1/17/2009

o derradeiro café...


ante a desolaciom que adornaba as velhas rúas do Raval, buscou o caminho que passaba a carón das putas,... por atopar algo de humanidade, simplemente... sempre parolaba algo con elas e conseguía sacar un sorrisso dos beizos, o único do día, o único da nuite....caminhaba coas mans nos petos, a olhada esquecida no orizonte tal como vira nas películas de cine en branco e negro.......os passos eran lentos, fríos, calculados....coa primeira puta nom falaba, coas que tinhan opcions de trabalhar tampouco, repetía as mesmas verbas de cada día ("cómo foi o día de hoje....?) e logo de recibir as mesmas respostas, abría o bar, esquina coas Ramblas,... de día guiris, de nuite clientes que buscan a súa ialma entre os farrapos do amor e doses de alcol...
o primeiro cliente que se adentraba era o que marcaba cómo sería o día, a pequena e única superstición que lhe coupera na maleta dende a súa fría terra da Canhiza que o vira un día partir...ás veces entraba algunha puta coas que intercambiaba verbas, ás veces até xestos....a maioría das veces borrachos perdidos que buscaban a súa casa ou algo de conversación, e logo todos os que entrarían serían como isse primeiro das seis da manhá.....isa fría nuite nom podía imaginar que vestida de bo ver umha xove buscou os banhos sem intercambiar conversa e agochando umha cara de de préssa ou de fugir de alguén (que vem sendo a mesma cara)....fitouna sorprendido e viu como detrás dela , um home fornido, bem vestido e mal encarado, entraba e pedía un café namentres comprobaba onde estaba a rapaza,...discutiron, el dende a entrada a os banhos ela pechada neles....."ver, oir e calar", justo o que lhe amosaran na cassa.... pero o chorar miúdo da rapaza tocoulhe os ouvidos do corazom, encarou ao maromo e empurrouno, denantes de rematar tendido no chan por tan belicosso ímpetu, cun fiínho de sangue, o fiínho que deija un dereitazo directo á mandíbula....pero o disparo colheuno por sorpressa, nom agardaba un estruendo seco e precisso como o de aquel día, nos filmes de gánster nunca recuaban as armas, nem soaban como aquela..... tentou consolar-se imaginado que non podía deter a aquel vehemente home, nem a pistola fora quen de verlha denantes de desenfundar!...tivo que limpar o sangue da rapaza nos azulexos brancos, limpinhos de onte, tentou nom mirar a beleza morta tras o corpo dumha inocente desfeita e tivo que aturrar as preguntas de jornalistas e policías, todos agardaban polo inspector xefe para pechar o interrogatório, cando éste entrou pedindo un café, apurado, el reconheceu as formas fornidas, reconheceu a roupa feita a medida e o mal xenio coa mirada revirada que lhe fixo comprender que aquel sería o último café que serviría....

Sem comentários: