8/23/2005
de inçendios, traínhas, teatro e demais movidas...
de volta jâ duma fin de semana atípica de vagaje, perigo e dalgun emotivo re-atopamento... jâ lâ pronto enfiei caminho co gato façendo escada técnica na compostela cheia de mutantes seres doutras latitudes, palpar cos beizos a brebaxe dos bohemios e cear en plan asterix no santiso, onde o gato aínda nom estivera...mistura de licor, alcol e vinho que rematou a faena nom muito tarde,... ao día seguinte agardar pola musa errante e enfiar caminho co sorriso do rapas que agarda un caramelo rumbo ás ilhas do sul, onde as calores son máis intensas e a luz brilla con máis intensidade...a autoestrada quedaba curta ao noso paso, fomos polo carril externo até vicum a alá descubrín esa lus ansiada ese urzaiz aberto de pernas coas tendas valeiras de incipientes máquinas de devorar saldos, esa tranquilidade da zona velha, esas cervecinhas do náutico, ese bocadilho do paparra...celebrábase a rejata de traínhas estatal, mais tivo que se suspender por mor dos insendios e deijar cancha ao hiroavióm, peninha que o lume remate coa singularidade da nosa paisaje, pior aínda que sejam as mans humanas e especuladoras as que finiquiten a inmensa natureza galega...obxectivo número um o pindo, o fermoso monte dó pindo vermelho denantes de arder...diçia carlinhos white: quem queima um caijeiro, pode ser unm terrorista, que hostia é quem queima um monte?...(sic)...alí luitando coas chamas debería estar monki, debería pq estar estaba en canjas do morraço, no festival de vilariño, escuitando a lamatumbá e aturando aos borrachos oficiais do concerto, oskar e jeko...que bonita sería la vida sin el alcól...mais que aburrida!!!...pero monki jâ estará ajora incorporado co seu banhador de sempre luitando corpo a corpo co devastador lume...voltando ás rejatas jañaron os cántabros con tripulaçom jalleja, astillero. pola nuite concerto de amaral, moi petado e a propia marcha dun sabado em vicum, desta ves acabamos tomando cocido no bar baiona.
mudando de terço, convídovos á mostra de teatro e monicreques de cée, a posibilidade de gustar do milhorçinho do panorama escenatográfico galego por catro cans e uma cadela, hoje pazó e as súas pazonadas, con que mérito ensalzae sácalhe lustre á máis cotiá das anecdótas...eu descansarei e procurarei a m-clam nalguma perdida praza de borralha...e preparase que pronto toca ir de voda a arousa,que dixo caramuxo que casa peta-bull, que mal lhe senta a aljuns coljar os livros...
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
7 comentários:
malditos pirómanos!!
zona catastrófica. por 2ª vez! e xa veremos si é a última...
un saludo txari, para cando esa inaujurasión do piso con cañita brava como atracción principal????
o vello soni dixo q non a ía perder!. q sexan moitas máis!!
isa
achejase, achejase...! faltan retoquinhos...namentres, agardo foras ao pindo a soplar pra apajar o inssendio
tamos soprando dende o outro lado da ría, por suposto! de onde pensas q sae a auga pra apajar todo???. da ría d Corcubión, claro
isa
em corcubion sí que temos ideosincrasia, o resto é leria !!!
arde a arousa con lume forestal, pomodoro. xa sei que non teño dereito de nada, pero esqueceches o meu cumpreanos.
-un bico-
pero ti cumpres anos!!!???...eu sempre che recordo ijual...bromas a-parte, e cuma desculpa por diante informoche, pomodora rossa, que déboche uma, ti dirás como a cobras...uma humilde reverencia e as minhas máis sinceras des-culpas...(e nom me pidas ir ao salnés, que sabes que nom volto!)
Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!
Enviar um comentário