1/26/2006

o jogo de alhegue...


sejindo o jogo proposto pola trasno marinha, vou de seguido a relatar cinco manías minhas e de seguido hipervincular a cinco páginas para que sigan a cadea publicando as súas cinco manías e vinculando a cinco contactos máis...e hai vam:

uma.-olhar os cruces das aristas que se cruzan na parte máis alta dos edificios.
dois.-gardar cartas e documentos en caijas que acumulo atê o teito.
tres.-comer queijo (bueno máis que manía é vicio...)
catro.- chejar tarde a tódolos lados
cinco.-mirarme en calqueira coisa que me refleje...

e pasolhe o testículum a:

vedelho
maria di malhou
cinzenta proletária
mikas
neno_da_norita

a ver como remata a coisa.....

1/25/2006

tratamento


descripçom: estado anímico alicaído, alta porcentagem de estimulante alcólico no sangue, forzas baijas com capacidade de recuperaçom lenta, fame excesiva, um xeonlho con deficiencia motora, inicios de otite em ouvido esquerdo e uma tarjeta do furacán no peto direito.

causas posíbeis: inícios de períodos post-traumáticos-depresivos, estado eufórico asociado á bebida alcólica, pouca injesta de alimento sólido por vía oral e malas recuperaçoms de anteriores accidentes...

tratamento: dois chourisos da laiosa cada dezaseis horas, en crú e acompanhados da toma dum vasinho de auga concomitante sem respirar e descanso noturno de máis de nove horas, proibiçom do alcól durante doce días e tomalo sol, muito sol...

com tamanaha mencinha tradicional pra que queremos aos médicos desplaçados***...

***sem ánimo de ofensa para con os médicos que tam bem fan a súa professóm, algums máis que bem...

1/19/2006

tamém...


tamém hai días nos que nom che apeteçe sorrir, apuras os sorrisos mais atóranse denantes das cordas vogais...hai días que ergueste da cama cuma nube cinzenta sobre ti, hai días que almorças o leite nejro, ausente da súa cor...tamén hai días que choven bágoas polas rúas e nom dam empapado a pedra. hai días que os silenzos afunden os berros que rezuman na cachola...pero tamén hai días nos que a neve nom passa de ser gris oscura, en que o vento nom insufla no teu tendal...hai días nos que a chuvia retén soidades que vai espalhando coas pingas de orbalho...hai días nos que ergues a cabeça só pra nom tropeçar coas farolas...hai días que hipnotiças ao teléfono para que soe, mais os mortos nom chamam... hai días nos que as paredes som reijas e o ceo a quinta parede pétrea, que cantaba celsoemilio...e hai nuites que proseguem a estos días con ausências de sons, con ideas xiróvagas que reflotan no mesmo punto...hai tamém nuites que só som a continuidade dese día...mais de nom haber eses días, de nom haber esas nuites...como caralho podería erjer a vista ao sol e berrar com mil cores plastidecor o único, autêntico e exclusivo que som...aos catro ventos...aos sete puntos cardinais...

1/12/2006

das máis belas fruitas...a vermelha !!


per la pomodoro che gli mantiene i sorrisi i fogli
e per allentarlo quando sveglia...

aguardando ter cobijo omde reparar a ialma velha/ reparei por causalidade, ou polo azaroso do destino numa fresca fruita vermelha/ ao comezo poco reparei ante o vazío do fruiteiro/ da pureza e da sinjeleça dela/ nom resaltaba nem desapercibía, mais reluçia cando olhabas á esghelha/ dubidando què turbaba o meu siso, descubrim que me sorría a mui rabela/ ante a incredibilidade de ver sorrir uma fruita, por mui vermelha que senha/ fíjeime máis de preto nos seus hábitos e nas rutinas da estrela/ dese fruteiro desolado en que se converten certas cidades sen senha/ vin que nom maduraba nem perdía frescura como a fruita d´acarón, a pera/ amáis con pouco tempo fui curando a minha ialma e levantouna ata as estrelas/ é hoje o día que nom posso pensar, sem sorrir, nalgo que me evoque a ela...nem ouvir o rintintin de certas linguas senlheiras/ nem ofuscarme, cando toca, se nom apareçe a fruita pola escena/máis si luito é polo sorrir, se canto é por sentir, se bailo é por vivir e se esto escribo é por que das fruitas sempre tivem á máis bela...

