8/16/2007

de pátrias...


...hâ gente que sente simpatía polo lugar onde a bem lhe tocou naçer, hâ gente que gosta de sentirse de onde un bo día espertou dumha longa siesta (ou dun pesado pesadelo), hâ gente que materializa esse sentimento preocupandosse e trabalhando por esse lugar chamado pátria...hâ gente tambén que trabalha a reo e deija vitais importáncias por sentir-se participe da construcçom da pátria, hâ gente tambén que pasan os anos, os meses, os días e as horas meditando na pátria, hai quenes pensan nom tanto e actúan máis, hâ quem tras a súa pátria agocha sentimentos de xenreira e vinganza, e como tal sintense verdadeiro e único patriota, hâ quen tenhem varias pátrias e conjúganas de paritario geito, hâ quem, incluso, pode viver sem pátria, tambén é certo que hâ quen nascen, viven trabalhan e morren por pátrias inexistentes ou imaginárias (nom venhem a ser o mesmo), hâ quen pola pátria nom dá un caralho, nem media teta, hâ quem deijou a vida por defender á pátria ou o trapo que a representa, hâ quen da pátria fai un saio, hâ quen con só escuitar o nome pátria diluese en vermelhos rencores e altofalantes berros....


pero entre todos hâ quen naçe coa pátria tam metida no corpo, tan incrustadinha nos ósos e nas carnes (nos cartilagos e sangue tambén) que nom se pode desprender dela e vailhe pesando e pesando até que sem atopar máis espazo interior pra crescer, sae pola cara, naçe da boca, das pequenas comisuras dos beizos e espalhaselhe á pessoa por toda o rostro...poucos/as poden presumir de levar á tria na cara...


...adicado a o manoel co "o" máis claro e preciso que dei en conheçer...

8/14/2007

liberdade...


afundidos na máis profunda das estimas existentes, emprenderon rumbo sem destino fijo no máis escuálido dos coches que se poideran imaginar. colheron en dúas rechonchas maletas mal pechadas, as quatro coissas que se soen colher numha viagem inesperada. cabalgaron no vento cos máis ansiosos dos risos, soltando bicos ao ar que lhes peiteaba as ansias de ceivar o que sentían…dirigíanse cara alá onde os anos do coche, as poucas coissas que levaran ou as inclemencias do tempo nom tiveran a mínima importancia…

á volta de pagar a respotagem do combustible, ela jâ nom estaba, deixara un fular vermelho con lunares brancos no assento, máis por esqueçemento que por mostra de tacto…entón comprendeu que a liberdade non estaba en ir a onde un quixera, senon en nom necessitar a ninguén para ir a ningures….e prendeu de novo o coche…