4/28/2007

?


...se a pregunta é directa, canto custa dar umha resposta?


por certo...felizidades!!!

4/25/2007

...vintaçincodavrilsempre....


...e a liberdade esvarou dende o caravel, espalhándose polo ar....

4/23/2007

re-interprentando a realidade...



numha terra dominada polas sombras e o oscurantismo, onde a mágia tinha encarcelados aos seus habitantes numha maldición perpétua que os engaiolaba no povo sen poder sobrepasar as marcas da fraga, era o dragón o encargado de vigiar e atormentar a os habitantes, e cada ano por estas datas cobrábase o seu tributo en forma de sacrificio humano…pero dun ano deron en chamar a un meigo galego, curtido na arte das pócimas e os feitizos, quen apareceu polo horizonte cabalgando no seu cabalo branco e armado con inteligência e tesón, agardou a que o dragón rematase de fungar lume e cravoulhe a lanza pola gorxa até as ghaladas, o dragón foi decrecendo en forzas até morrer e xurxo púxose a descansar lendo un livro,… é polo que aínda hoje en día nestas terras celebran a o seu Sant Jordi (como lhe deron en chamar naqueles lindes) como o día da liberaçom do dragón, regalando e lendo un livro e unha rosa, pois ista flor foi a única recompensa que xurxo levou, iso sí da man da máis fermosa doncela do por entón reprimido povo….

4/20/2007

mmmúsicas de líbido....


levado por umha contínua cadea de mmmmúsicas, e tendo en conta a minha lentitude ante as encargas, niste caso de verdelho, véjo-me na obriga de aportar mmmúsicas ligadas á minha forma de entender o sexo. e tendo en conta que:

1.- nom emprego música nises intres, son dos de deijarme deleitar pola sintonía dos suspiros e os jadeos...
2.-se houbese algumha música que me levanta-se a líbido, mercaría un i-pod (estiven valorandoo e nono vejo claro) para levala sempre na orelha.
3.- o sexo é diversión...alomenos polo de agora o de aparearse jâ lhe tocará, se lhe toca...e polo tal, porei mmúsicas que me divirten e suben o ánimo, imprescindible para descarregar as enormes energías que conleva o fornicar...
4.- quem me conheçe ( e quen nom tambén, só tenme que ver escrever) sabe do rarinho que son, e do inexcrutable da minha mente, así que nom se deijem surprender pola surpresa dalgumhas elecçoms....
e ahí van, sen orde de preferéncia:

PRIMEIRA: ROSE ROUGE, de Saint-Germain, polo ritmo pola insinuaçom, polo de provocativa...

SEJUNDA: LA LEYENDA DEL TIEMPO, de Camarón de La Isla, pola forza que desprende e o arranque que ten...(nom atopo vídeo de Camarón)

TERÇEIRA: FRANCOIÇE HARDY, como representante da música sesenteira francesa, tan sutil, tan optimista, tan "brigditte bardot"...(nom acerto a adivinhar o título da cançom que quería por, deijo umha mostra)

QUARTA: BÁMBOLA, de Patti Bravo, polo de erótica (asociareina á película) e polo "animosa" que me resulta, e polo de idioma italiano, que muitos comprenderedes...

QUINTA: HIT ME BABY ONE MORE TIME, cantada por Travis, polo ritmo sugerente, polo de rogo e a cadéncia de se rir dun macro icono como é a cursilería pre-adolescente.

deijo no tinteiro RESERVOIR DOGS, DOORS (riders on the storm), NINA SIMONE, BEATLES (help!), OTIS REDDING, JAMES BROWN, ARETHA FRANKLIN, RENATO CAROSONE, NIRVANA, LEONARD COHEN (allelujah, take this waltz), R.E.M., e por suposto O GRAN DYLAN ( just like a woman, love minus zero)....e a desfrutar!!!

4/16/2007

ME CAGO EN EL AMOR


hoje é um bo día para deijar de crer no amor....se me traiciona cando milhor estóm...pq crer no amor se el nom cre en min?



4/11/2007

reviva o zeca...


de volta da vida, leo con detemento a prensa e o que até agora eran promesas que quedaban no esquecemento, convertense en realidade…logo de que a tvg perdera polo lume (nom cegaban os montes, que a tvg tambén tivo que arder!!!?) os documentais sobre zeca afonso, a mesma canle chega a un acordo coa televisión pública lusa para lembrar, revitalizar e por onde lhe corresponde a ese trovador/luitador luso que tanto empenho puxo en unir dois mundos daquela distantes pero con ansias de abaijar os pasos levadizos que unisen o pai minho. nom podemos máis que aledarnos porque… soará de novo, no día de s. marcos/día dos caraveis, o milho verde de novo na raia, e os vampiros serán de novo denunciados na nosa terra de vampiros, e sonharemos todos coa utopía da papuça...polo zeca, tambén,... que sempre fui zeca, sempre foi música….