1/23/2007

despedida da galiza

cando ataca a morrinha, apunta ao coraçom, nom é doado que erre e sempre vem por referença dalhum dos sete sentidos que temos...a morrinha nom vem decorada de meros adornos ou de cores vistosisimas, nom tem artifício, vem núa, precisa, sem dilaçoms, cos olhos por diante da raçom, cando cheja estás perdida/o, o magím jâ empessa a funssionar a parte do resto do corpo, pola súa conta, coa vista posta no morrinhento sentido de desfiar o fiado...a morrinha nom é máis que uma estrada que che amosa o caminho, uma sereia de asfalto que che une/arreda do teu, dos teus...

1/20/2007

contradiçoms paradóxicas...


sempre gustei das contradiçoms...ser pero nom ser, ser branco e ser negro, ser feliz e infeliz de tamta felicidade, ter fame pero nom querer comer por fartura... e hoje, hoje ía caminho de ser un dos días máis tristeiros dos últimos tempos, dos últimos meses; a nova que levaba tempo pululando polo aire converteuse en verba, fíjose son, e fíjose gestos na face do meu interlocutor, enrugas tersas, torso expectante e celhas tocando a escaso flequilho de cor encarnado... escuitei, nom caín na desesperança, pensei de golpe (como apurando o pensamento), voltei a escuitar, e calei...jâ se daba por feito...agora o trabalho estaba no meu maxín, pensar, debatir, aclarar...explicar....nom, nom cría que fose a ser o milhor día da semana, nem do mes, nem do trimestre, de seguro....e cavilei, pousei a mente no mundo desto que chaman internet...e deixei voar as malas vibraçoms....nom lhe deron tempo a chejar ao teito....de socato sonou o móbil, o gesto foi perdendo rixidez, a sonrisa foi ocupando as partes antes conquistadas pola seriedade, e os olhos começaron a ver estrelas, que bonito cando o rostro mira estrelas, pq sorri coa ialma, coa agochada ialma dos sorrisos verdadeiros...e quedas en evidencia....e ilusioneime, e sorrín máis, e quijem ser máis grande que a lúa para tapar o sol, e nom queria que as verbas tornasen em silemços, nem que as estrelas deijasen de me alumear a face aberta en canal polo sorriso, polo coraçom que che sae pola boca sem tocar nos dentes....e ques respirar, e nom podes, e nom podes sorrir máis...e a voz apagase, e intentas apurar todo un discurso fidelino numa expreçom....e... que contradiçom, que paradoja rematar o día regado de felicidade...como che foi o día? mal, bem...fatal, estupendamente....de cú, de puta nai...que fago, umha média ponderada ou umha regra de três?....mentres contesto/contestades, von sejir rindo que ainda hai estrelas que queren colher o avióm....

1/19/2007

com MaiÚsCulAs...


...e pugerom-se a falar...e apretaron a man denates de sentar....e convocaron a médios e des-medios de comunicaçom...e a gemte puxo a esprança neles....e houbo quen preparou foguetes por se era o caso....e faiaron, e faiarom em plural, uns por umhas causas e oitros por oitras, pero compareçerom todos coa cabaça baixa...como compareçen os derrotados, os que perderon, uns jà se sabían pedidos de anteman, oitros esgotaron a pólvora....pero nom haberá estatuto, nem estatut, nem estatutinho, adeus á naçom, á naçom de breogan, á realidade nacional...adeus (o primeiro adeus por ser ridícula, cheirentamente ridícula) o caralho ese de regióm...regióm? regióm será múrcia, ou extremadura ou quen se queira asím chamar...pero aqueles que contan cos votos de galegos/as SEM MEREÇELO, SEM SEMTIR A GALIZ NO PEITO, aqueles que só sonham con cadeira em madriz ao amparo do tendido sombra, copa e puro en man...aqueles, nom som quem, nom poden xustificar, nem trabar o normal decorrer da nosa história....pq estamos falando da história do pais, do devir de galegos e galegas...é máis, dos /as galeguinhos/as que venhem detrás.....o feito de que galiza sexa naçom está na actitude do pp que é excepcional, única na península ibérica, sí quero, pero digo nom, tes raçom, pero eu tampouco estom equivocado....este parón ten nome, tem culpábel, e ten sentimento, VERGONHA.... pero com maiúscula de INEPTO, DE TRAIDOR DE CACIQUE E DE BALDREU...que é como se senten máis aludidos os/as monicreques con fíos de emprestados, com maiúsculas...e agora que?...a aghardar? a esperar que acaben de mexar por nós?...u-lo projecto?

1/12/2007

morte da xenreira?


a xenreira é algo que naçe embaijo das moas, onde é imperceptible o seu surgir...creçe no berce da incomprençom, coidada pola in-comunicaçom e a im-potenziza, alójase coma o cancro malo alá onde nona percibes a simple vista ou móstrase diáfana, precisa en cada momento que se ten que mostrar, e morre...bueno nom todas as xenreiras morrren,...pero soen rematar morrendo, no perdón, na comprençom, no esqueçemento....

eu sempre alardeei de nom odiar a ninguêm, de nom ser posuidor desa xenreira que a um lhe cega o siso, pero tambén son realista (e objectivo) se ao ver uma foto, ao percibir certos sons, ao conheçer certas histórias... o carácter, as ganhas, o rostro, en fin, mudan de jeito....entóm é que se che manifesta a xenreira, pois eu reconheço que a pinochet e a ditadura (duríssima) chilena, tinhanhe xenreira, nom tragaba a súa visión de pseudo-estadista ganhador, tenho sonhado (de incipiente adolescente) cos berros dos represaliados no estádio nacional , e demáis centro de repressóm...xenreira, sím , xenreira...

pois ista xenreira nom morreu por perdóm, condonaçom...tampouco morreu por comprençom (quen pode comprender iso?!)...tampouco no esqueçemento (cómo esqueçelo?!)...e o pior de todo, tampouco morreu coa morte de pinochet....creo que isa xenreira nom morreu, que é o pior, e nom morrerá namentres a mínima memória dos/as que a sufriron siga en pé...agora a minha xenreira é uma ialma en pena, uma pantasma, un espectro na imcomprençom do desaparecido limbo...nom mudou muito, como tampoco creio que mude co asesinato de sadam....pero cada víctima desa barbarie nisas mortes, suponho hâ de atopar um alivio, um motivo de deijar os folgos descansar...entendo pois a aqueles que desenterran a memória dos/as seus logo da barbarie de franco...malia quen se oponha sem motivo algún....namentres tentarei pasear a minha xenreira a pinochet e ao seu mundo do milhor jeito que poida...co esqueçemento....