2/13/2008

disquequedisque...


de ánimos posuídos por xugos de calor, de imposiçoms vidas da máis livre das livertades, do berro inconclusso da gorxa que nom se abre, do cerne irredento de quem che deija deijar ser, da marrulheira vida que nunca acaba de saber por onde sair, da puta da cona que conheçeu o caralho, do caralho que nem conas hâ de saber orientar e do suave, do mol abaijar de cachola que nos impide ver o sol...


de que nom se poda berrar na oficina e tenha que teclear con escarnio e maldizer as putas teclas, que sempre, sempre...., que sempre son iguais em todas partes, e do cheirento olor a tédio e discórdia cando a realidade se asemelha máis a umha película de dreyer que á puta realidade en cor e son....


de ter que escuitar a cada passo as verbas que nom saen e quedan no maxín da gente, de ter que escuitar á gemte, á propria gemte que nom sabe berrar diante dum mostrador que se chama "conversaciom" e de explicarlhe ás marabilhas da vida a quen naceu cun punhal entre os dentes e con ganhas de matar...


das insidiosas chuvias que nunca caen pero anuncian-se cada joves logho do telejornal, dos ventos que van e venhem pero nunca deijan nada, de berrarche na orelha que o sol nom é umha estrela senon um astrorei, de cantar ao mencer cantigas de leonardcohen pq se me esqueceron as sílabas de vivaldi cando os violíns simulaban pajarinhos piadores, de que lhe chamen literatura a palabras, verbas, sílabas e fonemas encadeados, de que o teléfono da ducha nom sirva pra falar cos que jâ nom están, de cheghar tarde, borracho e decepcionado a cassa cada día que nom che atopo polas rúas, de beber a soidade dos menceres con soles de plástico e petardos de neón, de xoghar a o ratom cando nacín cumha cola de ghato que nem como disimulala tenho, de ter que soltar rubish por estribor alcanzando a calqueira dos que estades navegando á par pola escotilha, eu que sei...se cadra de existir como inexisténcia animada....


pero calma de caralho escrever!!!!!!

4 comentários:

TXARI disse...

esquessía-me. "de ler toda a puta colecçom de barco de vapor con des anos porque disque así sería moi bo escritor"

fucafuca disse...

ola! deixote aquí esta información que coido que vos interesará a todos

Alguén quere apresentarse a un certame de relatos de aventuras???

Renovamos a web 2 veces ao día polo que compre baixar a barra para atopar as bases

Unha forte aperta do Colectivo literario Sacou, e animádevos!!!

torredebabel disse...

que va! escribir non é nin foi nunca algo doado e calmo. Semella porque se fai sentado, pero é unha falsa impresión. Cando menos, facéndoo podemos botar fora a rabia, non si?

llll disse...

cóideseme. e escribe. sempre. xa sabes. sempre. a pesar do que outros che digan, a pesar do que outros critiquen, a pesar do que outros non entendan, a pesar do que outros, do que outros. o importante é o que estea dentro de ti. a túa cabeza. sandar por dentro. tranquilizarse. cuspirlle ó mundo e darlle unha volta.