6/15/2008

de folghas e crisses...


em tempos de crisse, nada milhor que folghear!!!!!...

6/08/2008

medos


tenho medo voltar, desamdar todos os passos dados, recuperar as pegadas esqueçidas e atopar os cristais rotos, os joguetes rompidos e a desolación do fracasso nos beizos que nom poderian pronunciar um saúdo...um breve saúdo que podería começar por: "ola!", sobraría a exclamaciom da expresiom, sobrarian cristais espalhados no chan, sobrarian verbas nom ditas, escondidas, agochadas no fondo da ghorja...tenho medo atoparme coa auséncia do que som, atoparme co vazío que agora se enche coa desidia da lonxanía (que grande a lonxanía e cantos sacos enche pra sustituir a valentía de reprimir umha bágoa de imposibilidade, de incapacidade...) ...tenho medo de enfrontarme á paragem abandoada de min mesmo debuxada no sitio de seghuro ocupado por muitos, por variios, polo lado da cama onde descansaban, sempre descansaban, os meus azos ao teu carón... e como voltar coa maleta furada de projectos anegados pola mala, pola propia, pola alhea, experiéncia....tenho tantos medos!!!...tanto medo a ti!!!!!

6/01/2008

das redes da memória, do organizar


o problema de ter enmaranhada a mesa é que, malia que tes todo sempre a man, accesible ao teu alcance...nunca atopas o que necesitas no precisso momento de o necesitar...enlia-se a rede e é imposible buscar aquel cabo, o chicote que che levou de principio a tal lío. Onde comezou isto e porque estamos aquí?...cal é o fio do que tirar e desfacer tal urdimbre polo azar construido ( e pola minha falha de precissiom-atencióm, cecais)...passa tempo até que cavilas que nom todo é tirar dun fío e "vualá"...velaquí a miragre...nom, por um fio se comeza pero é moi longo o caminho polo que o passar. . . a messa está así pola mente de quen a organizou/ordenou....sistema, pautas e memória....e organiçaçom....como vos saco deste labirinto se nom tenho fío que vos lanzar?