun principio á música... máis tarde a nós...logo a borja ...ao espritu da nuite, que por certo non dou mostra de vida pola carbalheira, jâ lhe ajustaram as contas na casa...os foráneos de tijuana dispujerom que probasemos uma brebaxe verde a base de lajarto e guacamole, cuchillasso-no-cuelho que tudo o ajuanta trajou e trajou e sejíu trajando...todo seja pola pátria...fómola probando todos...e foi aí cando perdín a noción do verdadeiro, do real, do irreal, do sonhado e do disfrutado, acaéronme as forças, a jente desapareçeu, a música deijou de soar e jâ estaba noutro pùnto da cidade, con oitra gemte, com oitar música, a transmijrasion das ialmas existe, perdin o antídoto que ao sejinte día todos tinham disposto probar, a base de cetáceos e animais de cuncha matxacados, os percebes creo que nom lhes dou tempo a probalos...estaba perdido...sem antídoto nom había fin da ceremonia...acaín, perdín o control, nom tinha forças, non sabía, nom conhecía, nom vía, nom razoaba...e apareceu descendendo do ar unha sereia em forma de meiga, miroume dende o alto do contenedor e só me dijo: ímonos... seica caramuxo aínda está buscando a juan polos currunchos de compostela...nom sei se chejaría á súa vila, á vila do tal juan, pois muito prejuntaba por el... do moucho ninquem dou sinais de vida...nem as dará ate que a conxunçom dos astros voltem a reunir á cohorte de sempre...dos chejados da fin da terra nom quero imaginar onde acabarían bailando o arriesku...gager seica atopou antídoto na seriedade e responsabilidade de quem nom proba as drojas...o resto, sejuro que en tijuana, cuchilhaço tamém...de min soio sei que nom me atopei aínda...moito lhe queda á meiga for des-enfeitiçarme...

7/26/2005

a feira pasada...

como dí o título a feira pasada...non lhe mire-lo dente, ou aljo así...muita xoldra, muita xoldra xunta, e claro ajora pásame factura o corpinho.ontem fum ás des pra cama, erjinme ás seven at ten, e aínda arrastro unha vajedá de tres pares de collois. gustariame que hoxe me trajase a terra e me cuspise nun mundo milhor en des ou quinçe días, sem problemas... nom sei, ando desjanado (raro en mín...) pero nom, os problemas hai que arrejlalos antes de nada...

Hoxe día vintaseis, cumpreanos de oskar, medio século de existencia, que hoxe sí que dijo que se lhe agradecen, sabe que sempre estará aí e eu tamén, sorte que ten de comparti-lo día cos barbudos que um día liberarom uma ilha que hoje conhecese como paraíso dos comunistas...

o tempo tomou días livres, e deixou ao chou os partes de pemán, as estradas tínguironse de autocarros de novo, a xente voltou con olhos de desgana ás cidades, e fraja seje prometento lealdade como sempre..."galizza, ti nom tes nome, ti vives no mudo soia, e a prole fecunda túa espállhasse en erramtes hordas"...

polo resto, santiajo doume recordos para cada un de vos, e o cú do mundo por um día arrecendía a masas sociais repetindo ao unísono canto custa?, que bonito é todo e que ben sabe... a fin de semana amáis de cansanzo, deijoume un enorme chisco de aleghria e uma pesadume disa que nom sae nem con lejía...lejía faciame falha para borrar as minhas juelhas delictivas...

próxima parada...a improvisaçom...

7/22/2005


debido á espesial atençom e preocupaçom da penha usuaria polo tempo que adico ao meu trabalho laboral, hoje nom se publicará... a fodererse!!!

7/21/2005

día solar calqueira...


caminho entre ducias de espadas
que me perforan o trator...
clávolhe a sachadora ate o fondo
e as pataquinhas vanse esnaquissando, abertas, mirando pro sol bravo...
cúspolhe um chisco á terra que me sustenta
e deixo ir o trator balado abaixo,
coas patacas rebulindo polo terreo...
chíscolhe un olho ao solpor
e marcho co can pra casa...
as mans, por si acaso, járdoas nos petos...
...e non volto o olhar cara atrás...

jrasias...

7/20/2005

teórico aprobado!!!!


nova de ultimísima hora, oskar aprobou o teórico, logo de meses de recluimento chapando... noraboas. ajora a quen lhe tocará deijarlhe o carro para practicar!!??

o grande día da Galizza !!


e como ás caladinhas cheja a jran fin de semana que a Galizza ten coma protagonista, mires cara onde mires, seja festa, festival ou festa jolgorrio todas levan a imprenta ta terra nai.
menuda fin de semana! como se lhe explica a un non-inisiado na ialma jalleja o que é esta fin de semana?? nao posso!!! hai que vivila, che!!

non don a basto a recolher sitas para venres, sábado, dominco e luns, que é festivo por ser día da pátria e de sant-iago tambêm...

primeira proposta, de caramuxo, multi-festa-gastroetílica-de convivencia-inter-étnica, que conleva xuntar a muita xente, façer mojolhom de milhas náuticas e empenhar o fíjado nun vinte-catro-horas ( a preço de ouro)

sejinte proposta, a festa do medievo da que tenho muito falado, que pode ser impresionante a diçer do tempo, das janas da xentinha e dos anteçedentes, olho, ven alvarinho dos madriles...

oitra proposta, desfrutar do día da pátria, aghora que a ocasion a pintan blanca ( e asul, e un chisquinho ver-melha) con gemte que expliquem un chisco que é eso da transiçom que iniciamos nesta nosa terra; o cartaz musical é im-prezionante, tódolos justos, todalas tendencias, mojolhom de moderno, tirando a nasonalista, + ou - ... amais é a ocasiom de agasalhar á Galizza nesta fin de que o mereçe por muitas raçoms.

tamen proponhem, o jato-pardo e demáis acólitos do alcól, uma jornada erótico-festiva sumidos na mágia da fraga e no caladinho curso do eume, un banho de litronas, vinhos baratos, diversidades de gemtes e opinions... e comida "emprestada" (que formas tem o pepis, che, e como convençe ás raparijas!...) saúdos a bárbara e amijas, tenhoa presente nas minhas orasioms...

doutra banda, e jâ em plan-derbarre a dorna volta oitro ano máis, coma sempre levar ajuante, janas de rachalo mundo e un chisquinho de mághia...

muitas coisas que jâ se decidiram. de principio, tenho que baixar ao cú do mundo para deijar á minha irmán que quijo compartir comijo uma semana de vacaçoms, ao final tamen sumouse a minha avoa... vou a montar no meu piso a nova vivenda familiar.. a ver se amplío a habitaçom contra a horta e lhe pido a cusinha ao meu visinho canhita´s...polo de ajora a expansióm da famili só se apoderou do quarto do cote, que inda debe andar en nejosiasioms coa "dama a domicilio"...
ontem tomamos umas ajuas milajrosas que convidabam a durmir na terrasinha e jâ desidimos onde imos situar o noso quartel gêral de maniobras lúdico-sociais, así que quem queira quedar con nós... por certo surgíu uma ideia de inaujurasión do noso piso!! tela, tela, que diría gager.. pero iso jâ se avançará...pa´flipar, che...!, e tuchím apoiaa.
e antes diso temos a última clase de remo, remar é san, hoje toca modalidade batel, destino oza ou s. antóm ou se da tempo os dous, a ver como se aplica a milhor promessa que temos no noso batel, que cre que ritmo e coordinaçom son nomes de ajudas que da a union europea para façer cursos de remo... chuli-boy ten des-ventaja, saltouse uma clase, pasaralhe factura, de sejuro..mandáronos levar a mirinda como aos nenos piquenos...
as novas de ultima hora so falan de repartos de poder, de quintanas e toritos e demáis fauna política, meras especulaçoms e desejos imcumpridos de cada partido, deberíam informarnos máis da marcha de fraja, das maletas, da mudança, da derradeira bágoa que depositará na residençia ofiçial, de como reanuda o tranqueante paso, de como ten que calar na oposiçom... informaçom rosa, morbo sozial.. destaco pois uma nova aparesida na contraportada de esguelho, uma nova na que luisi amosa como vai curtíndose pouco a pouco, e fala das miles de xoubas, de parrochinhas, que lhes chamamos en nova iorque, que a casa dos peixes permite ver a quen se arrime ás súas instalaçoms, uma aposta polo daquí, polos recursos do país, o do tour tampouco é pra menos...

7/15/2005



como se bota de menos a esta mulherinha, infantta da nuite, joia do mencer... e é que nom ten parada...hai quen a viu un xoves en Vicum, o Venres en Pontevedra e o sábado en Viana... o meu referente á hora de superar retos...jústalhe a festa máis ca min...
Cando mudes de cuncha jurelinha reservame un curruncho da casa, onde quepa un cubatinha, un platinho de comida e festa... o resto das mulheres som gentinha por conheçer...pra cando sereia...??

chejou o Sol a Borralha !!!!!!!

