8/19/2005

jâ lâ voltei...


esta semana fui muito rápida, quizais por comenzar laboralmente en martes, quizais porque havía muito choio. malia tudo cando colho carrerinha nao paro...logo de apurar uma fin de semana que tomei de relax, cheguei tardísimo a borralha, case cos ouvidos pechados para nom escuitar os cantos de serea de caramuxo que prometía milhons de litros de auga para refrescar uma tranca contínua desas que só se alcanzan na vilajoám, para oitra meu! e se somos mogolhom milhor, mais creo que nos veremos antes noutras parajes...em borralha seguen as celebracións por todo o alto, desta ves puiden asistir por primeira ves ao salon do cómic, onde o flamante ganhador do premio castelao de banda deseñada, david rubín mostraba a tira ganhadora (CGAI), uma historia que conmove os sentimentos de calqueira que os tenha de jeito profundo...uma reverencia e oitra noraboa máis...tamem voltei ao fogar dos peixes cautivos, onde mostran a vida dos peixes de jeito interactivo, unha grande experiencia para gemte coma min que nom atura sem tocar em todo, do milhorinho de todo eses banco de parrochinhas que pululan polo acuario sem parada...tocou tamen no cú do mundo deijarlhe por ves primeira o carro ao oskar, forom poucos metros, pero multiplicados por duascentas pingas de suor en cada un, joder!!! levaba o coraçom a çem tivem que façelo baijar, cecais con sete ou uito prácticas máis...fun de stranjis a un cumpreanos de tolos (bueno en singular pq isa era a única que ejercia de tola, os demais debíam de se considerar simples contagiados da súa tolemia), arranjei um pouquinho máis o mundo co velho soni, imos polo caminho, cada ves queda menos por arrejlar..."um día queimaremos a cociña e bailaremos ao redor coma os cherokees cando berrabam ao redor da fojeira"...e cumprin o proposito d´antía que saíu por ves primeira á Junquera, mítica festa de arrabaldos. esta fim de semana coma todolos venres, está no aire o luns cando tudo remate ja aterrisará...coidado no sur se se me vee um pouco de refilón intentarei ver a milheiros de persoas en moi pouco tempo, quem se apunte, que atine..."namentres, a meiga enfitaba coa olhada, con esa incitadora olhada, á pobre rá que se alzou príncipe..." agardo vervos, sobre todo ao malabarista de coraçoms que se multiplica por tres (ou catro?) e fai escapismo sem dejar de sorrir...sorrir así agardo atoparvos a todos...

7 comentários:

Anónimo disse...

Unha chave que xira, unha porta que se abre, Pablo e Gato que entran......

TXARI disse...

creo que a hora do comentario está aljo errada, eran as nove da manhá??!!

mariademallou disse...

ando cun seu familiar cercano compartindo cafeses na semana de teatro... un saudiño.
( chegastes ás nove da mañá?!, ai mimá...que vida!;)

TXARI disse...

jâ lâ era hora de que passase pola casa, oh! suponho que de teatro ata as celhas...e nom eran as nove, coma muito as seis que nom andamos jâ pra trotes deses!

Anónimo disse...

Well done!
[url=http://bcybbtfa.com/vehq/amwv.html]My homepage[/url] | [url=http://aihzsurj.com/vxtd/cdce.html]Cool site[/url]

Anónimo disse...

Good design!
My homepage | Please visit

Anónimo disse...

Nice site!
http://bcybbtfa.com/vehq/amwv.html | http://fegayboj.com/sbkw/asou.html