8/16/2005

conto para durmir aun neno loiro de cinco anos (II)

..os días transcurrían entre a beleza do mundo e a superación dunhas carencias que chegarom a unir máis a nai e filho, a raíña e principinho...pero como bem advertira a nai eram máis as tímidas risas que esquivaba o principe das fermosas rapazas en idade de merecer, que as propias das señoras absortas ante o desparpaxo do espabilado principiño...efectivamente ás veces vía ao principe meditabundo espertar ao paso duna doncela que lhe ofrecía amablemente auga fresca da fonte...mais nom todo é felicidade..e os tempo da nai foise consumindo ante a falha de novas do seu home e a flaqueza das forzas que lhe lembrabam que jâ nom era moza...e a raíña morreu...sem coroa...sem nobres e coridos traxes, sem o rei, pero sí coa presenza do principiño, que víu como de desmoronaba o mundo , o escaso mundo que chegara a coñecer...foron duros, moi duros os días que se iniciarom por entón...nom tiña forzas, nom tinha ganhas nen de comer, os olhos acaíanlhe, o burro coidaba máis del que de sí mesmo e mesmamente o can non se esforzaba en máis que em lamberlhe as escasas bágoas que nas nuites de luar asomabam o seu rostro, pensou en morrer, en deixarse ficar á veira dun caminho... e fui xustamente aí, á beira dun caminho onde toro revirou de súpeto...a nuite era clara, lúcida por un resplandecer do luar que amosaba a máis bela nuite de san Joam das conhecidas até entom...achegarase o principe e o can a compartir escasamente dous anacos de pan e unha sardinha entre tres pastores cos que coincidiran ,estaba meditabundo coma sempre, cando a luz fíjose máis intensa nun lugar do ceo, jâ nom lhe deu máis tempo que divisar dois fermosos olhos coas cores do caribe enfitandoo dende longe, e um loiro cabelo que o encubriu por completo...nom fijerom falha as palavras, a nuite de sao Joam fijo o resto, so que o sorriso que dalí brotou tivo ecos no lugar pois a ledicia podiase contemplar alí mesmo encarnada na unión de dois corpos nun...o principe non tardou en darse conta que aquela era uma meiga que o enfeitizara coa obriga de axudalo, unha fada que facía pola súa custodia...tampouco tardou a meiga em comprender a forza coa que divisabam aqueles olhos do principe, nom dubidou pois em perder os seus poderes e encantamentos por pasar o resto dos seus días con aquel humano...juntos vagarom por caminhos, ríos e corredoiras co único proposito de desfrutar o un do oitro, a felicidade facíase ao seu paso, as mulheres bicabam aos seus homes, os cans xogabam cos gatos e os nenos abrazabam con todas as súas forzas ás nais ante o paso desa parelha de enfeitizamento...e cando menos propósito tes, canto menos buscas, máis atopas... caminhando caminhando derom cun reino onde as tristes gemtes que vivían afogadas en tributos e abusivos tratos recoñeceron nel a ese principiño que duma vez marchara sorrindo a cabalo dun burro entre un ría de bágoas da sua nai, a raíña,... pasara muito tempo, máis a gemte recordabao polo seu sorriso como o principiño que un día voltaría...foi como soubo da traicion ao seu pai...de como este voltara desfeito anos despois de marchar do palacio a raíña e o príncipe e da súa repentina morte ao se enterar do destino da súa amada e o seu filho (mentiras espalhadas polos seus inimigos)... pouco tempo tivo para chorar a morte do seu pai, sem saber tampouco como, foi posto á cabeza dun grupo de campesiños que pensaban que o reino nom era o feliz que debería ser por culpa de quen o administraba, forom días de adestramento, de discusions políticas de vida segreda no monte, muitas coisas jumtas... pero todas elas sustentadas polo amor da súa fada que nom se separaba del nen un segundo ofrecendolhe sorriso, valiosos conselhos e o apoio que tanto lhe valía...nom fijerom falha as armas, nen que correse o sangue, subirom coas antorchas na man e atoparom um castelo valdeiro, a uns poucos encomendadores dos muitos que marcharan ao ver rubir polo caminho ao castelo á garrida figura do principe encarnada polo seu pai, coa forte figura empuñando un sorriso de comviccióm como arma... o asalto foi culminado cun bico do principe e da súa fada que fijo estalar de ledicia a cantos alí se congregabam...logo de falarlhe á fada ao príncipe ao oído...fíjose o silenzo,... o príncipe colheu a coroa... e con extremo coidado púxoa no centro da enorme mesa que presidía a sala e pronunciou: " non quero o poder do meu reino senón depositado en quen ao redor desta mesa prometa sentarse a debatir e resolver os asuntos deste noso territorio" a gemte nom cabía en sí ante tal ataque de humildade, e iniciouse uma festa onde o baile, o vinho e a ledicia reinaron por días e días...así foi reconhecido como o primeiro reino onde os que mandaban eram muitos falando entre sí, e bautizaron a sala como parlamento...do noso principe e da súa amada pouco sabemos, desaparecerom e hâ quem dí que de cando en vez vense xuntinhos pola man ao longo de calqueira caminho en forma de raio de luz alumenado co seu amor e o seu sorriso a cantos con eles se cruzan...

Sem comentários: