11/07/2010




Fin de semana quecomezaba con cervejas de sexta-feira....a gente da empresa (azul e verde) nom falhamos ao Born...achegaron-se logo rui e ivonne e ficamos coa morena e Barbie....Gustio a chegoume a cassa.... o sábado espertei limpando o piso e recolhendo a habitaçao....comida a base de butifarra e mongetas e visita á óptica Universitária, coa encomenda de encargar un par de gafas que sustitúan ás perdidas.....(nonas había iguais...) passamos polo carrefour para mercar..un xamón!!! nom chegaban os gastos da táboa de snow, a finde en Andorra con Martín e Paula, a moto.....uffff, pero estivo ben cena romántica con Albarinho e fideus chinos e o Domingo já co Papa en Bcna, fomos a vr, en pleno fervor religioso o monastério de Pedralbes, do que Alba dibuxara a igrexa con planos e detalles.

O mosteiro data do século XIV, e foi creado pola raínha Elisenda de Moncada (derradeira dona de Xaime II), para que fose ocupado por monxas clarisas e refuxio da súa viuvedade. O claustro é aberto, con xardín central e prantas medicinais á vista, as celas das monxas, os cambios dendeo antigo convesto até os nossos dias, o comedor, os libros antigos, capelas de oración...e é que o primeiro domingo de cada mes a entrada é gratuita.....logo calçotada na casa de Alba, coa carne que mercamos no carrefou....siesta no sofá e retirada, para con estas verbas pechar a fin de semana.....

6/02/2010

Tempos de berrar...!


nacemos, e berramos, crecemos e imos moldeando as cordas vogais con berros desenfrenados que lembran as películas que os ianquis facián dos indios....o berro é un métod de difusión propio do instrumento máis antigo dos conhecidos: a voz....

E nestes tempos que corren, umha ferraamenta para alzar a voz polos desperfectos que estamos a causar no planeta. Se onte falabamos de natureza, de protecção da natureza, antonte da fame e morte que pobla áfrica (e consinte a velha europa) hoje a cojuntura (que fermossa verba que nom designa nada!) pide berrar por um mundo milhor...qué é um mundo milhor?...pois um mundo máis justo, onde os políticos (si sempre tenhem a culpa) pero máis os votantes (que tenhen máis culpa aínda) están levando a fortaleza e a estabilidade de 600 anos de europa ao garete, e nom en termos comparativos con oitros continente....visto simpremente dun ano para oitro...a ecónomía afóganos onde onte nos "liberaba de cargas" nas hipotecas, nos salarios dos que ja no o terán, nos cartos que a Facenda Pública já nom recaudará, nos jubilados que nom terán todo o que sonhabam....

Nom pretendo dar leccións de economía, `para isso hai xornais e jornalistas....pero fago incisso, que este é o momento de berrar, de protestar, como cando nenos, como cando os doce anos, como cando o árbitro nom pita penalti e como cando o primeiro carro tarda en arrancar cando o semáforo torna en verde.....nom quedemos calados...BERRAR HÁ DE SERVIR....