8/30/2005

o partido do século (I)


o partido era memorable por ser un encontro ansiado dende jâ façia muito tempo, moitos foran os sectores que o vinham reclamando, e muitas as oportunidades onde o combinado se reunira sem nunca coincidir tódolos jogadores sobor do céspede...e malia a ausencia de míticas glorias de tempos pasados (que nom está renhido coa idade, véjase que o trebóm de fisterra, sendo o máis novo é quem acumula máis trofeos de partidos gloriosos, jogando incluso luns e martes contra selessions totalmente descoñecidas, ausencia que veu acompanhada pola do seu séquito de arriesku dantzaris)...o partido dou comezo sem previo aviso, no sorteo de campos a moeda do árbitro decantouse polo mítico marinheiro, onde o velho mari seje afojando as penas a jolpe de cubatas levando a conta de memoria (por que será que hai gemte que nom sae dalí) a excusa era uma defensa sutil do cancerbeiro suplente, carri-leiro que na próxima tempada que pronto comeza abandonará a equipa para enrolarse nas filas do málaga virgen, cf, rodeando a portería uma defensa de luxo, valls alias "calvetas" que destaca demde atrás pola súa envergadura e potencial defensivo coas mulheres ligadas ao futbol...acompanhado de pin-en-en-vaso-ancho-plis, que já pronto anunciou que non se ía tomar o partido coa seriedade que de comezo demostraba o resto da equipa... pola linha de centro, líbero puro, pakis que já vinha entonado ou moi desentrenado chegaba a estas alturas da pre-campanha (nom fijo falha muito para tumbalo) e no medio e dirijindo o xogo, zipi e o seu olho clínico con aqueles espazos onde ninjen repara, capaz de colocalo balón longo onde máis lhe doe ao rival, poucos fomos os que escapamos da mordaz mordacidade, mais nom fijo um desplegue total de facultades, para que/quem se reservará??? como carrileiro polos laterais tucho, jogador de fondo, ávido nas distancias cortas pero só aí, logo houbo que insuflarlhe aire e ajuantalo que ía contra os rivais (con toda a raçon iso sí, con toda a raçom...) e que aínda está pajando as agujetas do partido... e moucho, carrileiro con sistema de jogo propio (que nos vai explicando pouco a pouco, minuto a minuto aos demáis...bueno é ijual...!) e en punta gagerinho, recén chejado da liga brasileira do barbança, jogador rápido e provocativo (provocador quero diçir...) que prometía rapidez co pé pero túvoa máis coa man empinado o cóbado... o céspede en bó estado...a humidade controlada, e as animadoras agardando para saltar (ou para saltarlhe nós) a calqueira momento... primeira estrategia planificada no mari-castanha, taponando o paso dos rivais, eliminando posibles pasilhos, e con marcaje de preto, o rival que se confía deija o seu poder enriba da mesas ao noso alcance (nunca os cubatas forom tan cheios, e agasalhanos con algun que oitro balon que se lhe escapa...) tiveron que empregar armas químicas que levaba o cociñeiro embaijo o pantalon para meternos um jol...vasos polo aire, risas polo chan..quieijas "creo que nom estamos entrenados"...zipi que já vai relajando o balón e lho vai lamzando a diestro e siniestro, pakis que nom se lambe...o resultado façiase agardar e vilumbrabase un bo partido...o ritmo incrementase e trasladamos o encontro á terras do noso amigo tizóm, as pancartas dino todo (FACENDA SOMOS TODOS, E NOM TIZOM SOIO) e o público, o escaso público que nos apoia empeça a quentarse...pedimos os balóns de tres en tres e de catro em catro... tizon que empeza a notar o sufrimento do encontro, que comeza a sudar, que pregunta por quinta vez si imos tardar en irnos, gemte por riba das mesas, mexilons voando polo ar, risas impresionantes, fotos,... e primeiro0 troco, incorporase oskar, fresco coma uma rosa ( o que lhe valdria ser o primeiro en abandoar o terreo de jogo), zipi que se empeza a lucir en serio e os balons son joias de gardar num livro... sácannnos a patadas do terreo de jogo (parada técnica e análise)...mais enfilamos novos minutos de incertidume no alvaroque, mudamos de plan, auto-evaluamonos (sí, a tranca já é bonita...) tucho já nom daba, os olhos paresían as persianas da minha habitasion que despertan cada manha a medio vesindario, moucho que nom sabe para onde quere ir, e a faccion pija que anuncia cambio de local...bo momento para larjarlhe um jrolinho e mudalas camisolas...logo do breve descanso adentramonos no máis perigoso , nos minutos finais, seguir o plan amarrategui ou lanzarnos sem olhos á ofensiva...pero ese será oito cantar...

