6/28/2007

médios de transporte?


por que a gemte andará toda con présa para colher o metro, sem respetar nem tam sequera a o/a que vai ao lado, façendose paso a ritmo de empurróns e patadas se hai um metro cada tres ou catro minutos, e que perdas isse nom mereçe máis esforço que o que fai quen perde o autobús ou o comboio ( amáis na galissa onde perder um bus e agardar até o día seghinte…)…sem embargo alá van as présas nas horas punta, os cóbados nas meijelas e o alento madrugador do dormido de turno calandoche no nariz…nono entendo, nom

Porque se colhes o metro este nom agarda aínda que che veja cun pé dentro e logho fai paradas ás vezes de até tres minutos entre estaçom e estaçom? Cómpre tanta présa se vas a estar parado num túnel, sem luss , sem saída co aínda madrugador alento do de enfronte jâ anegando-che o naris??? No autobús que me levaba case até a miha casa, manolo, o conductor, tinha umha margen de mediadora para quen se retardaba, e vinhan as señoras coas rabissas: “aguarda, ohhhh, que Imirita estaba acabando de vender..!!!” e nom debía de ser mentira pq ao cuarto de hora cheghaba Imirita sen rabissas e cum sorriso de orelha a orelha…isso sim, nom se livraba do “putaaa” que se lhe escapaba polo baijo a quem lhe “parara” o autobús… e nom había problemas coas parada, nom estaban delimitadas e había fins de semana que variaban trescentos metros da fin de semana anterior aseghun a chuvia, o sol, se era tarde ou se pechaba a tenda….a parada máis frequente pasando neghreira estaba no medio da estrada, isso si catro intermitentes, sorriso de manolo…..isso era atençom personalizada, nem chifre, nem pito : “PARALHEEEEE, OHHHHHH”…ás vezes pensei que o tipico paisaninho pedirialhe a manolo: “nom pares, ohhh, aminora que ja embaijo em marcha” pero nom, nunca o vin admitoo.

Oitra porque tes hora fija de embarque nos aeroplanos e logho tes que aghardar, como mínimo média hora a que suban a embarcar-te, e ló nom poden dar o embarque para cando está o avión jâ listo?...na oitra compañía de autobuses na que nom ía a casa pero que cubre umha línha paralela á anterior, nom arrancabamos até que se enchese o bus até un tope, fose a hora que fosse, claro, a gemte cabreabase e mudaron a reunirse entre os cabreados (eu inclúome) para “alugar um servicio discrecional” que co tempo deijou de ser tan discrecional pero que saia á mesam hora e custaba menos da metade, tamen corrías o risco de que nos pararan tres vezes antes de cheghar ao destino os verde-oliva pedindo papeles, licenzas, seguridade, nº de nomseique….dumha quedamos em terra e nom lhe deijaron arrancar, a min preghuntaronme (respeto o idioma original dos interlocutores porque fui así como falaron); “i usted como consiguió el número del autobús?- home, ponno no lateral do bús…-díxenlhe. Miroume, fitou o lateral do bus onde vinha o nº, e dixo: -así que lo vió ahí?- nom, dixenlhe, vinno no oitro lateral….surrealista, pero quedamos en terra.

Oitra, pq está prohibido entrar na zona de embarque com zumes e logho chos venden arriba, o triple de maís caros…pq se é pola ameaza terrorista eu ofrecinme a emborcalo num cacharrinho que levaba con tapa a o uso, pero nanai da china…o una free zone ou no avión…pero no avión cando pedin agua do grifo tampouco ma deron: “no tenemos”.dijerom, “ e ló os banhos con que funcionan?-“pues no te lo sé” pero tenemos cocacola” no tren da Coruña a vigho, cando tinhas que madrugar para cheghar a tempo as fumaradas da medianuite en panjom, tampouco estaba permitido beber, a un colega quijeronlhe quitar a bebida, ameazou: “pois aquí nom pon nada dedescalzarse, von a descañlçarme” o revisor mirou a pinta que levaba, viu que tinha medio pé espido, o calcetín nom nas milhores condicions e dixo-lhe: “pssss, venha polo menos deixame unha cervexa disass para min” e así foi pero o de “ e se na volta ameazo con descalzarme sairiame a viagem gratis?” foi contestado polo revisor cun lacónico: “nom te passes, muchaso, nom te pases…”

E é que ao final éche isso, vaiamos en metro, bus, aeroplano ou tren, o importante é nom pasarmos,nem de listos, nem da hora, nem da parada….

6 comentários:

Anónimo disse...

parabéns! gustoume muito este post. eu tamén teño aljunha anésdota, con marichari claro, índo pa coruña en tren, carjadas de cervezas e bebendo disimuladamente pa ir quentando, pois nos esperaba unha longa nuite.... ese día o super Depor gañou a liga!!!.
gústanme os trens. o metro paréceme bo invento para quen vai con présa sempre (eu por exempl), pero a última vez q fun a barcelona canseime del, pq realmente daba igual qué cidade fóra na q estabamos. total, si non a vemos, q máis da estar en barcelona q na casa da collona, non??. así q, ó final, casi utilizamos tódolos transportes posíbels: en coche (moi caro aparcar), en bus urbán (non stá mal si non vai saturado),etc.
ó final, era mellor q levaramos unha bicicleta, que aínda podiamos facer negocio e todo, xa q están tan d moda x aí.
Bikiños. Botaremoste de menos en SPS!!. Brindarei x ti!.
Isa

Moralla disse...

Oes! entro por vez primeira neste blog. Noraboa. Encantaume a foto do metro en movemento! tamén o teu nome "txari", sóame exótico.
saúdos

Suso Lista disse...

Tal como o contas, é a vida fora de este mundo que é o noso rural, que por certo, cada día ghustame mais (o noso rural)

torredebabel disse...

e non sabes o que é aqui, neste cabo do mundo!! non dou detalles por non espertar pesadelos polas noites nos lectores. Moito corremos e moi rentables nos imos facendo...

mariademallou disse...

que post máis chulo. moláronme muito as anécdotas, especialmente á do bus discrecional...heheh
cúidate muito por eses lares e volve de visitiña agora que chega o vran.
bicos

Anónimo disse...

bonito post.

un saludo