5/25/2007

o canto dos pajaros...


troujerom de dispares sitios baijo o amparo de preservar a riqueza do planeta e amosala por todo o mundo, fermosos pajaros de lindas e rechamantes plumas…colocáronos en gaiolas pequerrechas e con doado acesso para que lhes fosse pouco complicado a os visitantes do zoo achegarse á beleza das súas plumas e deleitarse do chirriante soar do seu canto…mais os pajaros entristeceron, nom cantaban, e a vistosidade da plumagem foi perdendose…decidiron ponhelos en gaiolas máis grandes para que tivesen máis espazo, pero acurrunchábanse nun pequeno currunchinho e nom erguían a cachola da súa plumagem. Seguían sen cantar…seguían pusilánimes e sen cor…decidiron limitar as visitas e ponher altas as gaiolas, de geito que nom se lhes molestase na ardua tarefa da reproduçóm, pero nom se ajuntaban machos e femias, estudaron e estudaron, biólogos, zoólogos, físicos, veterinários e gemte de a pé, incluso… e nom sabían darlhe explicaçom…namentres esmagaban os miolos con pesadas, plomizas e recurrentes ideias sen utilidade, tres parelhas de exóticos pajaros conseguiron liberarse a través dos anchos barrotes da longa e, á súa vez, ancha gaiola…hoje en día, um dos maiores gozos é pasear por Barcelona baijo um imponente chirrío de libertarios cantos e deijarse abraiar pola fermosa plumagen dos milheiros de exóticos pajaros que libremente anegan os ceos da ciutadella, rodeando cos seus cantos á os poucos companheiros/as que numhas minúsculas gaiolas agardan que a algún “experto cerebro” se lhe ocurra descubrir como facer que um pajaro cante e se reproduza… fóra deijánlho bem claro: “em liberdade”

5/17/2007

hoje son galegas as letras...e os fonemas??


um día coma hoje dende o exilio vívese de xeito distinto a como se fai na terra. aquí tes que preguntar e indagar se ques saber a quen se lhe adican “as letras” deste ano. a María Marinho pois nom a conhecía muito se nom é por que escuitar algo dela na literatura feminina e en relación a o poeta do Courel. Nom hâ programas que che lembren a cotío a figura de María Marinho, nem infinidades de actos literarios e lingüisticos (si tenho que decir que nesta terra hoje manolo rivas é presentado polo conseller en cap numa charla-colóquio), nom ves a tanta gente pola rúa “falando galego por un día” pero nom é raro escuitar o galego calqueira día, sintes o día como se cada letras galegas que pasa necesitases esforzar-te máis e declarar máis alto o teu amor pola língua…quizais a maior rareza é que aquí hoje nom é día festivo e hai menos gemte na praia, rúa, montanha ou onde seja que festegem un día coma hoje… pola lingua que nos une, para que nos una máis cada día

5/14/2007

adeus á luz reflejada no papel.....


e con el foise a luz, e a nuite tinguiu de loito a súa escuridade,... e o velho cinematógrafo voltou hoje a ser mudo, a sonoridade con el tamén levou...pero fui máis o que deixou esquencido nas maletas das súas lembranzas, toda a memória colectiva en tamaño 16x16, as ledicias dos tempos idos, as degrazas da máis afastadas das terras médias, hoje foise cos méritos que a el sí se lhe puideron rendir en vida, foise a memória até entón viva, e a ledicia...foise a ledicia que asomaba ao seu rostro cada vez que falaba dunha fotografía súa, son desas persoas que cando a conheces sabes que estás conhecendo á Posteridade, un anaco de História... el foi feliz retratando e a fotografía jâ nom será a mesma sen a súa felicidade...nom sei onde andará agora pero de seguro que será sempre acompañado da súa kodak e os milheiros de histórias que del os meus ouvidos escuitaron...

5/05/2007

A-55 na ruta xacobea...


