6/28/2007

médios de transporte?


por que a gemte andará toda con présa para colher o metro, sem respetar nem tam sequera a o/a que vai ao lado, façendose paso a ritmo de empurróns e patadas se hai um metro cada tres ou catro minutos, e que perdas isse nom mereçe máis esforço que o que fai quen perde o autobús ou o comboio ( amáis na galissa onde perder um bus e agardar até o día seghinte…)…sem embargo alá van as présas nas horas punta, os cóbados nas meijelas e o alento madrugador do dormido de turno calandoche no nariz…nono entendo, nom

Porque se colhes o metro este nom agarda aínda que che veja cun pé dentro e logho fai paradas ás vezes de até tres minutos entre estaçom e estaçom? Cómpre tanta présa se vas a estar parado num túnel, sem luss , sem saída co aínda madrugador alento do de enfronte jâ anegando-che o naris??? No autobús que me levaba case até a miha casa, manolo, o conductor, tinha umha margen de mediadora para quen se retardaba, e vinhan as señoras coas rabissas: “aguarda, ohhhh, que Imirita estaba acabando de vender..!!!” e nom debía de ser mentira pq ao cuarto de hora cheghaba Imirita sen rabissas e cum sorriso de orelha a orelha…isso sim, nom se livraba do “putaaa” que se lhe escapaba polo baijo a quem lhe “parara” o autobús… e nom había problemas coas parada, nom estaban delimitadas e había fins de semana que variaban trescentos metros da fin de semana anterior aseghun a chuvia, o sol, se era tarde ou se pechaba a tenda….a parada máis frequente pasando neghreira estaba no medio da estrada, isso si catro intermitentes, sorriso de manolo…..isso era atençom personalizada, nem chifre, nem pito : “PARALHEEEEE, OHHHHHH”…ás vezes pensei que o tipico paisaninho pedirialhe a manolo: “nom pares, ohhh, aminora que ja embaijo em marcha” pero nom, nunca o vin admitoo.

Oitra porque tes hora fija de embarque nos aeroplanos e logho tes que aghardar, como mínimo média hora a que suban a embarcar-te, e ló nom poden dar o embarque para cando está o avión jâ listo?...na oitra compañía de autobuses na que nom ía a casa pero que cubre umha línha paralela á anterior, nom arrancabamos até que se enchese o bus até un tope, fose a hora que fosse, claro, a gemte cabreabase e mudaron a reunirse entre os cabreados (eu inclúome) para “alugar um servicio discrecional” que co tempo deijou de ser tan discrecional pero que saia á mesam hora e custaba menos da metade, tamen corrías o risco de que nos pararan tres vezes antes de cheghar ao destino os verde-oliva pedindo papeles, licenzas, seguridade, nº de nomseique….dumha quedamos em terra e nom lhe deijaron arrancar, a min preghuntaronme (respeto o idioma original dos interlocutores porque fui así como falaron); “i usted como consiguió el número del autobús?- home, ponno no lateral do bús…-díxenlhe. Miroume, fitou o lateral do bus onde vinha o nº, e dixo: -así que lo vió ahí?- nom, dixenlhe, vinno no oitro lateral….surrealista, pero quedamos en terra.

Oitra, pq está prohibido entrar na zona de embarque com zumes e logho chos venden arriba, o triple de maís caros…pq se é pola ameaza terrorista eu ofrecinme a emborcalo num cacharrinho que levaba con tapa a o uso, pero nanai da china…o una free zone ou no avión…pero no avión cando pedin agua do grifo tampouco ma deron: “no tenemos”.dijerom, “ e ló os banhos con que funcionan?-“pues no te lo sé” pero tenemos cocacola” no tren da Coruña a vigho, cando tinhas que madrugar para cheghar a tempo as fumaradas da medianuite en panjom, tampouco estaba permitido beber, a un colega quijeronlhe quitar a bebida, ameazou: “pois aquí nom pon nada dedescalzarse, von a descañlçarme” o revisor mirou a pinta que levaba, viu que tinha medio pé espido, o calcetín nom nas milhores condicions e dixo-lhe: “pssss, venha polo menos deixame unha cervexa disass para min” e así foi pero o de “ e se na volta ameazo con descalzarme sairiame a viagem gratis?” foi contestado polo revisor cun lacónico: “nom te passes, muchaso, nom te pases…”

E é que ao final éche isso, vaiamos en metro, bus, aeroplano ou tren, o importante é nom pasarmos,nem de listos, nem da hora, nem da parada….

6/21/2007

made in galizzaa...


Preocupado polo desenvolvemento da cultura urbanística e tendo en conta que logo das eleccións municipais é un dos departamentos milhor valorados (e requeridos) no reparto de poderes e pactos; e como isto está moi de actualidade quixen facer umha pequena escolma de ejemplos do urbanismo galego, hai quem lhe chama feismo, o meu pai prefire referirse a “ideisincrasia urbanística galega” por que di que cando está tan inculcado na história, nos costumes e no xeito de vivilo e concebilo pois pasa a formar parte da ideosincrásia do lugar (inclue nel as chapuzas )…isto nom é o pior senón que el amáis de defendela practícaa e bastante… (levarémola coma um verme metida na cachola?)...deixo como mostra, un boton, coisas que apareceron na voz, que descubrin polo chuza ou que circulan por blogs- denúncia ou a versióm aduaneira.

6/19/2007

cambios de governo...


venhem as aghuas revoltas pola costa da morte, e paressem tan revoltas que escoaron a o sur...logho de passar pelas urnas, os habitantes do concelho máis pequeno da província (terseiro de Galissa) virom como um pacto "anti-natura" posibilitou a volta a o governo dos nacionalistas, máis dista vez apoiados pelo PP...a ruptura do acordado em Compostela fixo que dende arriba tomen medidas sérias para lavar a cara ante o pacto e "correxir" na medida do possibel está saída do "testo"...mais a coisa nom quedou ahí, os vizinhos do sur, fixeron máis do mesmo e coa mesma fórmula conseguiron sentar na cadeira do poder muradana... se jâ era sabido dende antes de concorrer ás eleccións (quem agardaba un pacto Psoe-Bng nos dous concelhos ???) porque tanto escándalo aghora?...de quen é a vontade dos votantes, do partido ou da lista que concorría? lin num foro que semelhaban dois governos de salvacióm...pois así asemelha que serán presentados...por que tanto corcubióm coma muros necesitaban seren salvados da ignonimia afundida polos anteriores governantes...e se no Bng son quen de suspender de militáncia a um alcalde con máis de vintecatro anos de alcaldía, pois que expliquem qual sería a fórmula que propunhan eles...se cadra acusase a o PP e a o Psoe de decidir em Galissa dende Madrid, pero o bloque decide em corcubióm dende compostela...e coido que en ningún dos casos chegará a sangue a o río...

6/13/2007

de voltass...


de volta a o regho, con ganhas de escrever e vendo que zerovacas rouboume a nova, prefiro redireccionarvos e contarvos dos pequenos fedelhos que lhe metin a o blog: o chat da dereita que o recuperei, o conta visitas , os cabezalhos do chuza... máis que nada para agilizar e façer máis cómodo isto do incórdio, pouco á pouco, e máis a máis irei botandolhe coisas e contando algho que jâ me chegha, ho!!!...polo de primeiro cantando a bob, agardo berrar forte pra que me escuitedes dende ovieu.