10/28/2007

caminho a cassa...(u-la ítaca?)


puxem os calcetins dobrados como a ti che ghusta, as camisas sabes que nom som quem de doblalas moi bem, van a barulho, tenho ferro de pasar, e gosto de facelo, perde coidado...os pantalóns som escasos, nom tenho máis de três que se podan usar, e um levareino a trabalhar, pero cabem, pujem as camissolas desas de debuxos panegíricos da nosa autoodiada ideosincrassia, istas encarteinas bem...tenhem indicaçoms a o lombo, e nom tivem ganhas de ponher máis nada, se total o garda de aeroporto sempre a toma comigo e revisame todo confundindome co avance dumha célula islamista con basse em compostela...nom coupo a choiva que amainou num crarejado día de mencer (a parte nom podo levar líquidos comigo), nem as temsióms por teren que pensar dúas coissas a um tempo, as ansias de pisar terra galega acrecentanse e diminúen a cada tanto, nom sei se a choiva é boa companheira pero agardo atopar algo máis que chuvia no enéssimo desembarco a casa... e a tranquilidade suficiente para enfrontarme a um novo pisso, umha nova cidade e umha nova vida cando volte...namentres terei que sorrir, porque sorrir coido que pode ser a milhor presentaçom ante o que venha...avanti galiza que o corpo jâ vai caminho para alá onde a mente leva días...

10 comentários:

Anónimo disse...

e por cánto tempo? ónde hai que ir buscarche? que saibas que pola costa da morte tamén andamos moito nós. quizais Vilanéboa? Cee? ou caerás tamén por esta Compostela?

Unknown disse...

pois benvida, dille adios a morriña e cando vexas compostela, no na vas recoñecer, debe facer tres meses ou asi que non chove por aqui....
as epocas de cambio sempre provocan sentimentos contrapostos desexas pasar o trance canto antes e dache pena o que deixas atras, pero nuns dias estaras metida na voraxime da chegada, amigos e familia incluidas y vas a desexar voltar a unha ciudade anonima antes do que pensas...animo e moitos mimos que e o que se bota de menos cando un esta fora

TXARI disse...

pois tempo levo menos do que desexaría, pero suficiente como pra chapussear nas chuvientas poças picheleiras, como pra uliscar isses perfumes florais cos que disque decoraron a rutilante gran vía olívica (caerá preto a visita a vilanéboa?) e se o tempo dá, dareime um real e senhoritango passeio pola de panadeiras na herculínea cidade de vidro...e á costa da morte sempre, porque sempre viaxa comigho entre ventrículo e aurícula...a ver que sae de todo istooooo!!! e a ver se cadramos...

Suso Lista disse...

Na de panadeiras está o Dublín, sitio donde eu paro falar e sentir con Lito e os que sempre alí aniñan. Na Costa da Morte, xa vivo, e ainda que vaia a Papúa Nova Guinea, nunca a abandono. Benvida.

paideleo disse...

Pois sorte na túa volta.
Se traes un sorriso ábrense muitass portas.

Anónimo disse...

É que a nosa terra chama e chama ata que regresas, mentres tanto estamos morriñentos.
asi que noraboa polo rempo que podas estar por aquí.

Zerovacas disse...

Ei, que tal txari? Coidame a Jacobo que en breve vou para aló.

Ah, tes un encargo: "o meme das 8 cousas" (as instrucións, no de besbe http://beliscospequenos.blogspot.com/2007/10/o-meme-das-8-cousas.html), e a encomenda, aquí http://zerovacas.blogspot.com/2007/10/8-tangos.html

Pau disse...

Pois benvido. Xa me dixeroon que o sabado marchaches para Vigo. A ver si nos vemos antes da tua partida

oko disse...

pois boa viaxe, bo regreso ao lar e todo iso. desfruta da terra. eu xa a boto de menos!!!

Anónimo disse...

Foi breve a visita! Agora andámosche a votar de menos!