8/26/2005

(II)


no angorento límite que marcaban as distancias, buscabaa a cada intre, nom podía comer sem pararme nos seus olhos, nom podía ver a televisión sem procurar ese riso que ela escondía por reparo...e eu sentíame procurado, elevado a un status que só alcanzan quenes se saben desejados, mantinha unha distancia prudencial mais mataba o tempo en atopar desculpas para quedar con ela a soas ou coincidir numa tarea común onde a minha pel entrase en contacto coa súa pel, nas paraxes máis insospeitabeis...o tacto...só procuraba tacto...el nono entendía, nom dicía nada...calaba as súas bágoas e ás veçes ata as escondía en risos tímidos... como malabaristas do aramio movíamonos en situacióms de perigo constante, disfrazabamos con caricias e miradas un desexo constante, uma pasiom desenfrenada contida num espertar a um mundo ao que ata entom lhe giraramos as costas, un mundo que estabamos decididos a conquistar...e botáronnos da casa...

8/25/2005

coma um día calquer


a petición da propria implicada publicamos hoje a proba gráfica de como un evento jaculatorio, de lembranza do tempo que por uma pessoa está a pasar pode chejar a ser o etílico, desbordante e erótico-festivo (o de erótico suponse) que mostran as fotos, sensuramos anacos por contar entre os blogueiros con gemte miúda...e é que isa nom tem oitra coisa que façer que reunir no dulçe que pode ser o antigo local de dulcilandia ao desfase, á marcha e ao alcol,...faltoulhe algo de quorom mais os que estabamos estábamos, e os que nom...que se fodan ! por terras de isa seguen empeçinados em metermos teatro polos olhos, será por teatro, seica estanse a encher as salas (bueno, isto nom é novidade é por animar á penha) a base de cultura, quem puidera... e nom moi longe un anciano que é como lhe chaman aos velhos na tele, descoljouse polo poço atado numa manqueira para evitar a morte por inçinerassión lojo de que lhe prendera lume a casa...muitos jâ o veriades...e iso é o raro...que o sacasen pola tele e o tratasen coma un heroe...se de indiana yons nonagenuarios está a costa da morte chea...o que nom dijo fui que el baixaba alí todolos días a colhelo ovos, que é onde as jalinhas os botan máis fresquinhos, cando subeu e viu todo ardendo...baijou de novo ata que chejara a televisióm (pq si non cando o sacaron saia coa peineta e o pañuelo no peto...?)...quem conheça a aljem de vimianço, creerame. ajora que os lumes vanse apajando toca lembrarnos doitros problemas que hai no mundinho e nom chejam tanto á nosa terra impresionante o artigo de ramonet (impresionante tamén poder preguntarlhe en pessoa cando veu á terra liberada, como arrejlarias o mundo?, ríuse...eu tamen creo que sorrindo podemos arrejlar o mondo)...para rirlhe os cartos aos futbolistas...muito do bo de morrer os inçendios é polo tempo (seica forom os aduaneiros que implorarom á chuvia) que jodíu ao sol por uns días, pemán namentres fai as maletas dijo que se cadra fai sol o sábado, pero tamén pode chover em zonas localizadas...ou seja sol nas aldeas perdidas e chuvia a tomar por culo no resto...pero está bem un descansinho para que os pertinentes lhe deijem apajar o lume aos xuíçes e demáis forças de ocupaçom (ocupaçom de soldos funcionarios, enténdase)...omte tivem uma parentese para desfrutar da música de m-clam, de jacobo paz (impresionante, o único comentario do público era: mira para jacobito, aller rulando petas en el local que le chapó la pasma, y oi ídolo de masa, forom varios os que o repetirom por distintas çonas do conçerto), mistakens, ultra-cuerpos... (m-clan nom, o resto eram de corunha...bueno polos nomes dos jrupos jâ vos daríades conta)( o cantante de m-clan, seica é de ponteareas, ti tamém...) moi bo o conçerto, só vin a m-clan e ao paz ese, o resto andiven bebendo por alí...falhaba gager que nun ataque de pasióm deportiva nadou corenta largos de piscina olímpica en vinte minutos, nom fijem as contas... pero creo que era milhor ponhelo a darlhe ás pernas ajarrado á traíña de perilho que numa bancada remando...drcote voltou como o filho pródijo lojo de uma semana sem dar sinais de vida, coma sempre dijo...estaba por aí... e metiuse na cama, hoje tem liada con drtorre a quem nom se lhe ve o pelo dende que ten isa profesion con ese nome tan chungo...manhâ ha de cheirar o piso a 96º...o resto tocaranos liada o venres nas míticas e vetustas pedras de compostela, que tantas nom tenhen ajuantado, seica nom hâ falhar ninquem...tenho o velho, que é como lhes chaman os médicos aos pelos, eriçados...pode dar muito que falar, todos levamos as costas preparadas polas navalhadas que caramujo nos pode soltar, mente sem descanso, e aos máis dende o día da PÁTRIa que nom entimamos, manhâ jâ lâ hei jardar forças que hoje hei de jastalas no que poida ou no que a meiga nuite me deije...

