9/25/2007

de paiassos...


..."sei que es moi bo co trapécio, que nos malabares ninquén che fai sombra. Sei que nom hâ quen levante máis pesso que ti, nem ninquém que doble con máis mestría as barras de ferro. Sei que ninguém ten máis coragem que ti diante dun león...pero esto éche um circo, e alghém tinha que ser o paiasso..."

9/18/2007

fotos pola rede...


sei que hai mui boa calidade pola rede adiante no relativo ás fotos, sei que algumhas son mostras que inclusso embeleçem máis a minha ansiada costa...pero sin ser por desmereçer, e muito menos por esqueçer ou minusvalorar, quería hoje deijar a mostra fotográfica dun rapaz deses aventureiros que fan da cámara algo paressido a umha extensióm da súa man, cheghoume por umha amiga común, e gustáronme... realmente figeronme desejar por um intre estar en todos esses lugares nos que el estivo, cos seus mesmos olhos e inquietudes (tambén coa mesma paciéncia...)

9/13/2007

o calcetin desaparecido...


onte perdín um calcetim, dirás ti: "a quen lhe importa?", pois a min , era un bem preciado, mercarao mediante o antigo método xudáico do regateo a uns indios bolivianos ou bolivianos con cara de indíxena, que tanto lhe ten. non regateara por necessidade, máis bem por curiosidade, pero saqueilhe tres pares por un prezo inferior a o que num comenzo agardara. o conto é que dos tres pares, eran os verdes con infinidade de cores os que máis me chamaban a atención. realmente para ser exacto, máis que perdelo, nom tinha onde tinha que estar....

denantes de culpabilizar a ninguén repasei todos os posibles lugares onde puidera esqueçer, ou estraviar dita prenda. no cesto da roupa lixada nom estaba, isso fixome pensar que lavar, lavarase, nom estaba na lavadora, nom estaba no tendal....mudei de método, passei á rolda das preghuntas, algo inquieto jâ, interroghei á súa parelha, quen confessou que nom sabía ren del dende o mércores, claro que levaba catro días volto do revés e pouco puido ver.

as sábanas da cama soen ser cómplices das agochadas dos calcetíns, son ghrandes, metense ás présas na lavadora... apreteilhe duro mais nom soltou tampouco ren do seu paradoiro... seghin olhando, na lámpada do teito (nunca se sabe), misturada cos calzoncilhos, coas camisas, nom daba aparessido...

comentando de esguelho este asunto na oficina coma quen comenta umha tontería, dirigiusse un companheiro a min con seriedade, alzou a olhada dos papeis e díxome:"e fuches ver se está detrás da catedral??" , de começo mireino un pouco abraiado...ía a botarme a rir cando explicoume que muitos calcetins e oitras prendas desaparecidas soen organizarse todos os domingos para se manifestar detrás da catedral...nom mostrou a máis leve mostra de dúbida, nem um simple gesto de tentar rir... dixenlhe: " ...pois... será... " pero tiven que ir, nom puiden quedar coa dúbida no corpo, e fun todo curioso...efectivamente alí, tras a catedral estaban varias prendas sostendo um cartelinho, e a ledicia suprema apoderouse de min cando vin o meu calcetín, mais estaba emparelhado con oitro parecido, de distinto desenho pero cores similares, nom daba creto de tal unión fóra do matrimónio entre iguais... tinhan enriba un cartelinho: " 3 € el par"...o marroquí que defendía os seus direitos e facía da súa voz riu cando lhe expliquei que nom fora un abandono do fogar, senón un secuestro...tiven que paghar o doble polo meu calcetín do que me valera num principio e pra colmo sigho tendo oitro calcetin solto do que nom conhezo nem a súa procedéncia sequera, se che falta um pode que seja este....

9/03/2007

de emighantes novos, ou novos emighrantes...


Lendo a prensa de hoje pola rede, verdadeiro vehículo para contrastar informaçóm, vejo ista nova que me atanhe de pleno, que normalmente som máis as que o fan pero aghora falarei desta.
Como emighrado que som tenho a minha opinión e amáis umha visióm que vai máis alá do meu caso para analisar máis casos. En principio dicir que me parece máis alarmante a idade dos emigrados que a própia cantidade, e que a preparación seja algo fundamental para o emigrado

Un dos principais problemas ao meu xulgar e que habendo recursos nom se aproveitan todo o que se pode e na maioría dos casos quem os aproveita é gente que nom mira pola terra, como bem analisan na prensa. Rechama que noitras facetas e labores sí comenza a haber un aproveitamento e unha disposición a pechar os ciclos económicos na terra, o que favorece máis rendabilidade.

De ahí que a chamada seja nom só a os poderes públicos senón á sociedade en geral, pois a economía da subsisténcia todavía está presente na empresa galega, o empresário de poderes cubrir el todos os postos de trabalho, cubririaos, así, o pluriemprego e a nom profesionalización dos sectores fai que os profesionais emigren a onde poidan desenrolar específicamente o seu trabalho, Canarias na hostelería, Madrid e Catalunya en sectores industriais e Suiza (cada vez menos) e Canarias na construcçom, fugindo do pluriemprego e dos conseguintes soldos baixos.

Súmase tambén a falha de infraestructura debido á pouca concienciación de empresa galega e a sumisión a umha economía que mira máis polos intereses espanhois e das zonas jâ industrializadas que das que están por industrializar. Cómpre concienciarse en que invertir en soldos é invertir en calidade, e calidade que repercutirá no país e numha milhora dos recursos.

A visión de atraso que se ten na galiza contrasta coas ganhas de ver mundo e ver coisas diferentes cando estando jâ fóra ves que Galiza sí pode ser o país das oportunidades, está por façer, só nos falha apostar TODOS/AS por ela…