10/27/2007

segue chovendo...












chove, e segue chovendo / e nom tenho sono, devin de perdelo procurando choiva / e cada pinga apaga máis se cadra o meu sono / como fai co lume cando arrabea pola lareira /chove forte, que é como lhe chaman aqui cando caen cortinas de choiva /na minha terra a choiva é miúda, e cada pinga trae umha nova nova / pero coido que isto jâ o escribira antes, muito antes de que comezase a chover / pero segue chovendo, e a choiva nom trae escampe / e a mente vaise en cada pinga, cara atrás, cara a memória /por isso lémbrome que chove e que o sono se cadra jâ nom virá...

3 comentários:

paideleo disse...

Pois por aqui non chove.

rosa enriquez disse...

Aauga parece poder borrar todo... Espero que non perda a memoria do lume¡ Un saúdo:)

vermella disse...

Cando chove estamos máis morriñentos,ti da nosa choiva e nós da choiva en si´.
Quero que chova!!!!!!!!.
saúdos.