8/24/2005

citas

...a cita hoje podería estares no cú do mondo...podería estares na borralha máis verde,... podería estares caminhando pola orilha do teu corpo, chapuzando nas túas mareas á espera das túas ondas, ver mencer os teus caribenhos ollos no orizonte do teu riso e meditar sobre o teu peito que breve é o tempo cando nom hâ reloxo que o ciña...

(I)


adentreime tímidamente no piso, coma quem non sabe onde esta a pisar...o alcól jâ correra algo, a gemte alí reunida olhoume, saudei e optei por sentarme retraído detrás dun sofá...estaban a falar namentres ían bebendo, vestidos e vestidas para a ocasióm; escuitaba cada palavra que pronunciabam, escolmaba os comentarios e calibraba as formas de proceder da mente de cada uma das pessoas que alí se reuniran...foi entón cando reparei nela...con ise riso pronunciado e forzado ao que tanto me acostumaría...levaba jersei negro de pescozo volto e sentaba sobre as pernas cruzadas no centro do sofá... enfitoume, enfiteina e en viva voz, calando ao resto da gemte convidoume a falar de min, a opinar...e todo o mundo na súa dimensión, reparou en mín...olhei con vergonha o meu sapato roto pola suela...sudei um pouco, e soltei...realmente ser nacionalista nom é nenhum pecado, máis bem hoje em día, é uma opcióm de identificaçóm...ums sorprendéronse, oitros refunciron o celho...pero todos calaron...ela non, ela ríu cunha risa forte, penetrante, desafiante e burlesca...molestoume, mais jâ sabía que me acababa de ganhar...

8/23/2005

de inçendios, traínhas, teatro e demais movidas...


de volta jâ duma fin de semana atípica de vagaje, perigo e dalgun emotivo re-atopamento... jâ lâ pronto enfiei caminho co gato façendo escada técnica na compostela cheia de mutantes seres doutras latitudes, palpar cos beizos a brebaxe dos bohemios e cear en plan asterix no santiso, onde o gato aínda nom estivera...mistura de licor, alcol e vinho que rematou a faena nom muito tarde,... ao día seguinte agardar pola musa errante e enfiar caminho co sorriso do rapas que agarda un caramelo rumbo ás ilhas do sul, onde as calores son máis intensas e a luz brilla con máis intensidade...a autoestrada quedaba curta ao noso paso, fomos polo carril externo até vicum a alá descubrín esa lus ansiada ese urzaiz aberto de pernas coas tendas valeiras de incipientes máquinas de devorar saldos, esa tranquilidade da zona velha, esas cervecinhas do náutico, ese bocadilho do paparra...celebrábase a rejata de traínhas estatal, mais tivo que se suspender por mor dos insendios e deijar cancha ao hiroavióm, peninha que o lume remate coa singularidade da nosa paisaje, pior aínda que sejam as mans humanas e especuladoras as que finiquiten a inmensa natureza galega...obxectivo número um o pindo, o fermoso monte dó pindo vermelho denantes de arder...diçia carlinhos white: quem queima um caijeiro, pode ser unm terrorista, que hostia é quem queima um monte?...(sic)...alí luitando coas chamas debería estar monki, debería pq estar estaba en canjas do morraço, no festival de vilariño, escuitando a lamatumbá e aturando aos borrachos oficiais do concerto, oskar e jeko...que bonita sería la vida sin el alcól...mais que aburrida!!!...pero monki jâ estará ajora incorporado co seu banhador de sempre luitando corpo a corpo co devastador lume...voltando ás rejatas jañaron os cántabros con tripulaçom jalleja, astillero. pola nuite concerto de amaral, moi petado e a propia marcha dun sabado em vicum, desta ves acabamos tomando cocido no bar baiona.
mudando de terço, convídovos á mostra de teatro e monicreques de cée, a posibilidade de gustar do milhorçinho do panorama escenatográfico galego por catro cans e uma cadela, hoje pazó e as súas pazonadas, con que mérito ensalzae sácalhe lustre á máis cotiá das anecdótas...eu descansarei e procurarei a m-clam nalguma perdida praza de borralha...e preparase que pronto toca ir de voda a arousa,que dixo caramuxo que casa peta-bull, que mal lhe senta a aljuns coljar os livros...

