10/10/2007

a chuvia...

...hoje choveu, e a chuvia lembroume a ti. a chuvia trouxome o teu arrecendo a dentro do meu peito...e adivinhei-te detrás de cada pinga, estranas pingas as desta terra, detrás de cada trono que che anunciaba, e dancei por ti, polas lembranzas que aínda me inspiras e coas que me dominas... ardes nestas terras con plúvia insistência, e nom che colhín o pulo, acostumados a os teus deveceres maininhos e de caída sopesada, acaeches por umhas pingas de choiva e jâ che pousaches no meu maxín malia que a o intre escampou, pero ti seghias alí...devecendo ser o centro do meu sorriso, que nem eu sei se era de meláncolia ou de retranca, porque nós sabemos chorar de melancolía, e sabemos rir de retranca tambén...

7 comentários:

Zerovacas disse...

Así que chove en Barna? Creo que xa coñeciches a un emisario que enviei por alí. En novembro pasareime uns días e despois espero facelo bastantes fins de semana

TXARI disse...

si, pasou por istas paragems e andamos em tareas parecidas...só que el levame vantagem e ganhas!!!...serás bemvido, dende logo...

Anónimo disse...

Alégrame coñecer xente coma vostede señor Txari, máis se se relaciona con tipos como ese Zerovacas.

torredebabel disse...

tamén aquí chove, moitos días, chove moito e de cando en vez o sol mete a nariz pero as nubes non lle deixan moito espazo. Aquí lle chamamos primavera. Mentres alí é o outono.

Raposo disse...

Benvida a choiva sen trae boas lembranzas.

rosa enriquez disse...

Concordo co raposo. Se lle trae boas lembranzas benvida sexa a choiva o sol e todos os fenómenos atmosféricos¡
UN SAÚDO¡

Suso Lista disse...

Pois resulta que aquí, en Galiza, non chove nadiña, je je.