1/20/2007

contradiçoms paradóxicas...


sempre gustei das contradiçoms...ser pero nom ser, ser branco e ser negro, ser feliz e infeliz de tamta felicidade, ter fame pero nom querer comer por fartura... e hoje, hoje ía caminho de ser un dos días máis tristeiros dos últimos tempos, dos últimos meses; a nova que levaba tempo pululando polo aire converteuse en verba, fíjose son, e fíjose gestos na face do meu interlocutor, enrugas tersas, torso expectante e celhas tocando a escaso flequilho de cor encarnado... escuitei, nom caín na desesperança, pensei de golpe (como apurando o pensamento), voltei a escuitar, e calei...jâ se daba por feito...agora o trabalho estaba no meu maxín, pensar, debatir, aclarar...explicar....nom, nom cría que fose a ser o milhor día da semana, nem do mes, nem do trimestre, de seguro....e cavilei, pousei a mente no mundo desto que chaman internet...e deixei voar as malas vibraçoms....nom lhe deron tempo a chejar ao teito....de socato sonou o móbil, o gesto foi perdendo rixidez, a sonrisa foi ocupando as partes antes conquistadas pola seriedade, e os olhos começaron a ver estrelas, que bonito cando o rostro mira estrelas, pq sorri coa ialma, coa agochada ialma dos sorrisos verdadeiros...e quedas en evidencia....e ilusioneime, e sorrín máis, e quijem ser máis grande que a lúa para tapar o sol, e nom queria que as verbas tornasen em silemços, nem que as estrelas deijasen de me alumear a face aberta en canal polo sorriso, polo coraçom que che sae pola boca sem tocar nos dentes....e ques respirar, e nom podes, e nom podes sorrir máis...e a voz apagase, e intentas apurar todo un discurso fidelino numa expreçom....e... que contradiçom, que paradoja rematar o día regado de felicidade...como che foi o día? mal, bem...fatal, estupendamente....de cú, de puta nai...que fago, umha média ponderada ou umha regra de três?....mentres contesto/contestades, von sejir rindo que ainda hai estrelas que queren colher o avióm....

1 comentário:

Anónimo disse...

Fermosa refleixão e fermossas palávras para a expressar.
A vida são paradoxos, certamente.
Mas é muito mais levadeira se a felicidade chega depois do medo, e não ao revês
que disfrutes das estrelas dos teus olhos e do teu céu interior.
É a primeira vez que entro, porque gostei do que lei na Blogaliza. Não hà de ser a última, espero.