En Borralha, voltou o Astro-rei, enganoume onte con destelhos pluviais, pero fiel á sita o Sol saúda dende primeira hora da manhá. Muita festa en todo o territorio, un non sabe que elexir, se mar, se campo, se fraga (olho ! con minúscula-minúscula, para evitar erros)... ao final onde o alcól deixe un repouso e unha pedrinha alomenos faja de mol almohada.

Hoxe sí que trainera, prometido. Onte puxen as mans coma ecce homo, de tanto remo, obxectivo un cumprido, nom cau ninquén ao mar (pq faltaba Gager...) e chuli-boi veu de tranqui...

Como estamos en tempos de mudanza, xentes que mudan de fogar, xentes que mudan de xefes, mudança de quinsena... pois mudei un pouquinho a faç do blogg con dúas incorporasións que se visitades a páxina con detemento veredes...
Agardo que as camisolas que vos amosei onte tuveran éxito, a ver se vejo aljuma por eí... por orixinalidade que nom seja, che...

Empeçan a ansiarse umas vacasións... (primeiro aviso)

7/14/2005

jodiuse o tempo, jodiuse o tempo??...


marchou a calor... ajora que xa tinha o corpinho para meterlhe canha solar... bueno tócalhe descansar ( de Sun...). A medida que se acheja a fin de semana sei menos que von façer anque é clar que as festas matronais do cú do mundo é festa que tira, malia que pra semana repetimos tamén festa... a quen juste do calor quedalhe canarias, ou mallorca, pq aquí ata luns...

tinha eu en mente aproveitar as rebaixas e comprar cousas inútiles que case sempre tenho xa na casa, por si un día as mancho para non ter que lavalas, nen pranchalas coma o meu compañeiro de fogar que contrata por horas unha "señorita del servicio doméstico" (pero das que limpian non das oitras!!!) para que comparta co resto dos habitantes do fogar as tarefas domésticas.. pssss... tamen tenho que comprar oitro tipo de prendas que descubrin fai pouco e das que tiña ouvido falar fai tempo (vivin como se cusinhaba toda a parafernalia empresarial) animovos a que pasedes por alí... só lhes faltaba vender chapas, pero bueno cando tenhas máquinas sofisticadas e aforren noutros vicios...

Onte remamos impresionantemente, paresiamos sete e só remabamos dous, todo é poñerse, hoxe coa traíña imos cruzar a ría fijo, todo depende de como estea o mar pero con este tempo, caer ao mar jode bastante.

7/13/2005

ai vai...

o MAR, que impresionante é o mar cando se olha dende o peaseo marítimo romper as ondas, pero a cousa cambia cando toca molhar o cú e inisiar unha actividade na que o primeiro día sénteste como un patoso.
inisio das clases de remo, começamos con banco móbil, nom cría que fose tan fodio cando vía a todos eses remeiros flipando nas olimpiadas, nom é que me proponha chejar ás olimpiadas pero cando menos nom caer ao mar.
onte no máis subir caeu ao mar o típico fulano enfundado en calcetins dermo-protectore-contra-entrada-dajua, con jafas-alo-maikelnyman: "habemos de caer todos"-dixo. ei-lo erro, fui o único que probou o ajua, o resto, ou cando menos dous deles probamos doutra ájua milajrosa, e pq daba a nuite que senon...
creo que nun par de días gager e eu entraremos na tripulasión da trainera, pq tenhen pouca xente e nós sendo como somos de porto de mar... xa se sabe...
Da insolasión von saindo con liquidos, pósimas e embrujes.

7/12/2005

a calor...

Comezamos con calor unha semana na que seguen os festexos. Os avatares climatoloxicos e os omnipresentes descuidos fixeron que afronte fodido e doído a semana. Ante as obrigacions laborais e extralaborais so tenho unha solución para sobrevivir.

No remo somos un grupo algo informe, non houbo clases de remo pq non ven o monitor, pero a xuzgar polo grupo eu e Gager miramonos con cara de "onde nos puxemos?".

Hoxe toca remar por primeira vez, recordar velhos tempos do Furacan.

Polo demáis toca descanso ata a fin de semana que promete movida.

7/08/2005

comeza o vrán...comeza a tolemia...

Nesta primeira fin de semana de Xullo, xa hai festas e festas que obligan á xentinha a tomar decisións salomónicas para desfrutar de apenas tres días.

Como o corpo non o tenho para muita festa, irei a casa a estar coa miña familia e repousar un poco.

De volta ao trabalho agardo deixar todo como o deixei, e nunha situacion presentable.
Xa verei...

inicio do incordio

Hoxe comezamos con este blogg, agardo que sexa visitado por muita xente.
O meu pobo está no cú do mundo, onde estes días comenzan a chegar xentes de tódolos lugares para dicir algún día que estiveron no cú do mundo.