10/28/2007

caminho a cassa...(u-la ítaca?)


puxem os calcetins dobrados como a ti che ghusta, as camisas sabes que nom som quem de doblalas moi bem, van a barulho, tenho ferro de pasar, e gosto de facelo, perde coidado...os pantalóns som escasos, nom tenho máis de três que se podan usar, e um levareino a trabalhar, pero cabem, pujem as camissolas desas de debuxos panegíricos da nosa autoodiada ideosincrassia, istas encarteinas bem...tenhem indicaçoms a o lombo, e nom tivem ganhas de ponher máis nada, se total o garda de aeroporto sempre a toma comigo e revisame todo confundindome co avance dumha célula islamista con basse em compostela...nom coupo a choiva que amainou num crarejado día de mencer (a parte nom podo levar líquidos comigo), nem as temsióms por teren que pensar dúas coissas a um tempo, as ansias de pisar terra galega acrecentanse e diminúen a cada tanto, nom sei se a choiva é boa companheira pero agardo atopar algo máis que chuvia no enéssimo desembarco a casa... e a tranquilidade suficiente para enfrontarme a um novo pisso, umha nova cidade e umha nova vida cando volte...namentres terei que sorrir, porque sorrir coido que pode ser a milhor presentaçom ante o que venha...avanti galiza que o corpo jâ vai caminho para alá onde a mente leva días...

10/27/2007

segue chovendo...












chove, e segue chovendo / e nom tenho sono, devin de perdelo procurando choiva / e cada pinga apaga máis se cadra o meu sono / como fai co lume cando arrabea pola lareira /chove forte, que é como lhe chaman aqui cando caen cortinas de choiva /na minha terra a choiva é miúda, e cada pinga trae umha nova nova / pero coido que isto jâ o escribira antes, muito antes de que comezase a chover / pero segue chovendo, e a choiva nom trae escampe / e a mente vaise en cada pinga, cara atrás, cara a memória /por isso lémbrome que chove e que o sono se cadra jâ nom virá...

10/17/2007

et tu , Yolanda??














Yolanda viuse sobredimensionada e nom soubo aturar o temporal, fai o mal pero nom gosta de que lho digam na face, tampouco a súa literatura vital sabe encadrala no terreo do humor sarcástico...dou um golpe, tentou dar um golpe legal-mediático que os aduaneiros souberon sobredimensionar, pero ela nom é capaz de olhar moito máis alá do seu redor...como digerom, co orgulho que debe ser aparecer como um icono aduaneiro....!!!, a ver se recae o sentidinho e voltan os cauces a o seu río, Yolanda ás súas poesías e vida glamourossa baijo as sombras fructiferas dos novos sargadelos (alá ela e a súa conciéncia) e os aduaneiros a publicar, que jâ o tinham esquecido!...

hai umha marea, marea, marea d posts e apoio á causa....

10/16/2007

días de pátria, gando e kiko neves...


o día amencía cos estertores aínda da farra do día anterior, o sol impoluto firmaba un bo comezo de jornada do patriótico día da terrinha...e saimos com tempo a unir cum berro, que cada vez ten menos de berro e máis de costume afianzado, a nosa voz ás oitras que pregoan a redenzón da boa nazón de breogán...e como é de costume éramos muitos e nom cabíamos sobre os ósos dos enterrados nessa quintana con máis história que capacidade..logo a fame fixo apariçom e como o resto do rebanho dirigin-me a onde antanho ataban as bestas e demáis "animalinhos de viver"que diría vidal bolanho, adicados a o máis puro intercambio tradicional (sempre dubidei como podes valorar un porco criado na casa durante ano e medio e umha besta mantida na máis codiciada vida por um animal, para saber que um pode equiparar á oitra? porque agora acostumamonos a que o valor das coisas venha dado por multinacionais e demáis que calculan custes, demandas e distintos números...pero calcular custes de ano e medio ou de toda umha vida... coido que faciase umha média natural do mercado, valoraban a olho umha desviaçom estándar e umha varianza e sumabanlhe que o seu bicho era milhor que o resto e pedían tanto...malia que sempre había e hai um tratante que fode toda lóxica estadística e matemática, pero o dos tratantes (en feminino nom conheço o caso) é um tema a tratar moi profundamente noutro momento (e fareino, porque dá pra muito e máis...)

e alá estabamos de algarabía, como soe passar nestes cassos entraronme ghanas de rachar o bilhete de avión de volta, pero sabería que nom serviría de nada,...soeme acontecer en momentos varios, case sempre na terrinha, pero aghora acrecentado porque começei a ver a caras conhecidas en cada curruncho, gemtes coas que tinha conversas pendentes, ou inacabadas ou sem iniciar....aihhhhh, que fóra nom me entenden isso de ter morrinha até dentro da túa própia casa, da túa própia terra....

e entre risos e ansiedades agardaba á mussa das inquedanza, isse espiritu que sempre promete aparecer pero o destino confabulasse e montalhe cada movida "que te cagas" para entendelas e facer auto de fe en que isso é possible e ás vezes passa...prometía umha cita coa inspiracióm e aproveitando que tinha que passar por a antiga cidade dos saberes... apareceu...pero nom apareceu á hora acordada, nem nos vinte minutos posteriores que prometera, inclusso tiven que acortar eu a distáncia cando dixo aquilo de "e que me atopo con amigos /as a cada passo...!" (algho que nom me é novo vindo de quen ven e onde "estudou")...pero apareceu, nom por arte de mágia, nem arte divino, senón por arte de diva, que o é sem sabelo (saber, sábeo que lho digho, pero en escassas coisas me cre, di que sempre esaxero...) e veu cumha sorpressa embaijo do brazo sem ela o saber nem agardar... (eu menos) pero ali estaba cun grupo de gemte que nom conheçia pero me soaban como se os conhecese de toda a vida (pasame con dúas quintas de jornalistas e filólogos que estudaran nos arrabales do burgo (arrabales do burgho!!!, que jâ é dizer !!)... e comezaron as presentaçoms, cotiás e ás vezes repetidas (e que co das caras e os nomes...) tal e qual, fulanita que che falara dela por non seique, o mozo que jà o conheceras en nonse onde, e kiko neves...saltei como um resorte num reloxo marcando as badaladas do ano final..."nom me jodas!!..kiko neves?...coido que escuitou, pero polo estado no que estabamos a aquelas horas da tardinha nom lhe deu importáncia...pero eu sí, joder, era kiko neves...queo dizer para muitos ver a spielberg pola rúa ou numha festa, pois emocionarialhe e quedaría coa cara de pampo babexando que dizer, ou pra oitros ver a manu chao coa chilava e a guitarra fliparialhe e quixeran dizer mil coisas sem que saia nada...pero a min si que me saiu, saiume um: "encantado de conhecerche" moi, moi auténtico sem babexo, pero sem inquietar a ninguém...primeiro pq nono creia "que vaaa...", "tomasme o pelo"...logo aceptei que era kiko neves como se polbo fose animal de companha...pero cando fomos a tomar algo e achegabanse poetas, pseudo poetas e demáis seres que de juntar palavras se alimentan, pois caín na conta, "pomo, que é kiko neves" e coa túa cara de impávida (celha en alto e voz de "pero tú q me dizes?") soltasme... "claro, jâ cho presentei antes..ou nom?)...jajaja e alí bebemos con kiko neves sem falar de poesía nem de porque a néboa de ponteareas eleva os espritus en forma de verbas rítmicas e asoantes...pero bebendo e presumindo ante a minha récua de lembranzas deses vasinhos que compartin con kiko neves (pra el cónstame que nom eran os primeiros nem os seghundos) a quen, sobra dizer, admiro moito pola poesía que fai e como a fai...

e dalí rescatoume a minha mussa que ía inspirando a cada passo a quen se atopaba a diestra e siniestra (pq prometeu-me nom pararse con todo o mundo, polo que supuxen que todo o mundo nom contaba cos de diante e atrás pero sí diestra e siniestra) e jâ lâ fumos rematar a jornada quedando com máis gente pra falar desse tema do que tanto lhe gustan falar cando se reúnem... (bueno, ela sabe que a quero ighual tal e como é e viceversa...) pero eu fun contento pra casa por que lhe puxera cara de carne e óso a muitas verbas que lera...cara de kiko neves....

10/10/2007

a chuvia...

...hoje choveu, e a chuvia lembroume a ti. a chuvia trouxome o teu arrecendo a dentro do meu peito...e adivinhei-te detrás de cada pinga, estranas pingas as desta terra, detrás de cada trono que che anunciaba, e dancei por ti, polas lembranzas que aínda me inspiras e coas que me dominas... ardes nestas terras con plúvia insistência, e nom che colhín o pulo, acostumados a os teus deveceres maininhos e de caída sopesada, acaeches por umhas pingas de choiva e jâ che pousaches no meu maxín malia que a o intre escampou, pero ti seghias alí...devecendo ser o centro do meu sorriso, que nem eu sei se era de meláncolia ou de retranca, porque nós sabemos chorar de melancolía, e sabemos rir de retranca tambén...