8/19/2005

jâ lâ voltei...


esta semana fui muito rápida, quizais por comenzar laboralmente en martes, quizais porque havía muito choio. malia tudo cando colho carrerinha nao paro...logo de apurar uma fin de semana que tomei de relax, cheguei tardísimo a borralha, case cos ouvidos pechados para nom escuitar os cantos de serea de caramuxo que prometía milhons de litros de auga para refrescar uma tranca contínua desas que só se alcanzan na vilajoám, para oitra meu! e se somos mogolhom milhor, mais creo que nos veremos antes noutras parajes...em borralha seguen as celebracións por todo o alto, desta ves puiden asistir por primeira ves ao salon do cómic, onde o flamante ganhador do premio castelao de banda deseñada, david rubín mostraba a tira ganhadora (CGAI), uma historia que conmove os sentimentos de calqueira que os tenha de jeito profundo...uma reverencia e oitra noraboa máis...tamem voltei ao fogar dos peixes cautivos, onde mostran a vida dos peixes de jeito interactivo, unha grande experiencia para gemte coma min que nom atura sem tocar em todo, do milhorinho de todo eses banco de parrochinhas que pululan polo acuario sem parada...tocou tamen no cú do mundo deijarlhe por ves primeira o carro ao oskar, forom poucos metros, pero multiplicados por duascentas pingas de suor en cada un, joder!!! levaba o coraçom a çem tivem que façelo baijar, cecais con sete ou uito prácticas máis...fun de stranjis a un cumpreanos de tolos (bueno en singular pq isa era a única que ejercia de tola, os demais debíam de se considerar simples contagiados da súa tolemia), arranjei um pouquinho máis o mundo co velho soni, imos polo caminho, cada ves queda menos por arrejlar..."um día queimaremos a cociña e bailaremos ao redor coma os cherokees cando berrabam ao redor da fojeira"...e cumprin o proposito d´antía que saíu por ves primeira á Junquera, mítica festa de arrabaldos. esta fim de semana coma todolos venres, está no aire o luns cando tudo remate ja aterrisará...coidado no sur se se me vee um pouco de refilón intentarei ver a milheiros de persoas en moi pouco tempo, quem se apunte, que atine..."namentres, a meiga enfitaba coa olhada, con esa incitadora olhada, á pobre rá que se alzou príncipe..." agardo vervos, sobre todo ao malabarista de coraçoms que se multiplica por tres (ou catro?) e fai escapismo sem dejar de sorrir...sorrir así agardo atoparvos a todos...

8/16/2005

conto para durmir aun neno loiro de cinco anos (II)