...quedaramos en nos reunir tras moito tempo sen vernos, nom así sem saber uns dos oitros, pois estabamos en latente comunicación. eu fora a propósito á reunióm, a invitaçom nom era para menos, alcól, festa, muita xente e lembranzas...todo transcurría con normalidade: bebíamos todos juntos eles e elas na fronteira entre o povo e o monte. festaxabamos a arribada do descubridor do novo mundo pero tamén o ben que nos fora dun ano atá entóm...o alcól deixaba paso aos risos, ás lembranzas, comencei a engatunharme e a namorarme de novo de quen me acompanhaba, vía oportunidades por doquier, vía que nunca debería abandoar a aquel grupo, o alcol subiame a cabeza até o ceo, o monte deixaba escuitar os queixumes dos seus pinheiros, e a festa ao lonxe soaba a algarabía, e chegou o "momentoM", o críco momento que decide o destino das minhas saídas, o momento de mexar, como unha porta que se abre e nom sei a onde me dará paso, dispuxenme a arrimarme a un pinheiro. -"aqui nom, está moi preto, a ver se caminhando algho máis..." "uf, aqui é que é moi descuberto....!" e de súpeto vinme numha inmensa néboa que cegaba os meus olhos, e o resto dos sentidos, e fixen o que fan (facemos) os perdidos, seguir caminhando... e ía entre os pinheiros, e as ganhas de mexar incrementabanse, e a néboa era máis espesa, e nom ajuantaba máis e xa nom habia xente, e as luces non se distinguian e a música era invencióm só da minha mente, da minha perdida mente...e topei con algo parecido a unha verxa,e salteina "-se cadra é un galinheiro e tenhem váter" pero só dei cunha pista negra, e seguín caminhando, seguindo as linhas blancas que me marcaban o caminho, "- e isto xa nom será monte, non?" e nom había cobertura, e os pinheiros xa nom se queixaban...e de súpeto: unha luz branca como o final dun túnel, pero era o túnel quen se achegaba a min, e pfiiiiuuuuuuu.... a luz que pasaba, e aos poucos outra luz, e oitra....e as línhas nom remataban, e a música cesara até na minha cabeça...e reparei nalgo entre a néboa...ía achegandome, a ilusión fíxome forte, xa nom tinha ganhas de mexar (xa mexara?) pero din conta das poucas forzas que remataban e lin nun pequeno cartel ao que me dirixín: "A-55, Km. 7" se os números ían con letra era unha estrada, se comezaba por "A" era autoestrada, e se era ese quilómetro levaba seis e pico andados...."-enton von por unha autoestrada...non?", nom tiven tempo de pensar tentei parar un par deses coches con luz potente, pero os cabrón esquivabanme, "-bueno, nom tenho ganhas de mexar, ton comido, bebido...." e dei volta até baiona, pola beirinha, á saída da autoestrada varios coches patrulha entraban coas luces accesas e as sereas postas, -"irán a buscar a alghun inconsciente que deambule parando coches pola autoestrada?...nom, nom creo, irán a por alghun que irá en sentido contrário..." cando dei chegado a baiona a metade de colegas xa se foran, o pior que eu levara o vehículo, e foronse en taxi....pero aínda había música en baiona, e a festa acababa de começar....


(fragmento de Das sete vidas do gato. "Edicions Festa da Fraga Festa Nacional"

cumplindo a invitaçom de marinha, deixo aqui unhas respostas ao xeito que proust fijo nun par de ocasións, abertas quedan as portas do meu sentir...


¿O principal rasgo do meu carácter? A toleráncia e a tranquilidade

¿A cualidade que prefiro nun home? A creatividade

¿A cualidade que desexo nunha muller? A creatividade e a comprensión

¿O que máis aprecio nos meus amigos? A constáncia.

¿O meu principal defecto? Dubidar de máis, ser tan tolerante.

¿A miña ocupación preferida? Descansar e interactuar coa xente.

¿O meu soño de dicha?Un mundo xusto e guiado polo sorriso.

¿Cal sería a miña maior desgraza? Perder os referentes.

¿Que quixera ser? Cura.

¿Onde desexaría vivir? Mar, montanha preto, río e muita natureza.

¿A cor que prefiro? A laranxa

¿A flor que prefiro?A orquídea

¿O paxaro que prefiro? O arao

¿O meu autor preferido en prosa? Gabriel García Márquez

¿O meu poeta preferido? Ánxo Valente, Neruda, Lorca

¿O meu heroe de ficción? Songhoku

¿A miña heroína de ficción? Mafalda

¿O meu compositor preferido? Dvorak

¿O meu pintor predilecto? Lugrís, Dalí

¿O meu heroe da vida real? O meu Pai.

¿A miña heroína da vida real? A minha nai

¿Os meus nomes favoritos? Noa, Ana, Noé

¿Que detesto máis que nada? A inxustiza

¿Que caracteres históricos desprezo máis?As dictaduras

¿Que feito militar admiro máis? Revoluçao dos cravos

¿Que reforma admiro máis? A que fixen na minha habitaçom

¿Que dons naturais quixeras ter? Autoestima e Impulso

¿Como me gustaría morrer? Nom gostaría de morrer.

¿Estado presente do meu espírito? Busqueda de respostas

¿Feitos que me inspiran máis indulxencia? Os que nacen da ignoráncia nom buscada

¿O meu lema?: Fai bem e nom mires a quen


e por convidar, pois convido a calqueira que por aquí pase...