5/05/2007

A-55 na ruta xacobea...


...quedaramos en nos reunir tras moito tempo sen vernos, nom así sem saber uns dos oitros, pois estabamos en latente comunicación. eu fora a propósito á reunióm, a invitaçom nom era para menos, alcól, festa, muita xente e lembranzas...todo transcurría con normalidade: bebíamos todos juntos eles e elas na fronteira entre o povo e o monte. festaxabamos a arribada do descubridor do novo mundo pero tamén o ben que nos fora dun ano atá entóm...o alcól deixaba paso aos risos, ás lembranzas, comencei a engatunharme e a namorarme de novo de quen me acompanhaba, vía oportunidades por doquier, vía que nunca debería abandoar a aquel grupo, o alcol subiame a cabeza até o ceo, o monte deixaba escuitar os queixumes dos seus pinheiros, e a festa ao lonxe soaba a algarabía, e chegou o "momentoM", o críco momento que decide o destino das minhas saídas, o momento de mexar, como unha porta que se abre e nom sei a onde me dará paso, dispuxenme a arrimarme a un pinheiro. -"aqui nom, está moi preto, a ver se caminhando algho máis..." "uf, aqui é que é moi descuberto....!" e de súpeto vinme numha inmensa néboa que cegaba os meus olhos, e o resto dos sentidos, e fixen o que fan (facemos) os perdidos, seguir caminhando... e ía entre os pinheiros, e as ganhas de mexar incrementabanse, e a néboa era máis espesa, e nom ajuantaba máis e xa nom habia xente, e as luces non se distinguian e a música era invencióm só da minha mente, da minha perdida mente...e topei con algo parecido a unha verxa,e salteina "-se cadra é un galinheiro e tenhem váter" pero só dei cunha pista negra, e seguín caminhando, seguindo as linhas blancas que me marcaban o caminho, "- e isto xa nom será monte, non?" e nom había cobertura, e os pinheiros xa nom se queixaban...e de súpeto: unha luz branca como o final dun túnel, pero era o túnel quen se achegaba a min, e pfiiiiuuuuuuu.... a luz que pasaba, e aos poucos outra luz, e oitra....e as línhas nom remataban, e a música cesara até na minha cabeça...e reparei nalgo entre a néboa...ía achegandome, a ilusión fíxome forte, xa nom tinha ganhas de mexar (xa mexara?) pero din conta das poucas forzas que remataban e lin nun pequeno cartel ao que me dirixín: "A-55, Km. 7" se os números ían con letra era unha estrada, se comezaba por "A" era autoestrada, e se era ese quilómetro levaba seis e pico andados...."-enton von por unha autoestrada...non?", nom tiven tempo de pensar tentei parar un par deses coches con luz potente, pero os cabrón esquivabanme, "-bueno, nom tenho ganhas de mexar, ton comido, bebido...." e dei volta até baiona, pola beirinha, á saída da autoestrada varios coches patrulha entraban coas luces accesas e as sereas postas, -"irán a buscar a alghun inconsciente que deambule parando coches pola autoestrada?...nom, nom creo, irán a por alghun que irá en sentido contrário..." cando dei chegado a baiona a metade de colegas xa se foran, o pior que eu levara o vehículo, e foronse en taxi....pero aínda había música en baiona, e a festa acababa de começar....


(fragmento de Das sete vidas do gato. "Edicions Festa da Fraga Festa Nacional"

1 comentário:

Anónimo disse...

moi bo, o pior é que moitos tivemos pasado por situacios semellantes