8/28/2009

das preocupantes distáncias...


O panorama nom está para tirar foguetes (foguetes de palenque, léase) a situación de desfiar a rede social tecida na Galiza na lexislatura do bipartito corre máis axiña que o lume que se lhe prende o pirlo seco …e um nom quere preocupar a ninguén, nom quere dar umha imagem negativa, pero cando ve o que ve….. a distáncia marca dende logo, umha pauta moi importante, já que um asiste a este novo parto como o pai que come as unlhas antes de saber como saldrá o crío detrás da sala de partos…um nom pode facer nada, nom pode berrar, só confiar……um só pode comportar-se coma o mozo na distáncia que reza e confía na moza, na fidelidade da moza, naquel elemento que alonxe a os miles de lobos de buitres que axexan trala rapaza, nada, tampouco pode facer, berrar, ista vez sí, berrar mais nom solucionar ren…
Preocúpate máis , se cadra, o ver todo dende fóra, o que agranda e maximiza os pequenos, ás veces nom tan pequenos, elementos discordantes, um séntesse, inevitabelmente como un duplo espectador, nem podo façer , nem me deijam , nem sei se faría eco…..


Estas épocas de imposibilidades que fan que a paciencia seja a rainha dos comportamentos políticamente correitos, que acalman dende fóra, pero nom tranquilzan dende dentro, fan que as preguntas acudan ao maxín, cara onde imos?, que projeitos temos?...e vejo o papaventos voar…e voou, baijinho pero voou……malos tempos para erguer o voo por riba do vento…..para marcar distáncias

8/26/2009

do papaventos....


Nestas tediossas e difussas tardes de agosto, cando tenhenche proibida a verba vacações, só queda tempo pra perdelo, pra deixar voar o maxín e evitar que caia em sixilossas furnas que se abren e pechan no e co contínuo matinar...decidín tomar cartas nessa desanimacióm e aprivissioneime de aparelhos, pasatempos que no resto do ano, por varias e distintas razoms nom tenho possibilidade de empregar...porén, nesta ocasiom merquei um papaventos, nom un papaventos calquera, senom um de dobre fío para manejar a dúas mans, malia tambén que algo sinxelo, para nom desafiar demassiado a os mornos e lévedos ventos que nestes lares de cando en vez sopran.

naveguei pola internete para saber um pouco do assunto, como erguelo, como manexalo e fazer o que um queira con el, as explicaçoms eran muito complicadas para um meu primer voo no que contentarei con alzalo apenas uns metros do chan e mantelo aí , luitando contra as forzas naturais. tudo será probar.

Dá tambén o tempo para ler varios diarios, poucos cargados de novas interesantes e máis aflixidos en repetir a mesma informaçom (en agosto é cando máis se parecem tudos) que de cotío. todo isto mentres a nova carga de trabalho nom dé cheghado, claro está. Pódesse constatar que a vindeira tempada do Barcelona Atlántica, chegará , num ámbito nom muito lonxano do de passadas tempadas: um contínuo retrocesso em materia de soberanía, umha desconcertante labazada ao progresso e um reparto de cartos-responsabilidades-beneficios entre os de antanho.

Agardemos que o papaventos, cando seja quem de facelo voar chegue tan longe que nom poida ver/sofrir como se mata, doma, e castra um país... se cadra pérdesse no ar, froito da minha inexperiéncia para passar a ser um susurro, um queixido unido ao vento, que se todo continúa como vai, será o único que testemunhe da nossa língua.....

8/09/2009

o bico.....estrano


no derradeiro momento,
no que os alentos sentense máis próximos,
non había presión no teu abrazo,
paixón vinteañera, quase-adolescente,
nom vin aquel brilhar sereno,
aquela tranquilidade próxima,
nom había bolboretas remexendo,
ningún ...nom había.....
entón biquieche e souben o gran segredo,
eu estaba noutro momento,
nom era este o bico,
o maxín conectaba con oitro tempo,
con oitra suspirar, con oitros beizos....
voltarán al bolboretas, voltará "isso"?