..os días transcurrían entre a beleza do mundo e a superación dunhas carencias que chegarom a unir máis a nai e filho, a raíña e principinho...pero como bem advertira a nai eram máis as tímidas risas que esquivaba o principe das fermosas rapazas en idade de merecer, que as propias das señoras absortas ante o desparpaxo do espabilado principiño...efectivamente ás veces vía ao principe meditabundo espertar ao paso duna doncela que lhe ofrecía amablemente auga fresca da fonte...mais nom todo é felicidade..e os tempo da nai foise consumindo ante a falha de novas do seu home e a flaqueza das forzas que lhe lembrabam que jâ nom era moza...e a raíña morreu...sem coroa...sem nobres e coridos traxes, sem o rei, pero sí coa presenza do principiño, que víu como de desmoronaba o mundo , o escaso mundo que chegara a coñecer...foron duros, moi duros os días que se iniciarom por entón...nom tiña forzas, nom tinha ganhas nen de comer, os olhos acaíanlhe, o burro coidaba máis del que de sí mesmo e mesmamente o can non se esforzaba en máis que em lamberlhe as escasas bágoas que nas nuites de luar asomabam o seu rostro, pensou en morrer, en deixarse ficar á veira dun caminho... e fui xustamente aí, á beira dun caminho onde toro revirou de súpeto...a nuite era clara, lúcida por un resplandecer do luar que amosaba a máis bela nuite de san Joam das conhecidas até entom...achegarase o principe e o can a compartir escasamente dous anacos de pan e unha sardinha entre tres pastores cos que coincidiran ,estaba meditabundo coma sempre, cando a luz fíjose máis intensa nun lugar do ceo, jâ nom lhe deu máis tempo que divisar dois fermosos olhos coas cores do caribe enfitandoo dende longe, e um loiro cabelo que o encubriu por completo...nom fijerom falha as palavras, a nuite de sao Joam fijo o resto, so que o sorriso que dalí brotou tivo ecos no lugar pois a ledicia podiase contemplar alí mesmo encarnada na unión de dois corpos nun...o principe non tardou en darse conta que aquela era uma meiga que o enfeitizara coa obriga de axudalo, unha fada que facía pola súa custodia...tampouco tardou a meiga em comprender a forza coa que divisabam aqueles olhos do principe, nom dubidou pois em perder os seus poderes e encantamentos por pasar o resto dos seus días con aquel humano...juntos vagarom por caminhos, ríos e corredoiras co único proposito de desfrutar o un do oitro, a felicidade facíase ao seu paso, as mulheres bicabam aos seus homes, os cans xogabam cos gatos e os nenos abrazabam con todas as súas forzas ás nais ante o paso desa parelha de enfeitizamento...e cando menos propósito tes, canto menos buscas, máis atopas... caminhando caminhando derom cun reino onde as tristes gemtes que vivían afogadas en tributos e abusivos tratos recoñeceron nel a ese principiño que duma vez marchara sorrindo a cabalo dun burro entre un ría de bágoas da sua nai, a raíña,... pasara muito tempo, máis a gemte recordabao polo seu sorriso como o principiño que un día voltaría...foi como soubo da traicion ao seu pai...de como este voltara desfeito anos despois de marchar do palacio a raíña e o príncipe e da súa repentina morte ao se enterar do destino da súa amada e o seu filho (mentiras espalhadas polos seus inimigos)... pouco tempo tivo para chorar a morte do seu pai, sem saber tampouco como, foi posto á cabeza dun grupo de campesiños que pensaban que o reino nom era o feliz que debería ser por culpa de quen o administraba, forom días de adestramento, de discusions políticas de vida segreda no monte, muitas coisas jumtas... pero todas elas sustentadas polo amor da súa fada que nom se separaba del nen un segundo ofrecendolhe sorriso, valiosos conselhos e o apoio que tanto lhe valía...nom fijerom falha as armas, nen que correse o sangue, subirom coas antorchas na man e atoparom um castelo valdeiro, a uns poucos encomendadores dos muitos que marcharan ao ver rubir polo caminho ao castelo á garrida figura do principe encarnada polo seu pai, coa forte figura empuñando un sorriso de comviccióm como arma... o asalto foi culminado cun bico do principe e da súa fada que fijo estalar de ledicia a cantos alí se congregabam...logo de falarlhe á fada ao príncipe ao oído...fíjose o silenzo,... o príncipe colheu a coroa... e con extremo coidado púxoa no centro da enorme mesa que presidía a sala e pronunciou: " non quero o poder do meu reino senón depositado en quen ao redor desta mesa prometa sentarse a debatir e resolver os asuntos deste noso territorio" a gemte nom cabía en sí ante tal ataque de humildade, e iniciouse uma festa onde o baile, o vinho e a ledicia reinaron por días e días...así foi reconhecido como o primeiro reino onde os que mandaban eram muitos falando entre sí, e bautizaron a sala como parlamento...do noso principe e da súa amada pouco sabemos, desaparecerom e hâ quem dí que de cando en vez vense xuntinhos pola man ao longo de calqueira caminho en forma de raio de luz alumenado co seu amor e o seu sorriso a cantos con eles se cruzan...

conto para durmir a un rapaz loiro de cinco anos...(I)


contam dum neno que tivo em sorte naçer num palacio e ter como pai e nai a un rei e unha raínha, que se desfaçian por inculcarlhe uma educaçom recta e propia de quen habería de ter algún día nas súas mans un reino...
a vida em palacio transcorrera jâ dende que fora o parto entre almofadas e algodons, entre institutrices que se esforzaban por adiantalos primeiros pasos, ou ensinarlhe dicción cando aínda mamá e papá saían con certa dificultade...uma educaçom digna de quen dirigiría um reino, nom moi grande pero sí o suficientemente extenso coma para outear dende a torre e non divisalo orizonte...para ese pequeno rapaz nom había sosiego...non se daba a ficar em palacio sem conhecer unhas boas carreiras cos oitros nenos, dos que lhe falara alguma que oitra criada, pois os nenos nom tiñan acceso a el, por seren posible causa de contaxio de culturas insolentes e portadores de enfermidades vulgares...longe quedabam esas manhas de algarabía cos catro pajarinhos que a súa fiestra acudían a despertalo con doces cantos, longe eses días onde un coelho recorria a horta escapando dun neno que nunca tal vira, o principinho ansiaba lixalos pantalons, dar patadas nas canelas, fartarse a comer froita roubada... en fin ansiaba ser um neno calquera sen saber nem o que eso era...o contacto cos seus pais limitabase a comer juntos onde éstes asegurabam-se do progreso das ensinanzas, e un fuxitivo bico que a súa nai procuraba facerlhe chegar ás agochadas cada nuite...eram tempos de tranquilidade e tedio...pero o tedio non dura para sempre...e as coisas mudaron em pouco tempo...sem apenas tempo para asimilalo, o pequeno reino viuse involucrado nunha alianza de reinos para defender a lexitimidade contra un bando de reinos contrarios que non ficabam cómodos coas terras que tinham...sem apenas saber como, as gemtinhas daquel lugar víronse formando parte dum exercito encabezado polo rei (moi ao seu pesar)...a inquedanza apoderouse dos que ficabam na casa...lembrada foi a despedida do rei e a raíña que choraba como marcandolhe con ríos de bágoas o caminho de volta... o noso principinho nom reparou en moito...pola contra iniciouse um período no que a nai estaba máis preto del, nom lhe importaba se con mais ou menos preocupaciom, tamen se achegaram alguns nenos ao palacio, nun debilitamento das normas ata enton imperantes...máis a preocupaciom foi en aumento cando as novas que chegabam do frente eran escasas e moi negativas, pronto foron voltando reis e nobres mutilados, oitros derrotados... alguns aceptaran un retiro tranquilo a cambio do reino, oitros enfrascados en liantes alianzas morrian coas súas miserias...nada se sabía do noso rei...e foi pasando o tempo no que á raíña voltabanselhe canos os cabelos e mourados os olheiros...nom tardarom unha coalicion de antigos amigos do rei em apoderarse do trono e botar do reino á raínha e ao principiño coas únicas pertenzas dun carro tirado por un burro, algo de comida para se manter e roupas sobrantes...a despedida duma raíña ante os seus súbditos foi unha vergoña alhea que o novo poder encargouse de prolongar...sem embargo o principinho marchaba ledo enriba do carro, coa olhada fixa no ir e voltar da cola do burro, en como un can que nunca vira apegabaselhe á roda do carro rebulindo co rabo en alto...notaba coma uma apertura á liberdade, fóra de palacio...pero iniciaronse tempos duros de desterro..a comida escaseaba...nom sabían labrar a terra, pedir nom lhe era dado...a tristeza impedía á nai preocuparse polo seu filho, quem começaba a mostrar umha inmensa habilidade en comprender á natureza, en disfrutar desas pequenas coisas que ten a vida e só um neno é quem de percibilas, o nacemento dunha bolboreta chea de corido, o cantar dunha fonte nos días de calor...o principiño fijo tarea súa adicarse a aledar o carácter da súa nai...enfrascada na tristura de nom saber do seu home, do seu reino, e nom darlhe uma boa educaciom ao seu filho...e era o principinho quen atopaba con que comer, era o principinho quen facía rir á nai, e incluso quen lhe explicaba onde estabam as estrelas termadas por garridos angelinhos, a nai nom podía entristeçerse ante tal derroche de enerxía...foi como se deu conta que na humildade tamen habia honra, tamen podía crecer um rapas sem tesouros, sen ropupas nen refinados costumes, entendeu o carinho de desfaçerlhe os rizos cada nuite para voltar a peitearlhos cada manhâ...e adicouse a amosarlhe como últimas ensinanzas, pois vía as súas forzas decaer, tres normas, a humildade, a xenerosidade e a valentía...comezaba a ver que o rapaz xa non era un rapaz, e que as novas da guerra dábana por rematada sem saber do seu home do pai do seu filho...