(de cando os pomodoros pintaban en azul...)


1/10/2006

con neve atê onde o caralho perde o nome...


a volta á neve por agardada, pareçia máis regalo de reis que viagem cara uma aventura de cinco almas sem futuro previsto máis alá do dominical día uito... se jâ podíase albiscar o seu cheiro dende quilómetros antes, a súa cor foi uma impresióm impactante, cortante, desafiante e elucubrativa...cada medio quilómetro, medio grado de temperatura que emcaijonábamos debaijo do auto-carro...se a tranquilidade tem uma paraje, ou uma cor, ou mesmamente um som...esa é a neve, o albo espertar entre as colinas, e o ensordeçedor silenzo que emanaban as derradeiras neves do día anterior...cedo tivem ganhas de encaijarme eu na neve (nom faltou tempo en que andivera máis ás voltas pola neve que ergueito) pero tinhamos uma misióm que soaba máis bonita em verbas que en accióms...os esnous-boards agardaban por nós, numca virá um tan de preto, e jâ estaba pensando a onde caralho había que darlhe para que os pés jirasen na táboa...os pés ían a ir estáticos!!!!!! mais era o mesmo, a ilusióm pode máis que o temor (iso pensaba eu ata a décima caída, aí mudaron as tornas, caralho!!) contar as caídas é façer sufrir a gêmte com chasquidos de ósos, de tendons, músculos e berros afundidos na neve...o único erro que cometemos...foi começar sem lecçoms previas e numa pista de semi-expertos (quase neghra, para os que entenden), as ghafas empanhabanseme, os pés doíanme, os mocos congelabanseme, e tinha frío pola ialma...pero nada que sopesar contra a sensaçom de descender sem ter rameira idea a nonseicantos quilómetros por hora numa pendente de acolhoarse em línea recta...de como frenei fala o parte de urgências dos meus amigos do hospital de jijóm (atenderonnos a min e a toci em très minutos, cando souberom que non eramos federados cambiou o conto, pero mui bem ijual): distensióm no jeonlho esquerdo, músculos interiores, nom presenta fractura de óso, procédese a vendar, aplicar frío, tres días sem façer esnou e anti-inflamatórios...da otite, das agmidalas e do frío na ialma, nada me reçetarom...(ao meu companheiro máis jrave nem as boas nuites lhe derom) e jâ postos...em asturies, sem poder façer snou con dous días por diante que vas a façer que nom seja beber sidra atê rebentar (e abofé que rebentei...) da neve troujem mui bo recordo, da aventura cos oitro catro míticos, milhores... e arrepentir, arrepentirme...de nom fodela oitra perna, pero cos esquís...

1/04/2006

sorpresa, sorpresa...


a sorpresa, a evocacióm ao inesperado, a alteração da orde establecida, a inapreciaçom dos minúsculos detalhes que circundan á situaçom...sorpresas de gêmte que nom agardabas, sorpresas de situaçoms que avenhem de súpeto (de socato)...verbas que surpresivamente nom saen do maxím, línguas que nom sabem que dizer...sorpresas agradables, sorpresas humilhantes, sorpresas que levantan muralhas, sorpresas que as derribam, sorpresas que sorprenden ao próprio sorprendedor, sorpresas agardadas, sorpresas cantadas, sorpresas temidas, sorpresas que nom deberían ser sorpresas, que che colhem em mal momento, que nom sabes como tomalas, que che abren os olhos de par em par, que che pechan a capacidade de reaccçom, que anegan o teu coraçom de ledícia, que destrozan o teu ser...sorpresa para os casteláns, Überraschung para os alemáns, surprise para os franceses e ingleses, έκπληξη para os gregos, 驚き para os nipóns, сярприз para os rusos...mais sempre, sorpresivamente, sorpresas....