2/13/2008

disquequedisque...


de ánimos posuídos por xugos de calor, de imposiçoms vidas da máis livre das livertades, do berro inconclusso da gorxa que nom se abre, do cerne irredento de quem che deija deijar ser, da marrulheira vida que nunca acaba de saber por onde sair, da puta da cona que conheçeu o caralho, do caralho que nem conas hâ de saber orientar e do suave, do mol abaijar de cachola que nos impide ver o sol...


de que nom se poda berrar na oficina e tenha que teclear con escarnio e maldizer as putas teclas, que sempre, sempre...., que sempre son iguais em todas partes, e do cheirento olor a tédio e discórdia cando a realidade se asemelha máis a umha película de dreyer que á puta realidade en cor e son....


de ter que escuitar a cada passo as verbas que nom saen e quedan no maxín da gente, de ter que escuitar á gemte, á propria gemte que nom sabe berrar diante dum mostrador que se chama "conversaciom" e de explicarlhe ás marabilhas da vida a quen naceu cun punhal entre os dentes e con ganhas de matar...


das insidiosas chuvias que nunca caen pero anuncian-se cada joves logho do telejornal, dos ventos que van e venhem pero nunca deijan nada, de berrarche na orelha que o sol nom é umha estrela senon um astrorei, de cantar ao mencer cantigas de leonardcohen pq se me esqueceron as sílabas de vivaldi cando os violíns simulaban pajarinhos piadores, de que lhe chamen literatura a palabras, verbas, sílabas e fonemas encadeados, de que o teléfono da ducha nom sirva pra falar cos que jâ nom están, de cheghar tarde, borracho e decepcionado a cassa cada día que nom che atopo polas rúas, de beber a soidade dos menceres con soles de plástico e petardos de neón, de xoghar a o ratom cando nacín cumha cola de ghato que nem como disimulala tenho, de ter que soltar rubish por estribor alcanzando a calqueira dos que estades navegando á par pola escotilha, eu que sei...se cadra de existir como inexisténcia animada....


pero calma de caralho escrever!!!!!!

2/06/2008

das mareas fortes...


...a mente ten issas coissas de que nunca sabes por onde vai a sair, cando 2 + 2 son catro, venche un cinco á mente e nom hâ quen cho quite de ahí, ou cando se lembra por un olor e asimila miles de imagens a isse arrecendo ( ou cheiro), imagens que logho agholpanse de socato….e ten que nunca sabes o que vai a conservar e do que vai a prescindir como lembranza….hoje, sem ser um ghrande día de chuvias, había inundaçoms no metro, suponho que polas conducçom da auga ou a refrigeraciom, pero había incertidume entre as gentes, que nom se dan acostumado ás pingueiras e a serrín no cham…pero eu vía a toda issa gemte passar e fixarse naquelo, que nom pudo a minha mente irme a oitro sitio que nom fosse á lembranza. A façer umha evocaçom aparentemente sen fundamento, pero jâ se sabe, a mente é única e fai o que quere sem dar explicaçons….e aquilo estaba anegándose…

2/05/2008

novas olhadas....dende longe


começa a conta atrás, cada minuto que queda é umha verba máis no idioma de xespir, cada minuto que passa é un phrasal verb que me vai quedando….coas esperanzas postas nesta viagem académica, aguardo voltar com máis ganhas e basse para afronta os problemas de cada día….umha tempada longe tampouco me vai a vir mal para colher oitra perspectiva (o mesmo digem a o me ir da galiza…jajajajja) e ver as coissas dende oitro ángulo, oitra cultura, outra temporalidade…
É o fruto de trabalho e de renúncia a bastante tempo de lecer…adios vacacións, adeus airinhos, excurssioms e soles, neves e fotos que prometían estes días de nom trabalho, pero é um pequeninho passo para estar num escalom enriba ….se todo sae bem…

Mais antes, curar a ghripinha que nom me deija ser pessoa e me ten enquistados os sorrissos con tanta tos, mocada e friagems….descanso e frenatól…e pas-ciéncia…..