8/11/2005

repouso...


até hoje durou a recuperaçom fisico-psiquica duma fin de semana ajotadora...ajotadora e surrealista. jâ lâ começarom cun cansanço e a curiosidade por ver un touro de preto (de serca quero diçir) pena que apareçeram uns homes vistidos de matadores de touros e nom deijaram desfrutar de tan belo animal...lomge diso afondabanlhe a espada no lombo...lamentable...como a actitude dos borralhenses-de toda-la vida (CTV a partires de ajora) que jaleaban cada manteado do touro...de súpeto jâ estaba cunha copiña de albarinho na man rodeado dun dos pazos máis fermosos da Galizza, e forom algumas máis, que entre catro juntamos nove cortizos de botelha...que gustaço durmir baixo uma parra de albarinho e ver o sol coarse entre as folhas buscando os teus olhos...houbo que voltar a cambados a procurar ao jatinho que voltou em plena nuite a mejar a cambados, que nom lhe façia jeito mejar nas parras...rumbo a terra meca, previo paso pola ilha máis comercial das jallejas para comuljar con cadanseu coitelaço nas costas ( e que as terraças tiram muito no vran)...reises em terra meca, tudo aos nosos pés...pena de nom levar aljo menos de resaca...debemoslhe uma á mequinha que aínda se queija de nom atendernos ao jeito por ter que trabalhar, e nunca tal atemçom tuveramos.logo de volta a cambados el-acabóse-ya, marabunta de gemte, alcol polas veas, tuchinho que apareçeu entre as marés de gemtinha, oitra ronda que pajo eu, pero bebe caralho que albarinho é um ao ano, mujer no me provoques, onde caralho durmimos, eu tal como estás contijo non subo, controlame á panoca...acabamos em vilajoam onde caramuxo tinha disposto o arsenal (deijamolo para á semana que vem, será por ajuínha, oh!) de volta de dominco eu era o único que mantinha o tipo, bueno e gager que levou á toda a familia a comer pola súa conta (invitou a sete e apareçeromlhe máis de doçe...) pajaría por velo en plan o-padrinho...em borralha tudo foi descansar.
se jâ mo dixo minha santa nai antes de sair de casa: "nom se pode beber parrulo, nom se pode..."
abraços para eles, bicos para elas e uma lene caricia para quem da magia fai oficio...

8/05/2005

re-visitando a rosalía


roubaronlhe o boi
roubaronlhe as vacas,
o pote do caldo
e as mantas da cama
entraron con sijilo,
coa nuite ja calma,
deixaronlle por compaijom/
no seu sitio a televisión
con pantalha de plasma,
o dvd, as silhas e un diván
a xojo cun sofa de pana
leváronlhe dous pantalóns rotos
e un traje que mercara na plaça...
soíño i espido ficou
jâ a rentes sem calma...
"...pero mira que son cabróns
o tourinho e o quintana..."

adeus ríos, adeus fontes,
adeus rejatos pequenos,
adeus vista dos meus olhos
que jâ nom ven de lexos...
minha terra, minha terra,
terra que tanto sachei,
deixoche o sacho cravado
pra quem o queira colher...
hortinhas que quero tanto,
fijeirinhas que prantei,
na nevera so teño as mançans do nitramon
e catro Kiwis que merquei...
deixo, en fin, canto coñezo
por un mundo que nom vím,
deixovos pouco a pouco
que os da patera jâ queren partir...

unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
e foi tan forte a dor, Dios mío,
que coa desesperaçiom, arranqueime un colhóm
e pedínlhe a Deus: dame forças
para arrancar cravo de tal condicióm
e doumas, sem dúbida
...ajora ando sem un colhóm...

castelhanos de castilla
tratai bem aos jalhejos
cando van, van coma bois
cando veñen, veñen com açento...
catalanes de catalunya (ou suisos da suisa)
tratai bem aos jalhejos
cando van, van sen um can
cando venhen, venhem co coche tuneado enteiro
euskaldunes de euskadi
tratai bem aos jalhejos,
cando van, van coas orelhas jachas
cando bem, nom lhes cabe no peto o dinheiro
madrilenhos de los madriles
tratai bem aos jalhejos
cando van, van con fame de bolo
cando voltan, volta como vinherom

airinhos, airinhos, aires
da ría de pomtevedra
se marchar, marchara ence
onde cabría tanta beleça

a rosalía, sempre co maior respeito...

8/04/2005

días de praia, días de festa


nova aportaçom de laurinha que nos seje amosando a jolpe de foto as beleças que tem a nosa terra (e as que lhe acompanham), dista ves ribeira, dista ves a dorna...ajora son oitras as terras que reclaman a union das forças festivas. toca molhar a palheta con albarinho a base de ajarrarse ao pouco que nos poda sustentar. em borralha a marcha estase a converter en asíduo ritual, multiplícanse as músicas, os sabores da xeografía ibérica e a penha tumultándose polas rúas dunhas pedras que voltan a revivir, nota negativa. pecharon (momentaneamente a praia que banha os pés da minha casa)...e namentres...o mundo seje a girar...

