8/16/2005

conto para durmir a un rapaz loiro de cinco anos...(I)


contam dum neno que tivo em sorte naçer num palacio e ter como pai e nai a un rei e unha raínha, que se desfaçian por inculcarlhe uma educaçom recta e propia de quen habería de ter algún día nas súas mans un reino...
a vida em palacio transcorrera jâ dende que fora o parto entre almofadas e algodons, entre institutrices que se esforzaban por adiantalos primeiros pasos, ou ensinarlhe dicción cando aínda mamá e papá saían con certa dificultade...uma educaçom digna de quen dirigiría um reino, nom moi grande pero sí o suficientemente extenso coma para outear dende a torre e non divisalo orizonte...para ese pequeno rapaz nom había sosiego...non se daba a ficar em palacio sem conhecer unhas boas carreiras cos oitros nenos, dos que lhe falara alguma que oitra criada, pois os nenos nom tiñan acceso a el, por seren posible causa de contaxio de culturas insolentes e portadores de enfermidades vulgares...longe quedabam esas manhas de algarabía cos catro pajarinhos que a súa fiestra acudían a despertalo con doces cantos, longe eses días onde un coelho recorria a horta escapando dun neno que nunca tal vira, o principinho ansiaba lixalos pantalons, dar patadas nas canelas, fartarse a comer froita roubada... en fin ansiaba ser um neno calquera sen saber nem o que eso era...o contacto cos seus pais limitabase a comer juntos onde éstes asegurabam-se do progreso das ensinanzas, e un fuxitivo bico que a súa nai procuraba facerlhe chegar ás agochadas cada nuite...eram tempos de tranquilidade e tedio...pero o tedio non dura para sempre...e as coisas mudaron em pouco tempo...sem apenas tempo para asimilalo, o pequeno reino viuse involucrado nunha alianza de reinos para defender a lexitimidade contra un bando de reinos contrarios que non ficabam cómodos coas terras que tinham...sem apenas saber como, as gemtinhas daquel lugar víronse formando parte dum exercito encabezado polo rei (moi ao seu pesar)...a inquedanza apoderouse dos que ficabam na casa...lembrada foi a despedida do rei e a raíña que choraba como marcandolhe con ríos de bágoas o caminho de volta... o noso principinho nom reparou en moito...pola contra iniciouse um período no que a nai estaba máis preto del, nom lhe importaba se con mais ou menos preocupaciom, tamen se achegaram alguns nenos ao palacio, nun debilitamento das normas ata enton imperantes...máis a preocupaciom foi en aumento cando as novas que chegabam do frente eran escasas e moi negativas, pronto foron voltando reis e nobres mutilados, oitros derrotados... alguns aceptaran un retiro tranquilo a cambio do reino, oitros enfrascados en liantes alianzas morrian coas súas miserias...nada se sabía do noso rei...e foi pasando o tempo no que á raíña voltabanselhe canos os cabelos e mourados os olheiros...nom tardarom unha coalicion de antigos amigos do rei em apoderarse do trono e botar do reino á raínha e ao principiño coas únicas pertenzas dun carro tirado por un burro, algo de comida para se manter e roupas sobrantes...a despedida duma raíña ante os seus súbditos foi unha vergoña alhea que o novo poder encargouse de prolongar...sem embargo o principinho marchaba ledo enriba do carro, coa olhada fixa no ir e voltar da cola do burro, en como un can que nunca vira apegabaselhe á roda do carro rebulindo co rabo en alto...notaba coma uma apertura á liberdade, fóra de palacio...pero iniciaronse tempos duros de desterro..a comida escaseaba...nom sabían labrar a terra, pedir nom lhe era dado...a tristeza impedía á nai preocuparse polo seu filho, quem começaba a mostrar umha inmensa habilidade en comprender á natureza, en disfrutar desas pequenas coisas que ten a vida e só um neno é quem de percibilas, o nacemento dunha bolboreta chea de corido, o cantar dunha fonte nos días de calor...o principiño fijo tarea súa adicarse a aledar o carácter da súa nai...enfrascada na tristura de nom saber do seu home, do seu reino, e nom darlhe uma boa educaciom ao seu filho...e era o principinho quen atopaba con que comer, era o principinho quen facía rir á nai, e incluso quen lhe explicaba onde estabam as estrelas termadas por garridos angelinhos, a nai nom podía entristeçerse ante tal derroche de enerxía...foi como se deu conta que na humildade tamen habia honra, tamen podía crecer um rapas sem tesouros, sen ropupas nen refinados costumes, entendeu o carinho de desfaçerlhe os rizos cada nuite para voltar a peitearlhos cada manhâ...e adicouse a amosarlhe como últimas ensinanzas, pois vía as súas forzas decaer, tres normas, a humildade, a xenerosidade e a valentía...comezaba a ver que o rapaz xa non era un rapaz, e que as novas da guerra dábana por rematada sem saber do seu home do pai do seu filho...

Sem comentários: