5/25/2008

a chuvia segue existindo...


as pingas da chuvia seguen debuxando círculos concéntricos nos vidros carcomidos polo sol...o cárcere de chuvia anega o espazo no que os turístas sentense prissioneiros, e o sol disfraousse de paraugas para encher os pantanos de sabiduría, de sustento vital....nissa paragem, que me queda?...unirme como os de estocolmo a o sentir dos prissioneiros ou rebulir a energía plúvica co risso amplo imperante sobre as súas faces?....elixo continuar, recolher pinghas de chuvia e gardalas en tarros de cristal, em época de carestía (todo chegha, todo chegha...) han de ser boas...e tentarei sorrir...no caminhar a o descuberto, sem paraugas nesta rara e confussa chuvia....do mes das flores

5/12/2008

habitáculos de estreno, velhas sintonías


o espazo que determina o tempo e a velocidade....novo espazo vital, giro de vida, probabilidades e posibilidades que se cumpen e o cadrado do tempo nom equipara co espazo, a velocidade é vertiginossa se falamos de tempos....muito lio de verbas...o espazo é novo, e abriu un novo tempo a umha gran velocidade, coissas máis claras....percorro as habitaçoms núas do pisso e atopo un chisco da túa fragancia, das túas conversacioms inexistentes que jâ nom son o primeiro e a duras penas o seghundo....vexoche na lonxanía do meu olhar dende a janela do meu quarto, aínda estás, sorrindo, rindote de min, perforandome co teu riso que é iso, sen iniciáticas consoantes, e nom sei como mudar sen verche, como dobrar a esquina sen temer atoparche, e actúas como se tal, como se nom passasse nada, inundas e anegas o meu novo espazo como a chuvia fai cos patios andaluces en bar Salona, percorres as dobregaduras do meu maxín, ...que difícil darche esquinazo...que rara e contumaz a mecánica das lembranzas...