8/02/2005


-e seica cambiou o presidente da xunta?, disque.
-ai, no sé, yo de política no te entiendo nada...
-xa, oh, pero é que hoxe na tele non había máis que festa , jaitas e chaquetas...
-ai no que a este no le gustan las jaitas, es más refinadito...
-máis refinadito? !... que quem ?
-ai no sé... yo de política no hablo... dede que mi manolo estuvo dos meses de albañil en andarróa, yo ni mutis, que con la boca serrada no entran moscas.
-muller !, dous meses que estivo non será para tanto
-ai, conoses tú a los terroristas!.. ai, los conoses tú ??!!... no me lo puedo creer que aun haya gente tan antidemocrática en este país. PERO TÚ VISTE ALGUNA VEZ UN TERRORISTA DE CERCA...(...)... pues mi manolo sí, lo vió cara con cara...
- e eso?...
-pues no sé, pero el otro día pusieron una foto de esas de la tele y mi manolo dijo que le sonaba de cuando estuvo dos mese en andarróa... que se vino por que quiso por que el capetaz no lo soltaba !... no lo soltaba de lo bueno que es mi manolo!!!...
-pero eso non ten nada que ver con que haia novo presidente !!!
-que yo ya te dijo que de política no opino !!!... además yo no le voté, ni a él ni al loco ese de las barbas blancas !!
-pero ese non se presentou este ano
-presentarse !, presentarse a que?, ai , yo no entiendo de política, no hace falta que se me presenten que yo... yo ya bien los conosco... los veo por la tele y digo... ESTE... este sirve para mandar... ESTE... es otro más de los cabrones que quieren chupar del bote, porque claro uno se hace viejo y ya no lo respetan ... y todo lo que hizo para hacer las escuelas... y para traer la televisión por que yo antes no tenía televisión, y las carreteras, que llegamos con el coche de mi manolo, que eso que lo compró de segunda mano... no porque no tenjamos dinero...sino porque estamos ahorrando para el ordenador del niño... que ahora, chica, parese que sin ordenador no son nadie!...
-tampouco será para tanto !!!
-ai no sé , a mi mucho me gustan los jaiteiros, y mira que no llevarlos, con lo bien que tocara mi Yoni hace cuatro años...
-...cousas da política, viciña...cousas de política...

8/01/2005

re-interpretación da realidade


así é como é conhecida a teoría que demostra, ou que enuncia aquela cadea de impresións, analises, e percepción que mudan ante un feito externo que condiciona a entructura interna do ser... palavras un pouco (damasiodo académicas (forom varias as críticas á linguaje do blogg, que disque impedían uma leitura doada) que explican como cando un cae enfeitizado por un embrujo inicia uma viaje interna que fan florecer novos cauçes da forma de conheçer... o embrujo que me acaeu uma nuite de san joâo nom atopou o antídoto que me alcaçarom no día da PÀTRIa, longe disso... esta fin de semana dinme de conta de que o feitizo alcanza cotas de pérdidas da percepción real, desordenes da lembranza e cincunvalacióm do mundo ao redor dese feitizo...

a ocasión era idónea, muitos amigos, nom todos conhecidos entre sí, uma paraje da que nom me canso de reivindicar o seu atractivo, e uma ocasión: o cuarto de século do Oskar...inmelhorable marco para darse de conta de que um vai mudando baixo o poder do potente signo de acuario...

agora que os dinosaurios comezan a busca-lo calor debaixo das pedras, días nas que todo o mundo busca a tranquilidade do campo do rural, tenho a bem pararme des minutos olha-la minha vida e sentirme contento co que me rodea, um forma parte dese exército do que hoje nos fala luisi demostrando como un/ha jornalista ten criterio e demostrao escribindo sem exclusiva necesidade das verbas e das ás do resto da gentinhas (ao fin de conta nom som máis que opinións)..humildamente opino tamén eu...agora que toca pasar revista...paso as folhas cara adiante vendome a punta da lanza que surca o ar dun novo marco...

saúde e pátria aos que compartirom comigo, paciencia ao que o fan agora, e ilusión e persuasión a quen o farán num futuro (pomodora tócache mover ficha, nom tes volta atrás, vaste arrepentir de encher a casa de maleantesss...sabrás onde te metes...????)

de ter son este blogg oiriase un rugido aos catro ventos publicitando a beleça coa que diviso dende a minha atalaia de feliçidade... vivan as meigas e fadas que apareçem e desapareçem de súpeto para surprenderte cun inesperado retorno...e a beleça coa que che amoçan a divisar as coisas...!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!